14:22 Mércores, 10 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

28-03-2022

O ecopostureo, o que provoca no público non é formación, educación ambiental ou xeración de actitudes positivas cara ao medio ambiente, senón escepticismo

O ecopostureo, enfermidade infantil da política

Valorar (4)

ALFREDO LÓPEZ FERNÁNDEZ



Se para referirnos dunha política mediocre facemos chanza, podemos cualificala de "politiqueo". É por iso que se esa política, ou esa xestión deficiente, toca temas verdes non poden ser cualificados máis que de "ecopostureo".

Que pode ser ecopostureo?, uns breves exemplos:

A perversións das recomendacións sustentables que son substituídas por propostas vestidas de verde, máis baleiras de contido, para a foto.

O querer e non poder.

As políticas paliativas que non van a raíz dos problemas.

A compaixón exacerbada para desviar a atención social.

A educación convencional disfrazada de ambiental.

O lavado de cara das empresas contaminantes en compensacións e publicidade.

O considerar que somos a especie principal planetaria e que un deus, calquera, nos deu patente de corso.

O entender que a natureza é algo alleo ao noso salón da casa.

A ladaíña de consignas ocultando o desprezo polas propostas ecoloxistas.

O exercicio consiste en: reflexionar, e escribir, novos exemplos disto....

O ecopostureo, o que provoca no público non é formación, educación ambiental ou xeración de actitudes positivas cara ao medio ambiente, senón escepticismo.

Non ten remedio nin cura, só madurar politicamente, evitar manipular e politiquear con contas de colar e espelliños e incorporar ao planeta, no seu conxunto, ás nosas vidas.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña