05:52 Venres, 01 de Xullo de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

07-02-2022

SÍ HAI FRONTEIRAS

Tres rapazas que en tres minutos fixeron un intre un mundo mellor, un mundo que anhelábamos, un mundo que, non creía que existir, onde xa non cabía ilusión nin esperanza.

Valorar (16)

HELENA VILAS VIÑAS



Tremendo talento ninguneado por tres persoas dun xurado que fan pensar que de música saben o que eu de metafísica, tres persoas que non lles interesa poñer voz galega á multiculturidade do Estado Español, non lles interesa en absoluto mais iso xa o sabíamos, penso.  Non só é unha canción, representa moito máis, unha oda á diversidade, á solaridade, á fraternidade, á convivencia coa riqueza das nosas linguas, é poesía. É memoria, é futuro, a forza das súas voces, moito máis que unha posta en escea, foron quen por uns días de unir a un povo, non quero ser esaxerada pero é que en tres días vin máis unión e afinidade entre nós e con xente do Estado Español que valora e recoñece o noso, que en calquer evento deportivo ou doutra índole.

Tres rapazas que en tres minutos fixeron un intre un mundo mellor, un mundo que anhelábamos, un mundo que,  non creía que existir, onde xa non cabía ilusión nin esperanza. Despois de todo o que estábamos a soñar veu a realidade; o negocio,  o negocio dunha produtora que ten detrás todo un laboratorio musical, tres persoas  dun xurado condicionado e con condicionantes que non está disposto a admitir mensaxes feministas, nin matriarcais, multiculturais, e xa non só falo das galegas, a opción que tamén era super potente era o tema de Rigoberta, dous temazos que non caben nas cabezas dos de sempre, desa España que tufa, somos a peste, nunca nos quixeron e nunca nos querrán, é o noso sino. E o que máis indigna xa é que non acepten o contido das cancións senón tampouco a calidade musical, si o tema das Tanxugueiras non che atravesa o esprito e que tés que estar morto por dentro. Mais aínda así entendo que haxa persoas no Estado Español que por suposto non se sinta identificada coa proposta que levaron as Tanxus, pero polo menos  que se recoñecera un mínimo o traballo destas artistas dende a orixinalidade do espectáculo, e con isto, na vida criticarei a rapaza que gañou , en absoluto, ela non é máis que unha simple peza do mecanismo. Un produto sexualizado, prefabricado, sen ningunha mensaxe interesante, pasado de séculos, calquera dos candidatos que se presentaban eran mellores. Porque poñer compositores independentes á xente da industria internacional non entra dentro dos parámetros do negocio, loxicamente.  

E a xente votou, pensando que teríamos un mínimo de voz , pero os que manexaban a barca dixeron que non estábamos a votar ben, que o da democracia sí, pero sen pasarse… nada é novo,  nós,  as galegas,  sempre tivemos que facer moitos sacrificios para chegar a onde outros o teñen tan só por nacer, e aínda que logremos algunha vitoria por moi pequena que sexa o que deixamos no camiño xa é unha derrota en sí. Estamos condenadas a que non nos deixen medrar, e diredes vós, todo isto sácalo por un concurso da tv?  non, pero en certa maneira para os máis novos sí, un exemplo para entender o manipulados que estamos, que sempre estivemos á cola de todo, do tan inxusto que, a pesar de vivir no paraíso nos traten como se fose o inferno.

Unha estafa máis , desta volta  televisiva. Dunha tv que pagamos todos, gañaron un diñeiral por uns votos que non se tiveron en conta como boa democracia española. E por suposto que é denunciable e como consumidores deberíamos, xa que é un timo, outra chanchullada, impuxéronnos algo que cheira en exceso a corrupción. O pasado rancio sigue vivo na RTVE.

Unha vez máis imponse o diñeiro fronte a cultura, e así con todo. Porque un desprezo así en “Prime time” á nosa cultura faime sentir como dixo Hugo de SonDaRua nun chío: “mais indepe que onte pero menos que mañá” 

 Todo o peixe estaba vendido e si as tetas dan medo, o galego máis , pero nós nunca xamais esqueceremos o que nos fixeron vivir estas nenas, o respecto e a elegancia de como expoñen a nosa cultura e tradición, as voces, as mensaxes,  tanto da letra como dos bailes, dos xestos, esa frescura fai que sexa máis que arte de vangarda, é ARTE en maiúscula . Teñen un nivel que impresiona.
Doutro planeta, e iso non só o sabemos e o vemos as que amamos e idolatramos esta Terra.
Sigamos por favor apoiando a música en galego, os contidos en galego, a cultura en galego, sempre.
Temos moito que aportar e moito que mostrar ao mundo. Porque as fronteiras só están nas mentes e esas son as máis difíciles de derribar.  

Grazas por emocionarnos como nunca, Sabela, Aida e Olaia.

1 2 seguinte

[08-02-2022 16:42] Jacobe Leis Basanta comentou:

Várias questons sobre as que acho pagaria a pena refletir ao fio do artigo:

1ª Nacionalistas reclamando que um grupo galego represente Espanha num concurso musical internacional. É para analisar-no-lo com detençom.

2ª Depois do rebúmbio e as indignaçons de curta mecha, constata-se umha evidência: umha língua "vernácula" jamais poderia representar o Estado espanhol num evento internacional. Era impossível por questons e decisons empresariais e porque o espanholismo é a doutrina de todas as instituiçons do Reino de Espanha.

3ª Há conclusons políticas que tirar, se se quer: nom existe nengumha possibilidade dum "encaixe cómddo" da Galiza no Estado espanhol. Porque somos a sua colónia e nengumha idem reclama tal cousa. Porque Espanha é, essencialmente, por própria natureza, um estado assimilacionista.

4ª Que o nosso projecto nacional seja inviável no Estado espanhol aboca, forçosamente, para além de outras razons, a umha soluçom independentista: a Galiza, ou se configura como umha naçom independente, ou desaparece. Para além da legítima reivindicaçom do direito de autodeterminaçom, que é um simples direito democrático, um programa político deve definir os seus objetivos e no nosso caso esse objectivo só pode ser a

5ª, e última: transformemos esta indignaçom primária em política e programa. Nom se trata de denunciar "aldragens", nem de reclamar "respeito" a quem só funciona em clave de força e imposiçom. Como diz o nosso hino, "estima nom se alcança com um vil gemido brando". Fagamo-nos respeitar. Declaremo-nos INDEPENDENTISTAS e tornemos esta palavra a bandeira da nossa dignidade colectiva.

[08-02-2022 16:35] Patri comentou:

Esta mesma persoa escribeu sobre a programación da CRTVG mais o artigo desta volta trata doutro tema. O problema real que temos na Galiza son os puros e adoctrinadores que non ven máis alá do seu propio ombrigo , se forades máis afables non vos terían tanta repulsión hastío e desapego a xente nova que quere iniciarse no galego ou na política galega. Sodes o atraso do Povo. Aborrecedes coa vosa ilustración de todo. ... Triste

[08-02-2022 00:49] Dairas comentou:

Temos un Eurovisión españoleiro todos os venres na TVg, o infame Luar, e ninguén abre a boca para sinalar a alienación absoluta que representa para a cultura galega (por non falar do resto da programación da RTVg, os "informativos" son puro lixo...). Ou nas patronais de cada povo, pagando delirantes sumas de cartos a orquestras que son todo menos do país...

E sí, hai que coidar máis o galego no que se escribe. Xa temos dicionarios e fraseoloxías na rede...

[07-02-2022 13:47] Patri comentou:

'É' ves? Tamén me equivoco🥲

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña