01:52 Mércores, 05 de Outubro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

14-02-2022

OS PRECEDENTES DO ASOCIACIONISMO NO CONCELLO DE CULLEREDO (1884-1928)

A documentación conservouse no Arquivo do Reino de Galicia, nos fondos do Goberno Civil da Coruña

Valorar (3)

CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ


  O concello de Culleredo tivo ao longo da historia, e segue a ter, unha intensísima e úbeda vida asociativa. Xa dende finais do século XIX constatamos o nacemento de diversas asociacións, sendo as primeiras delas de socorros mutuos.

A documentación conservouse no Arquivo do Reino de Galicia, nos fondos do Goberno Civil da Coruña. Consiste en varios libros de rexistros e tamén expedientes da maior parte delas.

No Libro que recolle as asociacións máis antigas da provincia da Coruña, -cuxos datos, para Culleredo, chegan a 1909- (A.R.G., Goberno Civil da Coruña, Libro Rexistro de Asociacións (1847. 1900-1907) L-5022), encontramos as seguintes:

  -“La Humanidad”, de Vilaboa. Socorros mutuos. Fundada o 1-5-1884. 161 socios.

-“La Amparadora”. O Burgo. [Socorros mutuos]. Fundada o 9-4-1892. 150 socios.

  No mesmo cartapacio, noutra parte, podemos ler:

  1. Burgo. “La Amparadora”, de socorros mutuos. Reformado o seu regulamento o 4-12-1905.

2. Rutis.  “La Humanidad”, de socorros mutuos. Fundada o 21-5-1889.

3. Rutis. “La Protectora de ganado vacuno”, de seguros de gando vacún. Fundada o 5-4-1902.

4. Burgo. “La Hermandad de Santiago del Burgo”, de seguros de gando vacún. Fundada o 18-9-1903.

5. Culleredo. “La Benéfica”, de seguros de gando vacún. Fundada o 2-3-1904.

6. Almeiras. “Seguros Mutuos de Ganado La Cooperativa”, de seguros de gando vacún. Fundada o 15-7-1906.

7. Sésamo. “Sociedad de Ganaderos”, de seguros mutuos de gando. Fundada o 27-10-1906.

8. Sésamo. “Sociedad Agrícola”. Melloramento de agricultores. Tiña catro seccións: “Sociedad Agrícola”, “Sección de Médico”, “Sección de Aperos de Labranza”, “Sección de Ganaderos”. Fundada o 26-2-1907.

9. Culleredo. “Unión de Ganado vacuno de Culleredo”, de socorros mutuos de gando. Fundada o 29-4-1907.

10. Rutis. “Sociedad de Agricultores de la Villa de Rutis” (Sucursal da anarquista “Unión Campesina”, igual que as que seguen), mellora de clase, fundada o 17-9-1907. Presidente: Francisco Baldomir Trillo (26-6-1909).

11. Sésamo. “Sociedad de Labradores de Sésamo”, mellora de clase. “Registrada en el Libro del Sindicato”.

12. Culleredo. “Sociedad de Agricultores de San Esteban de Culleredo”, mellora de clase, fundada o 27-9-1907. Presidente, en xuño de 1909, Domingo Pérez García.

13. Almeiras. “Sociedad de Agricultores de San Julián de Almeiras”, mellora de clase, fundada o 27-9-1907.

14. Sésamo. “Sociedad de Agricultores de San Martín de Sésamo”, mellora de clase, fundada o 27-9-1907.

15. Sueiro. “Sociedad de Agricultores de San Esteban de Sueiro”, mellora de clase, fundada o 25-10-1907.

16. Orro. “Sociedad de Agricultores de San Salvador de Orro”, mellora clase, fundada o 3-11-1907. [No documento pon setembro, pero, dado o seu número correlativo, ten que ser novembro]

17. Ledoño. “Sociedad de Agricultores de San Pedro de Ledoño”, mellora de clase, fundada o 3-11-1907. [Idem Orro]

18. Vinseira. “Sociedad de Agricultores de Santa María de Celas”, mellora de clase, fundada o 16-11-1907. [Tamén pon setembro, pero ten que ser un erro]

19. Burgo. “Sociedad de Agricultores del Burgo y Temple”, mellora de clase, fundada o 24-2-1909. “Sucursal de la Unión Campesina”.

20. Sueiro. Sociedad de seguros mutuos de ganado de Sueiro. Fundada o 7-11-1908.

  Fóra deste libro, encontramos outras asociacións:

  -“Sociedad Recreativa La Verdad” (Portádego-Rutis). Constituída o 10-11-1910. A súa primeira xunta directiva estaba composta por Electo Carballo Matos, presidente; Rogelio López Sexto, vicepresidente; Antonio Mouriño Gómez, secretario; Ramón Canosa Naya, vicesecretario; Cándido Fernández Jaspe, tesoureiro; José Lafuente Gómez, contador; vogais: Marcial Blanco Baldomir, Manuel Veira Seijas, Benito Pan García, José Gómez Pérez e Joaquín Sánchez Ramallo. (A.R.G, Goberno Civil da Coruña, L-5124; G-2557).

-O 10-5-1922 constitúese en Sésamo unha asociación agraria de orientación católica, vencellada á "Unión Regional de FFCAA de Galicia". Aínda existía en 1933, con 21 socios. (Alberte Martínez López, O cooperativismo católico no proceso de modernización da agricultura galega, 1900-1943, Deputación de Pontevedra, Vigo, 1989, p. 329, 334).

-“Sociedad Recreo” do Portádego (Rutis). Legalizou os seus estatutos o 23-8-1924 (o regulamento era de 21 de agosto), aparecendo como promotores Marcial Fernández, José Iglesias Camas, Antonio Armesto, Luís Carro, Pedro López, Arturo ¿? e Juan Viñuelas, propietario do “Cine Portazgo”. (A.R.G., Goberno Civil da Coruña, G-2496).

Así mesmo, neste caso en noticias de prensa, podemos documentar a existencia de Comités republicanos en Culleredo:  

-“Partido Republicano Progresista de Culleredo”. O seu Comité quedou conformado “con los ciudadanos siguientes”: Presidentes Honorarios: José María Esquerdo e Manuel Martínez Pérez; presidente executivo, Manuel López Sexto; vicepresidente, Severino Montero Ambite; secretario, Pedro Zapata Fariña; vogais, Camilo Pérez Rodríguez, José Tuvio Rodríguez, José Gómez Fernández, Benito Meis Troitiño, Pedro Dosil Freire e Antonio de Castro Iglesias. (El Telegrama, A Coruña, 26-5-1896).

-“Unión Republicana de Culleredo”. O seu Comité era o seguinte: presidente, Abelardo Hermida Astray; vicepresidente, Enrique Lens Cuena; secretario, León Mañas Pensado; vicesecretario, Camilo Pérez Rodríguez; depositario, José Tobío Rodríguez; contador, Severiano Montero Ambite; vogais, Gerardo? Vazquez Gil, Carlos Jaspe Canosa, Blas Labora Lorenzo, José Paz Iglesias, Benito Lago Vázquez e José Polo. (El Combate, A Coruña, 26-4-1903).

  Nun censo de 30 de xuño de 1916 encontramos a seguinte relación:

  Apartado de Sindicatos agrícolas e caixas rurais de crédito.

561. “Sindicato Agrícola y Caja de Crédito popular de Santa María”. 1908. Culleredo. (p. 20).

562. “Sindicato Caja agrícola de Crédito popular”. 24-9-1908. Celas. (p. 21)

563. “Sociedad agrícola”. 8-5-1909. Celas. (p. 21).

  Outras sociedades agrícolas e gandeiras. (p. 103)

407. “Unión de ganado vacuno”. 8-3-1907. Culleredo.

408. “Unión de seguros mutuos de ganado vacuno”. 5-12-1910. Celas.

409. “Unión de seguros mutuos de ganado vacuno de Santiago de Castelo”. 8-12-1910. Folgueira.

410. “Sociedad de seguros mutuos de ganado”. 3-11-1908. San Estevo de Sueiro.

411. “Sociedad de seguros mutuos de ganado vacuno”. 30-10-1906. San Martiño de Sésamo.
  Sociedades obreiras. Sindicatos profesionais. (P. 242)

1548. “La Benéfica”. 17-4-1904. Culleredo.

1549. “Agricultores de San Esteban”. 4-10-1907. Culleredo.

1550. “Sociedad de Agricultores de San Julián de Almeiras”. 9-10-1907. Almeiras.

1551. “Agricultores de San Martín de Sésamo”. 9-10-1907. Sésamo.

1552. “Agricultores de Orro”. 8-1-1908. Orro.

1553. “La Amparadora”. 10-4-1892. Burgo.

1554. “La Hermandad”. 8-10-1903. Burgo.

1555. “Sociedad de Agricultures de El Burgo y Temple”. 15-2-1908. Burgo.

1556. “La Humanidad”. 7-5-1887. Rutis.

1557. “Agricultores”. 27-9-1907. Rutis.

1558. “Sociedad agrícola”. 6-1-1907. Celas.

1559. “Agricultores de Santa María de Celas”. 11-3-1908. Vinseira Pequena.

  Sociedades de previsión. (P. 514).

1669. “La Esperanza”. 30-11-1906. Rutis.  

(Tomado de: Instituto de Reformas Sociales. Sección tercera: Estadística de Asociaciones. Censo electoral de Asociaciones Profesionales para la renovación de la parte electiva del Instituto y de las Juntas de Reformas Sociales y relación de las instituciones no profesionales de ahorro, cooperación y previsión en 30 de junio de 1916, Madrid, Sobrinos de la Suc. De M. Minuesa de los Ríos, 1917).  

Por último, no Boletín oficial de la provincia de La Coruña, nº 287, A Coruña, 15-12-1924, p. 2, vemos, baixo o título de “Censo corporativo electoral”, unha “Relación de Corporaciones o Asociaciones con presunto derecho a ser inscriptas a los efectos del artículo 71 del Estatuto municipal”.

Presentadas por concellos, as relación presentábanse por número de orde, título ou nome da Corporación, data de constitución da Sociedade, domicilio social, clase ou natureza da Asociación e número de socios.

As de Culleredo son estas:  

1: “La Humanidad”, 31-5-1887, Rutis, socorros mutuos, 72 socios.

2: “La Amparadora”, 1-4-1892, Burgo, socorros mutuos, 147 socios.

3: “La Hermandad”, 18-9-1903, Burgo, socorros mutuos, 248 socios.

4: “La Benéfica”, 31-1-1904, Culleredo, socorros mutuos, 108 socios.

5: “Seguros mutuos de ganado vacuno”, 21-10-1906, Sésamo, socorros mutuos, 61 socios.

6: “La Esperanza”, 28-10-1906, Rutis, socorros mutuos, 114 socios.

7: “Unión de ganado vacuno de Culleredo”, 29-4-1907, Culleredo, socorros mutuos, 107 socios.

8: “La Amparadora Agrícola”, 17-7-1909, Almeiras, socorros mutuos, 114 socios.

9: Seguros mutuos de ganado vacuno, 27 Diciembre 1909, Burgo, ídem, 46 ídem.

10: “La Unión de ganado vacuno de Castelo”, 22-11-1910, Castelo, socorros mutuos, 55 socios.

11: “Unión de seguros mutuos de ganado vacuno”, 17-12-1910, Celas, socorros mutuos, 55 socios.

12: “La Honradez Agrícola”, 4-1-1912, Rutis, socorros mutuos, 37 socios.

13: “La Vencedora Agrícola”, 6-5-1912, Rutis, socorros mutuos, 47 socios.

14: “Caja de Beneficencia”, 20-7-1917, Rutis, socorros mutuos, 53 socios.

  Logo desta relación, aínda encontramos dúas asociacións máis, de carácter cultural e recreativo:

  “Unión Pro-Cultura de Celas de Peiro”. Constituése o 1-2-1925, e disolverase o 8-1-1928. Os 20 socios fundadores elixirán a súa primeira Directiva: presidente, Manuel Fariña Campelo, vicepresidente, Manuel Pedreira Pazos; secretario, Ramón Calviño Rama; vicesecretario, Melchor Ramallal García; tesoureiro, José Sánchez Ponte; bibliotecario, Clemente Patiño Pedreira; vogais, Juan Hermida Zas, Francisco Martínez Torres, Remigio Uzal Cardo, José Naya Rumbo, Antonio Mosquera e Benito Marta Ríos. (A.R.G., Goberno Civil da Coruña, L-5124; G-2557).

  “Recreativa Ledoñesa” (Ledoño). O seu Regulamento é de 30-11-1928. A única Xunta Directiva que coñecemos é esta: presidente, Felipe Mínguez Serrano;  secretario, Manuel García; tesoureiro, Daniel Rumbo; contador, Ángel Fernández; delegado deportivo, Fernando Rumbo; delegado de festexos, Jesús Naya; vogais, Jesús Pedreira, Urbano Fernández, Daniel Vázquez e Ricardo Patiño. (A.R.G., Goberno Civil da Coruña, G-2557).

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña