00:24 Luns, 25 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

30-08-2021

EURASIA. O futuro Poder Global dominante ?

Valorar (15)

FRANCISCO GRAÑA



Zbigniew Brzezinski (1928-2017), de orixe polaco, Conselleiro de Seguridade Nacional dos EEUU.definíu fai anos con moita clarividencia, as liñas mestras da política exterior norteamericana que permite aos EEUU manter unha posición única de gran potencia mundial dominante, expostos na súa obra “O Gran Taboleiro Xadrez”(1997), dando o seu enfoque xeopolítico desde unha perspectiva norteamericana cunha interpretación cristián romana do mundo occidental, coma o único que pode manter un mundo en paz, lonxe da barbarie e o atraso histórico. Trátase dunha visión xeopolítica de gran interese para entender as relacións e os equilibrios que se perfilan para o futuro nas próximas décadas.

Segundo este punto de vista, a supremacía mundial dos EEUU mostra o sistema democrático americano como pluralista, permeábel e flexible. O dinamismo da economía norteamericana, o seu nivel tecnolóxico e a súa capacidade militar explican a súa primacia global. Tamén hai que considerar a importancia da dominación norteamericana sobre as comunicacións globaís e a cultura vinculada aos espectáculos de masas.

Brzezinski, considera que a longo prazo tende a a ser cada vez máis problemática a concentración dun poder hexemónico nas mans dun só Estado.e o mesmo observa, fai máis de vinte anos, un proceso de dispersión do poder económico pola concorrencia global das corporacións transnacionaís privadas, e como consecuencia, Norte América sería non só a primeira superpotencia  mundial, senón que con toda probabilidae a derradeira.

Mais no seu tempo (1990), ningunha potencia podía rivalizar cos EEUU nos dominios clave; militar, económico, tecnolóxico e cultural, que daquela os converte no Poder Global, e parece razoábel pensar que teñen que pasar, coma mínimo, dúas décadas antes de que poida xurdir outra potencia rival dos EEUU. Recomenda, que nestes vinte anos de prazo, os EEUU tiñan que dar prioridade a unha política xeo estratéxica proxectada para impedir a emerxencia de novas potencias con aspiracións mundiaís.

A longo prazo, o autor identifica a Eurasia, sen dúbida, como a zona xeográfica que sustenta o pivote principal do futuro poder mundial, sendo o resto periferias, incluíndo a que soporta o seu Imperio trasatlántico semi insular estadounidense. Tamén afirma, sen dúbida, que China é a potencia que debe requerir maior atención, xunto coa volta de Rusia cara a Europa, obstaculizando  a toda costa, a formación dunha coalición euroasiática, que sempre sería hostil.

O autor, elaborou para os EEUU un listaxe de actuacións, destacando que o máis importante era impedir a alianza de Rusia e China. Neste obxectivo, encádrase o conseguir baixo a OTAN (A maior organización militar mundial, mercenaria dos EEUU),unha Europa unida e poderosa para a asimilación progresiva de Rusia, impedindo a vez, que esta Europa poida converterse nun rival xeopolítico dos EEUU. En todo caso, de ter que elixir, apostar sempre por unha Europa sólida  antes que por Rusia.

Débese debilitar no posíbel a Rusia pos soviética, para facilitar a súa integración europea, e nesta liña promover unha Ukrania separada de Rusia e vinculada a Europa e Occidente. Controlar o chamado baixo ventre ruso, a fronteira coa rexión de Oriente medio rica en recursos e nó estratéxico esencial, fortalecendo a función de árbitro dos EEUU. Recuperar as relacións con Irán e impedir a ruptura de Turquía coa alianza occidental da OTAN. A India é unha peza clave en Eurasia, e hai que evitar a súa derrota xeopolítica, unha vez que China acceda a unha posición dominante.

Con respecto a China, o autor, aconsella a EEUU afondar nun entendemento estratéxico  aceptando a China como potencia rexional, e tratala dun modo simbólico, como “un actor esencial no concerto mundial”, levándoa cara unha cooperación internacional para frear as súas ambicións más perigosas, dun xeito similar ao feito con Xapón, apoiándose tamén en Korea do Sul, Taiwan, Hong Kong.....e demáis enclaves  do seu cordón sanitario, e manter.....a América Latina , África, Sudeste Asiático, Australia ....baixo o dominio  dos EEUU e aliados, cun control absoluto sobre os Océanos Atlántico, Pacífico e o Mar Mediterráneo, (Compartido con Francia, Gran Bretaña...e demáis subordinados da cadea imperialista).para proseguir a colonización e o saqueo dos pobos destas áreas.

Mais todos estes obxectivos propostos por Brzezinski foron abortados na meirande parte polos feitos históricos en maior ou menor medida, coa excepción de Ukrania e a India, pero a costa dun fracaso estrepitoso e imprevisto. A Alianza Ruso China, afianzouse con solidez en todos os campos, o feito máis temíbel e o peor escenario posible que bota por terra as pretensións imperialistas dos EEUU, o que unido a súa crise interna non lle deixa outra opción que concentrarse en obstaculizar esta perigosa alianza  e o abandono doutros escenarios secundarios.




Os EEUU atravesan hoxe unha crise case permanente, con máis de 50 millóns de habitantes afundidos na miseria e outros moitos en precario dunha poboación de 350 millóns. Xa non poden ocultar o seu declive,a pesar das súas superiores capacidades comunicativas manipuladoras A súa crecente debilidade favorece as loitas populares de liberación nacional e abre gretas no interior do mundo occidental, animando movementos políticos e sociais diversos contra o poder capitalista neoliberal, inclusive rexurde con certa forza o fascismo cos mesmos métodos que no pasado. EEUU está dividido, tanto no político como no  territorial, aínda que lonxe de romper. A conclusión é que, os EEUU perde influenza en moitas áreas; Latino América, Oriente Medio (onde sufriú unha tremenda derrota en Syria), África....e, xa que logo, a escala Global ao verse obrigado a concentrar as súas agresións contra as potencias inimigas, escollendo  os obxectivos.  China e Rusia cada vez acumulan máis poder, no económico a primeira e militar a segunda, sen esquecer outras nacións espalladas polo mundo con Estado e sen el, coma Nosa, enfocadas en procesos de liberación nacional.

Hai outros factores como os económicos financeiros, que poden acelerar de súpeto a súa decadencia en caida libre, como no caso do dólar estadounidense moi vinculado a ser fiábel para os compradores. Unha visión caótica de Norte América podería ser fatal para o seu valor de cambio baseado só na confianza.

Con respecto a Rusia hai que constatar que, superada a crise do afundimento da Unión Soviética, e liberada das ataduras da corrupción dunha nefasta burocracia, hoxe convertida en Oligarcas ben atados pola Federación Rusa, continúa a liña de desenrolo do aparello militar industrial soviético ata chegar a contar coa máquina militar máis poderosa do mundo, que ao presente xa supera aos EEUU, como xa se comprobou en Syria, e a China actual que aínda está en proceso de dotarse dun moderno equipo militar e unhas forzas armadas capacitadas para enfrontarse aos EEUU.

China é o peor inimigo xeopolítico dos EEUU, que inda que no presente ocupa no económico o segundo lugar despois dos EEUU, pronto vai ser superado por esta, que presenta un modelo estábel con éxito no crecemento económico orientado a elevación do nivel de vida da poboación no seu conxunto, e non só para unha minoría como no Occidente, o que resulta atractivo para os pobos que viven na miseria fabricada polo Imperialismo liderado po los EEUU. A erradicación da miseria no xigante asiático cunha poboación de 1400 millóns de habitantes supervisada pola ONU, forma parte do proxecto de enriquecemento compartido coa totalidade do pobo sen exclusións, que se poxecta ao exterior liderado polo Partido Comunista chino, e parece irreversíbel. Hoxe é a súa principal arma xeopolítica que revoluciona aos pobos oprimidos do mundo, perturbando a Orde imperialista.

A os EEUU non lle queda outra opción que atrancar por todolos medios (sancións,bloqueos.....) o seu desenvolvemento económico para manter a China no segundo lugar da economía mundial, ganando tempo, e agardando que xurdan outras oportunidades para mudar a situación ao seu favor, sen esquencer a opción militar, usando a tope a súa superioridade nos medios de comunicación e a súa cultura de masas manipuladora, mentres poida. Sempre lles quedará a esperanza dun milagre, como aos nazis do 1944.

No actual sistema xeopolítico internacional, parece que nos diriximos cara un escenario con dous grandes polos de Poder. Un Polo integrado polos EEUU e Europa, cimentado sobre a OTAN, a organización militar que agrupa e disciplina a os paises do Ocidente capitalista neoliberal. Amáis dos “cinco ollos”e Xapón,(EEUU,Canada,Australia,Nueva Zelanda e Gran Bretaña),  que actúan como a gran reserva fiábel do Poder militar e político estadounidense; dentro do gran Polo Trasatlántico do Orde Neoliberal fascista, reaccionario e decadente.

O Polo Euroasiático hoxe ascendente, está medrando dunha maneira notoria. A base do seu Poder é a Alianza de China e Rusia. As relacións de poder avanzan cara a supremacia desta Alianza Euroasiática no económico e no militar, tecnolóxico e cultural. Esta última, é hoxe a máis feble da serie. A os EEUU se lle rebela o seu patio traseiro suramericano, que camiña cara unha Patria Grande da América Latina dos pobos, ata agora asoballados polo Norte.

En Europa as tensións ruso europeas promovidas polos EEUU e a OTAN, o seu brazo militar, tropezan cos intereses e obxectivos europeos, xa que Europa, no territorial e económico forma parte de Eurasia. Despois do conflito Nord Stream do gas ruso, Alemaña a gran potencia económica occidental de Europa, continuará exercendo de secuaz por imposición dos EEUU? Ou achegaráse a China e Rusia, por necesidade propia, para conformar con estas a cerna do eixo (Pekin,Moscow,Berlín) do novo Poder euroasático mundial, nun Mundo Multipolar en paz.

O moribundo Imperio mundial estadounidense, xa ten dabondo con conseguir frear a súa caída  libre, mantendo a súa unidade federal estatal, sen romperse en varios territorios en pugna, para que tamén poidan contribuír de verdade a paz mundial ( como tamén quería Zbigniew Brzezinski, pero non a maneira da antiga Roma), no nome de moitas e moitos estadounidenses honestos e solidarios.  

FRANCISCO GRAÑA – AGOSTO 2021         


                                                             

[30-08-2021 23:41] Olga García Quian comentou:

Muy interesante en cuanto a, geoestrategia pero para cuando Europa reaccionará y dejará caer a EEUU,.. Y LLEVARÁ A CABO UNA POLÍTICA EN BENEFICIO DE LA LIBERTAD Y DE SUS CIUDADANOS. URGE QUE PASEMOS, DE LA PASIVIDAD CON LA QUE VEMOS TODOS LOS DESASTRES Y LLAMEMOS, A LA ACCIÓN POR ELBIEN GE ERAL DE LOS PUEBLOS

[30-08-2021 10:30] Dores comentou:

Sempre un pracer ler os teus artigos sobre xeoestratexia. Parabéns.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña