14:59 Xoves, 28 de Xaneiro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

28-11-2020

Na primeira década do século que andamos ,púxose en contacto coa Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) ,unha organización española denominada Iniciativas comunales

Ventos españolistas avanzan

Valorar (9)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


Coa pandemia que estamos a padecer por mor do coronavirus,a ideoloxia españolista/imperialista,no Estado Español,avanza  como se fose unha galerna .E o paso das galernas , deixan estragos .Estados de alarma ,que siñifican mando único centralizado e xa que logo ,eliminación de competencias das que chaman comunidades autónomas ,aceptanse en silencio .Voceiros e voceiras mediáticas con etiqueta de esquerdas,empezan a cuestionar se para combater con eficacia o coronavirus ,non seria mellor un estado centralista que un estado decentralizado. Xa que logo ,no que fai respeito a unidade do estado ,as forzas políticas españolas ,sexan de dereitas ,de esquerdas ou mesmo fascistas,non pensan moi diferente .E para amosalo ,aproveitan todos os recunhos.

                    Este recentralización ,ven acompañada de un libro de instrución .Chanzos de esta instrución ,son , a presencia de uniformes militares nas roldas de prensa informativas sobor a evolución da pandemia .Chamar distancia social o que non e senón , unha distancia de seguridade,ou o machacarcon imáxenes as sancións as persoas por non cumprir as regras impostas .Todas estas cuestións ,non son inocuas .Son intencionadas.Teñen como oxetivos a creación de persoas  obedientes ,sùmisas ,súbditas .Por non falar que cos estados de alarma , que son estados de escepción ,quedaron limitados ou ,eliminados de facto ,dereitos  e libertades colectivas como son as de asociación , reunión ou manifestación .

                      Neste contexto recentralizador ,o goberno español ,conformado pola socialdemocrácia e a esquerda española ,veñen de sacar un proxeto de lei denominado de cambio climático e transición ecolóxica .Un proxecto de lei pouco ecolóxico (seu principio reitor e o de que ,quén contamina ,paga) .Un proxecto de lei moito recentralizador .Toda a estratexia a aplicar cando o proxecto de lei ,convirtase en lei ,queda nas mans do estado central .Nestas mans quedaran os plans integrados ,a estratexia da descarbonización  e a eficiencia enerxética .O que eles chaman autonomias ,non pintarán nada .Mesmo, van ser competencias do goberno central  as cuestions referidas ao insino en cuestións de cambio climático.A pesar de que ,a dia de oxe ,as cuestións do insino ,que se saiba , son de competencia exclusiva do que eles chaman comunidades autónomas .Esta cuestión non é , en palabras que gustan decir eles ,anticonstitucional ?.

Dende sempre,Galiza,padeceu ventos españolizantes .Normalmente ,estes ventos soplabanos as forzas da dereita española .A novidade e que agora soplanos as forzas da esquerda española .Mais se cadra ,esta novidade ,non o é tanto .Alomenos en alguns sectores do noso Pais .Na derradeira década do século pasado ,a Organización Galega de comunidades de montes(ORGACCMM),apoiou o selo de certificación  promovido pola organización ecoloxista española ,Adena ,por ser social e medioambientalmente mais acaida co que defendian as empresas forestais .As relacións racharon cando dende Galiza ,propúsolle a creación de un selo de certificación galego .A organización ecoloxista española ,non o aceptou .

                      Na primeira década do século que andamos ,púxose en contacto coa Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) ,unha organización española denominada Iniciativas comunales  .Unha organización dirixida por persoas de ideoloxiaaltemundista e que a posteriori se chamaria a nova esquerda española (en lingoaxe lenninista ,poderian chamarse pequenos burgueses revolucionarios ) .Unha organización que pretendia a integración da ORGACCMM .Cando rachou esta relación ? .Cando dende Galiza prantexouselle,que a veira da comunales tiña que aparecer a palabra comunitaria ,xa que os dous termos non son sinónimos e porque a titularidade comunitaria  e unha seña de identidade da nosa nación .E porque tamén se lle prantexaba que a integración na organización española , tiña que ser en pé de igualdade.E dicer ,unha especie de confederación .A organización española Iniciativas Comunales ,non aceptou negunha das duas condicións .
                       Fica claro que  na Galiza ,a contradición fundamental e nacionalismo/españolismo .Ou se se quere , crér ou non crer nas posibilidades proprias da nosa nación .Esta contradición non se da somentes na alta política .Dase tamen en todos e cada dun dos sectores  do noso Pais .



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña