17:01 Xoves, 28 de Xaneiro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

23-11-2020

O día 21 de setembro, inicio do outono, Pedro Sánchez foi visitar á Real Casa de Correos á presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso

Trumpismo castizo

Valorar (5)

ADOLFO DE ABEL VILELA


O día 21 de setembro, inicio do outono, Pedro Sánchez foi visitar á Real Casa de Correos á presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, unha ventrílocua que di en público, non con moita desenvoltura, o que lle escribe Miguel Ángel Rodríguez, un cualificado aznarista. Puidemos ver a decoración do escenario onde compareceron os dous mandatarios un peliño recargado de simboloxía patriotera, remedo dos utilizados polo trumpismo norteamericano. Aos gardiáns das esencias e das tradicións patrias non lles importa copiar o que nos resulta alleo. Para min, que respecto os símbolos, pero que sinto por eles certa indiferenza, penso que a posta en escena non podía ser máis hortera e ao mesmo tempo provocadora: “Se non queres caldo, tres tazas”. 

Inflación de bandeiras como pano de fondo, once de cada, intercalando a de España e a de Madrid, como para querer dicir “tanto monta, monta tanto”. Esta imaxe veríase reforzada pola filosófica afirmación de Perogrullo de Ayuso que para min require dedicarlle un tempo para a súa correcta comprensión:   “Madrid es de todos. Madrid es España dentro de España. ¿Qué es Madrid si no es España? No es de nadie porque es de todos”. 

Este sentimento chouvinista de pertenza non é inocente, senón de comenencia, que probablemente busca agradar ao seu electorado e mellorar un trato diferencial que xa ten de seu a capital do Estado, e ao meu parecer, excesivo e abusivo. Pero a maiores e contraditorio coa política de enfrontamento visceral do nacionalismo español que comete dous erros conscientemente ou por ignorancia. O primeiro é non tersepor nacionalista por considerar que selo é algo reprobable e intrinsecamente malo e por iso só aplicable aos que chaman, non sei se con ánimo de ofender, “nacionalismos periféricos”, o inimigo (non o adversario) ao que hai que bater. Eo segundo erro é facer seus os símbolos comúns do Estado nación con facultade engadida para dispensar a nacionalidade española. 

Tomar o todo pola parte
 
Así, seguindo estas pautas, un votante de esquerdas de Navalcarnero, por poñer un exemplo, non é español, segundo se deduce do que din nas súas proclamas os voceiros e dirixentes da dereita, pois cando queren ter toda a razón, e que lla recoñezan, non falan no seu nome, no dos seus militantes e simpatizantes, senón que se amparan en que é no que están de acordo, pensan ou queren “todos los españoles” o “los españoles de bien”. Recuperamos a “las dos Españas”, os azuis e os vermellos, apropiándose indebidamente de conceptos comúns cos que artellan o seu sustento ideolóxico, non para respectar ao que pensa diferente, senón creando a un inimigo imaxinario, pero necesario,para enfrontar e dividir á sociedade. 

A peor noticia para os dirixentes da dereita debeu ser a da desaparición da ETA e que ademais o conseguira un goberno de esquerdas, pois aínda hoxe seguen espremendo nela. Collendo o todo, “todos los españoles”, pola parte, os seus seguidores e votantes,que ademais son“los españoles de bien”, únicos defensores da Constitución, constitucionalistas,á que curiosamente non lle deron os deputados de AP onihilobstat unánime en 1978, pois só o fixerona favor oito, cinco votaron en contra e tres abstivéronse. As leis que din que non lles gustan recórrenas no Tribunal Constitucional, pero despois son os primeiros en aproveitarse dos beneficios delas, divorcio, aborto, matrimonio igualitario e agora a educación. 

Azuis e vermellos
 
Neste mundo das contradicións no que se move Ayuso, chamoume a atención outra, o predominio do cor vermello, que é o utilizado polos  republicanos.As bandeiras e a moqueta do estrado estaba a xogo coa chaqueta da presidenta, que debería levar un cor complementario do vermello e do amarelo, por exemplo o azul mariño, pois ese cor “rojo” que antes molestaba á dereita supoño que non sería escollido como unha deferencia da anfitriona ao `seu convidado. 

A lectura que eu fixen desta iconografía foi ESPAÑA, MADRID, ESPAÑA, MADRID…, “Madrid es España y España es Madrid”, volven manipular a parte e otodo, no fondo éa versión do cartel electoral de Feijóo co slogan: GALICIA, GALICIA, GALICIA, Galicia é Feijóo e Feijóo é Galicia, unha apropiación partidaria, indebida e falaz de conceptos e símbolos que pertencen ao común. 

Enfrontar á sociedade norteamericana a Trump non lle deu resultado o resultado que esperaba, anque si moitos millóns de votos, pero actuou de revulsivo para que o abstencionista indolente fose a votar e incluso que moitos cambiaran a opción do seu voto. E ise é o procedemento, legal, pacífico e civilizado que os cidadáns temos nas democracias cada catro anos para que unha maioría poda rexeitar  aos políticos e as políticas coas que non estamos de acordo. 

Os norteamericanos acaban de darnos a primeira parte dunha lección. Un negacionistaque é e seguirá sendo por certo tempo o espello onde se miran moitos líderes e os seu seguidores, non pode recoñecer que perdeu as eleccións sen erosionar o seu prestixio de home duro,de macho macho aínda que se maquille para saír favorecido nas fotos e nas televisións, así quea segunda parte da lección queda para o desenlace.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña