14:27 Martes, 21 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

24-10-2020

Un mecanismo que pode valer para explicar unha chea de topónimos de orixe controvertida

O GALIÑEIRO, GAIÁS e A GAÑIDOIRA: Á procura dunha teoría global

Valorar (7)

CÉSAR VARELA GARCÍA


MONTE GALIÑEIRO
Semellante mole granítica, dominando o horizonte vigués cara Vincios, non pode ter un nome tan corriqueiro.

Monte das Galiñas…, pero…. que galiñas, nen que galiñeiros ?

Iso non pode ser ! Busquemos unhasolución !

Unha das solución que lémos, quere derivalo de KALINÁRIO, debido á sua faciana pétrea.

Pensamos que os problemas evolutivos serían considerábeis.

Propomos pois,  outra solución, que de esguello, resolvería outras incógnitas toponímicas.   Noutro traballo anterior, comentabamos a productividade toponímica de duas palabras latinas sinónimas :
FRIVOLUS  e NUGALIS; tomando o significado de provisórios e de descanso, rederíndose ás antigas malladas pastorís.

No noso caso; de NUGARIS, as cousas puideron ocurrer así:
MONTE NUGARINARIO > NOGALIÑEIRO> NO. GALIÑEIRO > no GALIÑEIRO > O GALIÑEIRO.

Mediando, niste proceso, o mal entendemento do NO- inicial coa preposición e artigo “ EN O ”, e a cacofonía que se produce en expresións como: “ fulano  vai no NOGALIÑEIRO”, que se reduciría a: “ fulano vai no GALIÑEIRO ”.

O significado do nome sería pois : “ Monte dos curros ” , “Monte dos meixóns” (coma o Monte Meixueiro); malladas pastorís,onde se mixturaba o gando de varios donos.

Diste xeito,devolvémoslle ao monte a sua dignidade de ter sido un paraxe de aproveitamento de variado gando;  que nada ten a ver con galiñas nen “galiñeiros”.

Iste mecanismo pode valer para explicar outros topónimos de orixe controvertida. Velaí :

MONTE GAIÁS

O nome deste monte, sé da Cidade da Cultura compostelán, relaciona o seu nome co NOGALLÁS do concello lugués de Antas de Ulla.

O procedemento debeu ser similar ao anterior:
MALLADAS NUGALIANAS > NOGALLÁS > NO. GALLÁS> no GALLÁS > O GALLÁS .

Co mesmo significado pastoril, de “monte dos curros”.

VILANOVA DE GAIA

Moito teñen discutido os eruditos lusos á conta da orixe do nome de GAIA, á frente do Porto, co rio Douro polo médio!

Ao fin, parés que trunfou a opinión de ser nome prerromano, relacionado coa textura pétrea do lugar.

Para nós, é claro que a orixe está, coma o GAIÁS compostelán, no uso gandeiro do monte:
NUGALIA > NOGAIA > NO. GAIA > no GAIA > GAIA.
sempre a nugalla, ou área de descanso pastoril.   O CRUCEIRO DO GALO

Así se chama hoxe o cruceiro que está ao pé do paseo da Ferradura caendo cara O Pombal, na capital compostelá.

Até hai pouco chamábase, DO GALLO, e con toda a boa intención, pensando que se trataba dun “quirico”, mudaron o GALLO polo GALO de hoxe.

Deberon ser os mesmos que mudaron AS RUÊDAS  por AS RODAS.

A nosa idea é que nos atopamos nun caso como os anteriores.

O que había alí era un CURRO NUGALLO, ou sexa, de descanso do gando.

A natureza do terreno, en forma de groba ou congostra, que tén a rua do Pombal,prestábase a poder encurralar alí, fácilmente, aos animais.

CRUCEIRO DO NUGALLO > NOGALLO > no GALLO > O GALLO.

E daí o popular CRUCEIRO DO GALLO, que os ben intencionados normalizadores transformaron no CRUCEIRO DO GALO de hoxe.

O MONTE XALO

Este monte de CARRAL, perto da Coruña, ten moita historia, pois xa aparece nomeado no ano 978 nun códice de Samos como MONTE GALLO, e en 1112, a catedral compostelá escrébeo como MONTE
GALO.

Todo dá para pensar que debeu sofrer un proceso, así:
A xente popular debía dicer, O MONTE DO GHALLO, que alguén debeu pensar que a xente quería dicer, DO GHALO, (a ave de corral), e para galeguizar “correctamente ”, millor colocar un X, no lugar da “gheada” e así ficou o XALO de hoxe.

Dacordo con todo o anterior,o proceso evolutivo debeu ser iste:
Na orixe era o MONTE DO NUGALLO (curro descansadoiro),pero xa no ano 978 tiñan perdido a sua etimoloxía , pois escrebían, MONTE GALLO.

O pobo acabou chamandoo, O MONTE DO GALLO (coa “gheada” local), e xa logo, precipitouse  o proceso antes descrito.

A GAÑIDOIRA

Iste monte, nas alturas de VIVEIRO  e MURAS é interpretado como un lugar onde o vento “gañe”, ousexa: ruxe ou brúa.

Esta teoría vai de fronte co a nosa idea de que os fenómenos metereolóxicos, por pontuais e transitórios,  non teñen capacidade para producir topónimos.

Preferimos, incluir iste nome no mesmo esquema que vimos defendendo, ou sexa un lugar de NUGALLAS,ou encurralamento e descanso (nugalla), do variado gando que pace nestes ermos.

O camiño sería o esperado :
CAMPA NUGALIATORIA > NOGALLADOIRA > NOGAÑADOIRA > no. GAÑADOIRA  >  GAÑADOIRA   Infelizmente, non dispomos de documentación antiga que poidese asegurar que, o proceso por nós elaborado para istes catro casos,estivese fóra de toda dúbida.   Seguramente, o esquema aquí descrito, do paso do latin ao galego, debeu acontecer en tempos moirecuados, cando ainda non aparecían os nomes dos lugares nos documentos; de feito, no primeiro documento que dispomos, no ano 978, a loor do MONTE “XALO”, o copista xa non debía ter clara a orixe do nome, que escrebe como,  MONTE DO GALLO, pois así o escoitaría da boca da xente.

Fica pois, todo o dito, no mundo das conxecturas, teorías e opinións.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña