22:24 Sabado, 24 de Outubro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-09-2020

O consello das candorcas reúnese en pleno e contando con representación das candorcas de todo o mundo

A resposta do consello das candorcas

Valorar (9)

ALFREDO LÓPEZ FERNÁNDEZ


O consello das candorcas reunido en pleno e contando con representación das candorcas Tipo A: residentes, transeúntes e oceánicas. Tipo B e C:  antárticas e sub-antárticas e as neocelandesas. Tipo D, chegadas de todos os mares e océanos do planeta, en base á convocatoria realizada en tempo e forma, declara:

1º- Un minuto de silencio polo membro do consello ausente e falecido a causa das feridas de disparo na pesqueira do Atlántico Norte. Rematado o acto de homenaxe reanúdase a sesión.

2º- Fartas de habitar un océano plagado de humanos no que se están a notar irrevesiblemente as pegadas do cambio planetario causado polo efecto invernadoiro por mor do aumento do CO2 atmosférico.

3º- Cansas de que se nos roube aos nosos fillos para condealos de por vida en acuarios.

4º- Famentas por ter diminuído ata límites insospeitables os recursos pesqueiros.

5º-Enfermas a causa de microorganismos de procedencia terrestre debido ao deficiente saneamento.

6º- Acosadas por embarcacións cargadas de riseiras figuras que crean falsos soños cos nosos peores pesadelos.

7º- Chegando ao límite da subsistencia e comprendendo que o límite planetario foi xa superado.

8º- Decidimos pasar á ofensiva estudando os artiluxios humanos mariños, o seu funcionamento, limitacións e vulnerabilidade.

9º- Abriremos unha oficina na ONU para a negociación do reparto oceánico e nomearemos unha comisión para elaborar un decálogo como ultimatum á humanidade.

10º- Aos 101 días da última advertencia pasaremos á acción con todas as consecuencias. 
Estaba imitando unha fábula de Esopo, ou..... talvez non?

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña