21:30 Sabado, 19 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

13-08-2020

Non hai incienso nin botafumeiro que tape a podremia da casa real non imos parar até que xulguen aos Borbóns por ladróns e por corruptos!!

Os fillos de Francisco

Valorar (12)

HELENA VILAS VIÑAS



Podería narrar a historia dun mundo distópico na España entre os séculos XX e XXI digna de un guión de Terry Guilliam; un señor con un sangue de cor diferente, de familia francesa , que nace en Roma, e que anos despois, un tirano español lémbrase del e encoméndalle a tarea de levar a democracia ao seu país. É designado sucesor dese tirano como xefe do Estado, e así é como a Constitución Española establece a monarquía parlamentaria como sistema de goberno, ou mais ben unhas leis pactadas por catro amigos de este señor para que poidera vivir de rentas el e a súa prole grazas a un golpe de estado fallido que foi o que o asentou no poder durante toda a súa existencia, o tempo que lle quedou libre foi para ostentar a coroa, andar a rolos e exterminar seres vivos (da igual a especie). E agora fuxe para unha República para gastar o que lle quede de vida todo o roubado durante o seu reinado.

Quen nos dera que fora un mundo distópico, mais foi e é parte da historia de España, sí, da España actual.

Sendo rigurosos o rei é rei pola graza de Dios e xa me diredes se non é contradictorio cando se supón que España é un Estado aconfesional... pero minudeces a parte, de nada serviría si  a clase política non o estivera apoiando contra vento e marea  para seguir sostendo un chiringuito que nos custa a todos os cidadáns millóns de euros manter, que como bo  réxime autoritario de aparencia democrática, calquer goberno anterior, incluíndo o  actual, non  asume que hai que xuzgar a un delincuente múltiple e que se as inxenian de marabilla para  inventar sete mil alternativas  de reprimendas extravagantes para xustificar as súas culpas.

Os ritos lingüísticos dunha literatura medieval para escoitarse uns mesmos o ben que ornamentan coa prosa a súas propias miserias e branquean a quenes branquean os seus desmáns, Franco non morreu na súa casa, porque durante 45 anos mantivérono vivo grazas á monarquía e todos os seus gobernos, xa que é de can ben nacido ser agradecido. Todo é un círculo vicioso onde é case imposible saír si seguimos sendo súbditos cómplices por medo a represalias, non nos poden meter a todos na cadea por decir a verdade, a sabendas de que non a sabemos toda, e se así fose e a xustiza fora xusta, xa habería moito tempo que a realeza monárquica dos Borbóns quedaría orfa. 

Camaradas, eu, nós, todas, nacionalistas, militantes, Galiza non ten rei e facemos nosas as palabras de Ana: "Non hai incienso nin botafumeiro que tape a podremia da casa real non imos parar até que xulguen aos Borbóns por ladróns e por corruptos!!"



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña