15:32 Martes, 21 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-08-2020

De como se dotou de auga corrente á Ribadeo

Ribadeo, ano 1861, traida de augas da vila e construcción de varias fontes

Valorar (4)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Manuel Antonio López, secretario do concello de Ribadeo: O 25 de abril certificou que o señor alcalde presidente someteu a consideración do Concello a necesidade de  levar á poboación  as augas encanadas  das fontes chamadas do Lobo que veñen o descuberto  e forman un  regato  que atravesa esta poboación servindo só para subministrar auga ós lavadoiros  e outros usos comúns.

O concello despois de tomar todo en consideración  e vendo como se atopa  de escaseza a vila de augas  potables, que os veciños teñen que facer uso dos pozos   acorda  que se procede a instruír dita obra. Para elo teñen que recoñecerse as fontes e terreo por onde han de vir as augas e o sitio  que se a de edificar na poboación as fontes para o servicio dos veciños.

Recoñecidas  as fontes  o  un de maio, chamadas Lobo o terreo por onde conducilas a esta poboación e os sitios onde colocar a fonte ou fontes necesarias  para o surtido  do pobo. Din que de aqueles  caudais pode recollerse auga suficiente  para unha ou dúas fontes  que atendan as necesidades da poboación. A calidade e propiedades das augas “nada dejaran que desear, llegado el caso de ser examinadas  por inteligente ya por la clase de terreno de que procede y ya por el buen gusto y ligera que han  tenido ocasión de observar en ellas al tiempo de  reconocimiento”.

Que estas  atópanse  a unha altura de mais de corenta metros sobre o nivel desta poboación  e a unha distancia de 3 ou 4 km.  con un descenso que non chega ó 6 % na maior pendente podía conducirse a auga no primeiro tramo polo seu tramo que o de mais pendente, as súas paredes faranse de cachotería, cubertas de lousas do grosor suficiente e o fondo de cuarzo. O resto cuxa pendente e mais suave  por medio de tubos  de barro ou ferro  colocado para que puidesen sufrir a presión suficiente  ó elevar a auga nas fontes da vila a altura que conveña. Que a fonte principal  débese colocar na praza de arriba ou campo  e as demais que se crean convinte e necesarias na poboación.

Calculan que o presuposto de dita obra non pasaría dos 100.000 reais.
      
As condicións da puxa para facer dita obra serían: A puxa constará dun só remate que haberá que verificarse ante este concello no local que se celebran as sesións, no día e hora que se marque. Só se admitirán as proporcións que se fagan en sobres pechados. O  entregar cada licitador coa  folla coa súa proposición  acreditará haber depositado na caixa do Concello  de depósitos do Concello a cantidade de 2000 reais  acompañando a carra de pago ou documento  legal que o xustifique como garantía. Rematado o prazo para recibir as puxas o Sr. Presidente  procederá o remate  escoitando as preguntas  que se fagan e resolvendo as dúbidas que se lle ocorran ós poxadores e acto seguido se abran os sobres descartando os que non cumpran as condicións. O remate non se considerará rematado ata que recolla na aprobación superior. O importe da obra ten que  satisfacerse nos termos que se expresan nos anuncios da publicación da puxa. As condicións facultativas, planos  e modelos  estarán na Secretaria do Concello durante 30 días. A fianza ou depósito será devolto ós propoñentes quedando retida soamente a do gañador da poxa e esta ascendera o dez por cento do remate. Si o rematante non cumprise coa presentación da fianza no termo de un mes terase por nulo o contrato. O tipo para a subasta  son o importe do presuposto elaborado   polo arquitecto provincial. A Ribadeo 2 de maio de 1861.

Fonte de Goimaran
Ano de 1877. O señor alcalde  fixo presente o abandono e estado de deterioro en que se atopa a fonte  de Goimaran e sendo  de moito servicio para unha boa parte dos veciños deste pobo  e da parroquia de Vilaselán, tendo en conta ademais a escaseza de augas que se sinte na localidade  non podía por menos  de interesar coa maior urxencia  se fagan as obras a fin de utilizar o maior caudal posible  das augas de dita fonte.  O Concello acorda que a comisión de Fomento  asociada da persoa que considere  mais intelixente  practique unha visita  sobre o terreo e propoña a corporación cando a seu xuízo sexa preciso para o seu amaño.

Feita a visita pola comisión na compaña  do mestre Ramón Bugallo a fonte  de Goimaran, aparece que o depósito  principal   atopase completamente  obstruído e crendo de urxente necesidade a súa reparación tan so na parte que se refire o citado deposito para que poida subministrar augas ás xentes do lugar, deixando para mais adiante o trasladar a fonte despois de que se faga a rúa ó muelle. O presuposto presentado foi: un e medio de  barriles de Calhidraulica 30 reais , catro varas de baldosa, 5 reais, cinco xornais dun canteiro, 16,25 reais, nove xornais de poñer 13,50 reais, petroleo para alumar 1,50 reas s,  importe dos xornais das escavacións para o recoñecemento 7,75 ptas, facendo un total de 74 ptas.

O 11 de agosto de 1877  pagouse a Ramón Bugallo polos traballos feitos na dita fonte 52 reais , Remigio Prado  21 reais, José Lindin 18 reais e N. Loveras  30 reais por tres xornais.

A David por dous xornais e medio  25 reais. Os materiais 124 reais.
Segunda reparación: Ramón Bugallo 26 reais, Remigio Prado 14 reais e materiais 19,50 o que fai un total de 329, 50 reais.
O pago a Ramón Bugallo faise o 28 de outubro das 82 pesetas.

Fonte de Rinlo.
O alcalde pedaneo, D. José Fernández o 31 de agosto  de 1887 pon en coñecemento  do Concello que a Fonte  que subministraba auga ós veciños de Rinlo,  atopase arruinada polos cimentos, así que despois de ser unha fonte  que abundaba en auga os veciños deste pobo si non a outros tantos veciños se atopaba moi faltosa  de auga e sen ter a onde recorrer solicitan a súa reparación:   Compoñer a fonte de aquel lugar  por atoparse arruinada  e que sexan os propios veciños os que se encarguen da reparación  e conservación.

Ano 1890- Composición da Fonte da “Virgen Blanca” de Rinlo.
Os veciños  do barrio de Rinlo  diríxense á corporación expoñendo que dito barrio  carece  de augas potables  e as únicas que veñen utilizando son as augas desta fonte que se atopa completamente arruinada e pode  conseguirse a súa reparación con s unhas 60 pesetas.  O concello acede a tal petición o 19 de xuño: “Se acuerda  por el Ayuntamiento  que persona  inteligente  pueda componer  dicha fuetne  psentando la  cuenta de materiales y jornales para su abono  con cargo al presupuesto municipal”.




Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña