09:15 Venres, 18 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

07-06-2020

Vimos de ler a nova de que dous ex altos membros do PSOE,( tanto que xaforon ministros ) veñen de “enchufarse” como consejeros de ENAGÁS

O moordomo infiel

Valorar (10)

CÉSAR VARELA GARCÍA


Eu vos digo: Granjeai amigos com as riquezas da iniquidade, para que, quando estas vos faltarem, vos recebam eles nos tabernáculos eternos”.

 MÁIS DOUS ESPAÑOIS PILLABÁNS : PEPE BLANCO E MONTILLA

Vimos de ler a nova de que dous ex altos membros do PSOE,( tanto que xaforon ministros ) veñen de “enchufarse” como consejeros de ENAGÁS, velaí :

¿ Quién dijo “ puertas giratorias ? : Dos históricos “socialistas “, Pepe Blanco y el ex president Montilla, fichan por ENAGÁS  como consejeros.

Dado que a empresa que os acolle é unha enerxética, penso, que millor que, o verbo deportivo “fichar”, non lle acaece tan ben como o de “enchufarse”, que era como se dicia nos tempos de franquismo para acceder ao corpo de paniaguados do sistema.

Ven á miña lembranza unha conversa de hai anos con un filósofo monfortino morador desde hai moitos anos en Pontevedra.

Eran aqueles tempos en que os que se “enchufaban ” eran Felipe González e Aznar, e comentaba, o meu amigo filósofo , cómo xa viñan de lonxe semellantes mañas.

Trouxo a colación a parábola evanxélica do MOORDOMO INFIEL velaí:

«Disse Jesus também aos discípulos: Havia um homem rico, que tinha um administrador; e este lhe foi denunciado como esbanjador dos seus bens.

Chamou-o e perguntou-lhe: Que é isto que ouço dizer de ti? Dá conta da tua administração; pois já não podes mais ser meu administrador.

Disse o administrador consigo: Que hei de fazer, já que o meu amo me tira a administração?

Não tenho forças para cavar, de mendigar tenho vergonha. Eu sei o que hei de fazer para que, quando for despedido do meu emprego, me recebam em suas casas.

Tendo chamado cada um dos devedores do seu amo, perguntou ao primeiro: Quanto deves ao meu amo?

Respondeu ele: Cem cados de azeite. Disse-lhe, então: Toma a tua conta, senta-te depressa e escreve cinqüenta.

Depois perguntou a outro: E tu quanto deves?

Respondeu ele: Cem coros de trigo.

Disse-lhe: Toma a tua conta e escreve oitenta.

O amo louvou ao administrador iníquo por haver procedido sabiamente; porque os filhos deste mundo são mais sábios para com a sua geração do que os filhos da luz.

Eu vos digo: Granjeai amigos com as riquezas da iniquidade, para que, quando estas vos faltarem, vos recebam eles nos tabernáculos eternos.

Quem é fiel no pouco, também é fiel no muito; e quemé injusto no pouco, tambémé injusto no muito. Se, pois, não fostes fiéis nas riquezas injustas, quem vos confiará as verdadeiras?

Se não fostes fiéis no alheio, quem vos dará o que é nosso?

Nenhum servo pode servir a dois senhores; porque ou há de aborrecer a um e amar ao outro, ou há de unir-se a um e desprezara o outro. Não podeis servir a Deus e as riquezas.» (Luca   Á vista do evanxeo , os coitadiñosex ministros dirán, para xustificarse, que están seguindo ao pé da letra as ensinanzas dos seus antigos catequistas.

Cavar, non poden; pedir, dalle vergoña,….o milloré…., codiñeiro do pobo, facemos favores ás empresas enerxéticas mentras estamos no poder, e logo, estas agradecidas xa nos devolverán os réditos CON UNHA BOA COLOCACIÓN.

Está todo no libreto , e dende hai moito tempo!

Ai.. ! señores ex ministros,… Non podedes servir a Deus e ás riquezas; non podedes servir ao pobo e ás vosas comenéncias ao mesmo tempo ! Entra todo dentro da pillería española reforzada ideoloxicamente ,como vemos, polo noso catolicismo.

A cousa ven de lonxe…. !

Cando Rembrant, nos Paises Baixos, pinta o seu cadro da LECCIÓN DE ANATOMIA, os pintores españois están trasladando aos lenzos as ASUNCIÓNS, ASCENSIÓNS , as NATIVIDADES  e demais dogmas eclesiásticos, así como os fastos das casas reales.

Mentras os médicos nórdicos están tratando de enteder científicamente o funcionamento do corpo humano, en España, a disección de un corpo humano sería un delito tan grave que se necesitaría  o concurso do SANTO OFICIO para castigalo.

Velaí a explicación do retraso científico ibérico : o dogma antes que a ciéncia !.

Mentras os católicos acuden aos santos mediadores , que son moi “abogosos”,( sempre que acompañes da debida ofrenda), os protestantes prescinden das axencias mediadoras e van directamente a Deus.

A pobre da VIRXE MARIA fanna presidenta da axencia do amaño, ousexa,: MEDIADORA DE TODAS LAS GRACIAS.

Cómo non vai haber corrupción no noso tecido social, se o aprendizado que recebeu o noso pobo é que “se podes corromper e mediatizar aos grandes do Ceo, como non vas poder corromper aos poderes da Terra? ”

Seica van chegar de Europa substanciosas axudas económicas para España !

Os europeus do Norte teñen que enviar aos famosos “homes de preto” para asegurarse que os picaretas españois empreguen os fundos no que teñen contratado e non o desvien o diñeiro para as suas comenencias persoais.

Diferenzas entre as moralidade protestante e católica.

Hai ben tempo que se decatoudeso Max Weber !

E mentras, os dous pillabáns están instaladiños nos apoltronados tabernáculos de ENAGÁS, o pobo pagando a contamensal da enerxia!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña