23:02 Martes, 22 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

28-05-2020

En Galiza ,ademais , este decreto é totalmente contraproducente para o territorio e para as persoas que o habitan

Captura do CO2: Negocio capitalista e colonial. Que fai a Xunta de Galiza?

Valorar (8)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


No ano 2014, o que hoxe chamase ministerio español de transición ecolóxica ,promulgou un decreto intitulado “Creación do rexistro de pegada de carbono,compensación e proxectos de absorción de CO2” . Mediante este decreto ,as empresas contaminantes ,poden seguir contaminando  se compran bonos de captura de CO2.Este decreto do goberno español ,prantexa unha filosofia ,como pouco , cuestionabel.

En Galiza ,ademais , este decreto é totalmente contraproducente para o territorio e para as persoas que o habitan .E contraproducente xa que as únicas terras que poderán recibir compensacions pola captura de CO2 , serán as que cambeen de uso (forestación de terras) e as que padeceran lumes dende o ano 2013 para acá (incremento do negocio do lume).Os montes que estexan ben xestionados e que non padeceran lumes ,quedan fora de este “negocio” .Mesmo quedarán fora as plantacions derivadas do plano de xestión do monte.

E namentras pasa isto ,a conselleria do medio rural , que fai?.Pois,apoiar este decreto porque coincide cos intereses do lobie forestal e madeireiro (forestar,forestar e forestar) e engadir ao negocio do lume e das plantacións ,o negocio da captura de CO2) .E ademais ,pon o seu grán de area para afianzalo .Cos cartos dos galegos e das galegas ,elaborou unha ferramenta para o calculo da captura de CO2.

Aproveitando este decreto que pinta ecoloxista e verde ,pero que baixo de esta capa de pintura , amosa o que verdeiramente é,forestalista ,empresas da capital do reino ,están tentando asinar convenios con comunidades de montes ,para quedarse co negocio da caputura do CO2.Seguimos nos aproveitamentos coloniais .A riqueza xerase aquí e as plusvalias disfrutanse alá .

Os convenios que presentan empresas da capital do reino ,teñen truco .O titulo do convenio non indica a especie forestal a plantar .Fala xenericamente de especies forestais a plantar .Como no decreto do goberno español ,a captura de C02 basease no crecimento  da madeira , non é dificil imaxinar a especie que van plantar as empresas .Xa que logo ,o decreto ecolóxico e verde do goberno español ,vai servir para ecualiptizar ainda mais o territorio galego .

Os convenios que presentan a asinar as comunidades de montes ,rezuman un tufo capitalista extremo :máximo beneficio , cero riscos .Prantexan que,a cambeo de facer a plantación ,que pasará a comunidade cando remate o tempo de duración do convenio ,a empresa cobrará en  exclusiva .e anualmente ,o valor da captura do C02 .E dicer ,os titulares do recurso ,non levarán un cán,namentras que a empresa ,leva toda a  tallada .Nin sequera teñen a mínima decencia de prantexar nos convenios  ,un reparto equitativo do valor económico xerado pola captura do CO2 .

E por se estes convenios non fosen o suficente lesivos para as comunidades de montes ,ainda engaden que a duración destes convenios sera de 50 anos.Durante estes 50 anos ,a comunidade de montes ,non pode usar esas terras conveniadas ,Namentras que a empresa ,de forma onerosa o gratuita ,poderá levar adiante xornadas ,cursos ,publicidade .Estes convenios ,producen unha usurpación da xestión da veciñanza comuneria .Nesta usurpación ,as empresas da capital do reino,coinciden coa consellaria do medio rural e co lobie forestalista e madeireiro .

E namentras pasa isto , Xunta de Galiza que fai?.Pois no canto de elaborar un decreto para que  os titulares dos montes recibiran as compesacions pola captura do C02 .Para que estas compensacions servisen para acadar un monte multifuncional e sustentabel e nalguns casos , para que a veciñanza comuneira acadase rendas para manterse no rural .E decir , para que estas compensacions ,servisen para  combeter duas das causas estruturais que provocan os lumes (monocultivo forestal e abandono do medio rural ) .No canto de isto , a xunta de Galiza , asubia e olla para o dedo que sinala a lua .

Como deixara escrito o poeta da Terrra Cha ,Diaz Castro ,no seu poema Penelope : “Un paso adiante ,outro atrás ........Aran os bois e chove “




Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña