08:19 Xoves, 13 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-04-2020

Os Mancebo chegan a Mondoñedo coa chegada Andrés Mancebo como sarxento primeiro do Batallón Provincial desta cidade

Os Mancebo en Mondoñedo e a emigraciòn a Bos Aires

Valorar (10)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


Os Mancebo chegan a Mondoñedo coa chegada Andrés Mancebo como sarxento primeiro do Batallón Provincial desta cidade, o cal casa con Luisa  González o vinte e seis de abril de mil oitocentos dezaoito o cal era natural de San Julián de Piñeiro, Diócesis de Lugo, co cal tivo un fillo chamado Joaquín José o cal morre o seis  de Outubro de  mil oitocentos vinte e dous. A súa dona Luisa González xa morrera o dez de Marzo de mil oitocentos vinte e dous. Pouco tardou Andrés en volver a casar pois  faino na parroquia de San Xurxo de Lourenzá con Antonia Álvarez do Campo con data de dez de xullo de mil oitocentos vinte e dous. Con esta tivo dous fillos, María Felipa o vinte e sete de  Febreiro do ano  mil oitocentos vinte e catro  e Juan Andrés o seis de maio de mil oitocentos vinte e cinco, morrendo os dous sendo cativos. A súa muller Antonia Álvarez morre o vinte e cinco  de abril de mil oitocentos vinte e seis, facendo testamento o 22 do dito mes ante Ramón Insua, escribán.

Novamente casa por terceira vez con Antonia Bazquez veciña na Balaia dos Castros no ano mil oitocentos trinta o mesmo tempo que recoñecen tanto Andrés como Antonia a Simón e Antonio que tivera como fillos e deixáranos no torno da Inclusa. Despois de casados tiveron a Hermenegildo. Así podemos ver como nos libros da Inclusa se di: “Simón n.º 3001. Octubre 27 de 1822. Expuesto  en el torno de esta inclusa  de Mondoñedo a las nueve de la noche  del día veinti y siete  de octubre del año de mil ochocientos veinti y dos  un niño recien nacido enbuelto  en un capotillo pañal y gorreta de lienzo  y el pedazo de un covertor  blanco, atado conuna  punta del mismo al siguiente día se llevo a  bautizar a la iglesia Parroquial  de esta ciudad, lo que se hice con la solemnidad  debida se le puso de  nombre Simón  y a cargo de María  Alonso  alias Griñeira hija de Francisco Barrera e Isabel  del lugar de  Curros parroquia de Santa María Maior y para que conste  lo firmo. Manuel José Montero”. “En seis  de Diciembre  de 1822 paso a cargo de Teresa  Fernández mujer de Juan Ares de Santa Eulalia de Roman. El niño contenido  en la partida  que antecede  cumplío seis años  de edad  en veinti y ocho ceso la paga  y se quedo con su ama hasta el día diez de  Junio de mil ochocientos  treinta que le entregue a Antonia  Bazquez moradora en la Balaia de los Castros en esta ciudad después de haberme hecho contraer ser hijo suyo natural la que prometio obligandose a cuidarle  y educarle  como verdadera  madre ...”. La partida de bautismo esta inscrita en la decada de los cincuenta. D. Antonia Vázquez morreu de “tisis” o tres de nadal de  mil oitocentos cincuenta e seis na súa partida de defunción di que ten tres fillos: “D. Simón Teniente de Infanteria, Antonio y Hermenegildo”. Don Andrés Mancebo fina o dezanove de  mil oitocentos  cincuenta e oito de enfermidade natural, nun dos parágrafos da súa partida de defunción di: “Dejo por hijos  habidos  antes de matrimonio Simón Teniente en el ejercito y Antonio y después del matrimonio a Hermenegildo”.

Hermenegildo Mancebo casa con Antonia Fernández en sete de Novembro de mil oitocentos cincuenta e tres e tivo por fillos a  Justo Cristóbal Andrés nado o seis de agosto de mil oitocentos cincuenta e catro, Pastor Juan Andrés o seis de agosto de mil oitocentos  cincuenta e seis, Andrés Felipe o trece de setembro de mil oitocentos  cincuenta e oito, Andrea Justa Erundina o vinte e tres de xullo de mil oitocentos sesenta e catro, Edesio  Amancio Antonio María o oito de abril de mil oitocentos  sesenta e un, Desiderio Antonio María  o dezasete de  setembro de mil oitocentos sesenta e seis e morre o doce de Marzo de mil oitocentos sesenta e oito e Antonio María  de la Esperanza Lesmas que nace o trinta de Xaneiro  de mil oitocentos  sesenta e nove.

O outro fillo de Andrés, Antonio Mancebo casa con Esperanza Soto o vinte e sete de Febreiro de mil oitocentos cincuenta e catro, non tendo descendencia.

Doña Antonia Rei  Cao muller de Hermenegildo Mancebo morre as dez da maña do día dezasete de Setembro de mil novecentos seis vivía na rúa Cándido Martínez e lle quedaron por fillos do seu matrimonio “D. Justo  casado con Luisa Torres, D. Pastor soltero, D Andrés casado con Doña Generosa Baamonde  y Antonio soltero en Buenos Aires y D. Edesio también casado  con Doña Remedios del Riego...”.

Don Hermenegildo morre o vinte e nove de Novembro de mil novecentos quince.

Un dos fillos D. Edesio casa na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Doña Remedios del Riego o vinte e dous de Agosto de mil oitocentos oitenta. Tivo como fillos a Pastor Hipólito o vinte e catro de Maio de mil oitocentos oitenta e nove morrendo sendo seminarista teólogo, o primeiro de Maio de mil novecentos oito. Justo Tiburcio o once de Agosto de mil oitocentos  noventa, Severo Santiago Edesio o vinte e cinco de Xullo de mil oitocentos noventa e dous, José de Arimatea Patricio o dezasete de Marzo de mil oitocentos noventa e oito, Porfirio Nicomedes o dezaseis de Setembro de mil novecentos, morrendo este de párvulo o trinta de  Setembro de mil novecentos e Concepción Crisanta Evarista nada o vinte seis de Outubro de mil novecentos tres.

Don Edesio Mancebo morre o vinte e un de Xaneiro de  mil novecentos trinta deixando como fillos
“tres hijos mayores  de edad llamados D. Justo, D. José y D. Concepción”.

Outro dos fillos de Hermenegildo, Andrés, aínda en estado solteiro tivo una filla con doña Generosa  Baamonde y Cavanas, púxolle de nome Julia e naceu o trece de Novembro de mil oitocentos oitenta e cinco.                                                 

OS MINDONIENSES EN BOS AIRES.                        
No “Eco de Galicia n.º 429” dise: “Romería fué, en efecto, la que hicieron en un hermoso rincón del bosque de Palermo... algunos distinguidos  hijos de Mondoñedo el día trece del corriente” Formaban parte do banquete D. José M. Miranda, D. Claudio Trigo, D. Joaquin Serrano,  D. Pastor Mancebo, D. Aniceto Saavedra, D. José R. Sánchez, D. Andrés  Mancebo, D. Jesús Barreiro, D. Ramón Díaz Portas, D. Antonio Mancebo, D. Justo Mancebo, D. Gervasio Rey, D. Jacinto Baamonde, D. Francisco Barro, Eugenio Otero, Francisco Otero, D. Antonio Fernández e D. Manuel López, adheríndose por un despacho telegráfico D. Alfredo Leiras, residente no pobo Xeneral Villegas.

O menú foi: “ Esmorga que fixeron un’s poucos  fillos d’a Paula, festexando o día da nosa  Señora  d’os Remedios n’a  ciuda de Buenos Aires o día 13 de Setembro de 1903.
Parua- Tonikina; A’s once- Mantecados con viño branco; Almorzo- fiambres surtidos (á o Avelino Louro), Pote de cimós, galiñas é cocho (á o Ladislao Louro); Lacoada (a o Canina); Empanadas de Pitos (ó estilo  de Triana); Tortillas (ó Folgueira Rasa); Asado (á o Buenos Aires); Postres – Queixo (forma Pico do Padornelo), Frutas surtidas (de Reigosa é  Pataquiñas); Viño do Riveiro, Café (á o Verdugo); Cigarros (á o Pascual Teino).”

Todo elo foi amenizado pola música de Fanoy e o servizo a cargo de Cazoliñas. Houbo fogetes, fogos artificiais, música na rúa, baile e globos  estes con inscricións, unha das cales decía: “¡Viva Mondoñedo!”.

ORFEÓN MINDONIENSE
O día  dez de Abril formouse nesta cidade unha Sociedade coral e musical, co título de Orfeón Mindoniense e a comisión directiva estaba formada por: Presidente: Lino Freyre; vice: Ramón  Ressúa; Tesoureiro: Francisco Grandía; Vice: Andrés  Penedo, oito vocais e catro suplentes. O local social estableceuse na rúa Chile 1592.

O primeiro  de  Abril de mil novecentos catro  na casa do Sr. Claudio Trigo tivo lugar a reunión. Estivo presidida por José María Miranda, os concorrentes foron D. Claudio Trigo,  D. José A. González, Andrés Mancebo, D. Antonio Mancebo, D. Francisco Otero, D. Antonio Fernández, D. Manuel  López,  D. José R. Sánchez, D. José María Miranda Arias, D. Joaquin Serrano, D. Ramón Gacio, D. Fulgencio Novoa, D. Jacinto Vaamonde, D. Manuel López Rodríguez, Don Francisco Grandio,  D. Juan Lodeiro, Don José Ramón Ramos, D. Jesús Barreiro, Antonio Piñeiroa, D. José López, D. José María  Maseda, D. Antonio López, D. Ramón González, D. Pastor Mancebo, Dr. Alfredo Lamas y D. Aniceto Saavedra. Enviaron cartas de adhesión os señores  D. Salustiano Serrano, D. Severino Otero, D. G. Rey, D. Valentín  González, D. Cristóbal Calaza, D.R. Díaz Portas, D. A. Mendez, D. Alfredo Leiras, Don Manuel Barro y D. R. Pérez Cabanela  presbítero.

O Sr. Miranda  deu as grazas  a cantos habían respondido a súa  invitación e que o motivo era enlazar  co seu propio país os fillos de Mondoñedo que residían en Arxentina. A idea foi acollida con aplausos, acordaron “realizar  con verdadero explendor, en Palermo, uno de los más deliciosos  paseos de Buenos Aires la  romería de la patrona  de la patria del celebrado autor de La Librería de Escribanos e Instrucción Juridico teórico-practico de principiantes.” Determinouse ao mesmo tempo facer un obsequio á cidade. Co obxecto de realizar o agasallo nomeouse unha comisión formada por: Presidente – D. J. M. Miranda; Vicepresidente- Pastor Mancebo; Tesoureiro-Claudio Trigo; Secretarios: José R. Sánchez e Andrés Mancebo e Vocais – Joaquín Serrano; Aniceto Saavedra, Manuel López, Antonio Mancebo, Cristóbal Calaza e Francisco Otero.

A petición do Sr. Andrés Mancebo  a asamblea tributou un  voto de grazas ao mindoniense D. Emilio Tapia Rivas polo patriótico  e delicado  recordo  que co seu folleto “Cosas Intimas” consagra  aos seus paisanos  da República Arxentina.

Na Voz de Mondoñedo  no número 60 faise a descripción da invitación a festa dos Remedios: “En la primera plana  de un primoroso carnet doble  aparece la invitación que reproducimos  y en las dos planas interiores  figuran las fotografías del Campo de los Remedios, en el momento de  celebrarse la corrida de cintas  en bicicleta el año último y la del bosque Palermo, en el que se congregarán este año nuestros paisanos para celebrar por segunda vez la fiesta citada de Nuestra Señora de los Remedios.

Dice así la invitación:            
Buenos Aires, Abril 10 de 1904            
Sr...
Estimado Conciudadano: Los que suscriben, nombrados en comisión en la reunión efectuada  por varios mindonienses  el 1.º del actual, tienen el agrado de invitarle a celebrar la  tradicional fiesta de los Remedios  que se efectúa  en nuestra  ciudad natal, y a que  preste su valioso concurso para el mejor exito de la idea.

            El acto tendrá lugar  en Palermo el día  11 de Septiembre  próximo  a donde no dudamos concurrirá con su familia, dando así una prueba  más de lo vivo que mantenemos  los mindonienses  residentes  en esta, el recuerdo de la ciudad en que nacimos.

            El programa de la fiesta  se dara á conocer oportunamente

            Saludamos  afectuosamente.

J. M. Miranda, Presidente. – P. Mancebo, Vicepresidente – Claudio Trigo, Tesorero – José R. Sánchez- Secretario;  Andrés Mancebo – Secretario: Vocales Joaquin Serrano, Aniceto Saavedra, M. López,  Cristóbal Calaza, Francisco Otero, Antonio Mancebo.

            Por datos y adhesiones, dirigirse  a la calle  Artes número 78”.

O 29 de Abril por carta “Los Mindonienses en la Argentina. Buenos Aires”, pídenlle ao director de “La Voz de Mondoñedo”, Sr. D. Dodolino Trigo “se sirva representarnos en esa, y dispensar a la idea la cooperación que sea, será siempre muy valiosa”. Respondendo afirmativamente.
No número 64 da Voz de Mondoñedo anunciase a chegada a Mondoñedo dende Bos Aires de D. Ramón Díaz Fernández, sendo este portador  dunha carta dos Mindonienses na Arxentina que di:

            “Café H de Álvarez y de Fernández              44 – Artes – 44             Buenos Aires, mayo  11 de 1904.             Congregados  en este establecimiento  - testigo cotidiano  de las tertulias en que los mindonienses  evocan los recuerdos de su muy adorada ciudad natal – después de despedir  cariñosamente a su hermano  Ramón Díaz Fernánde, con motivo de su partida para la patria chica, en un modesto banquete, dandole  el último  abrazo, confiándole  el especial  encargo de saludar á aquel pueblo por quien suspiran, expresándole con toda la efusión del alma nuestros  sentimientos de perdurable afecto y nuestro  vivísimo anhelo  por su venturoso porvenir.

            ¡Qué al recibir los primeros  besos de las brisas  mindonienses, les entregue con respetuoso  recogimiento  el corazón de los mindonienses en la Argentina!

            J. M. Miranda. – Manuel López.- José R. Sánchez. – F. Baro.- Claudio Trigo. – Francisco Otero.- Joaquin Serrano.- José Miranda Arias.- El hijo adoptivo, J. Barreiro, Vivariense.”En carta do un de  Xullo de 1904, os mindonienses na Arxentina comunican que debido a que o “Hospital de San Pablo” da nosa cidade carece de aparatos cirúrxicos acordaron dotar ao hospital dunha vitrina cun completo servicio de aparatos de cirurxía.

O vinte e seis de Xullo  morreu en Bos Aires Xulián Xosé Calaza, pai de D. Cristóbal  Calaza membro da comisión de festexos en honor a Virxe dos Remedios. O sepelio asistiu numerosa colonia mindoniense.

O Orfeón Mindoniense celebrou a súa festa inaugural o seis de Agosto. O discurso de apertura foi leido polo  Sr. Uxio Otero. O coro e a rondalla  recibiron nutridos aplausos. A media noite deu comezo o baile familiar. Entre as  familias que figuraban estaban as de Trigo, Sánchez, Barreiro, Saavedra, Serrano, Mancebo, Rey, a señorita  María de los Ángeles  Vázquez, escritora mindoniense, srta. Julia Hernando, escritora Arxentina os señores Freire, Fanego, Fernández, Grandio, Piñeiroa, González Romero, Miranda  entre outras familias. A festa tivo lugar  no Salón da Sociedade “Les Enfants de Beranger” calle Tacuari 253.

Dende Mondoñedo deciden mandar unha serie de cilindros  nos que aparecen impresionados o toque das nosas campás  para que as podan escoitar os que en Palermo se fan reunir para celebrar as festas da Virxe dos Remedios. Resultaron cinco cilindros, un deles dí: “Repique  general  de campanas  en la Catedral de Mondoñedo para hacer llorar  a los concurrentes á la fiesta de Palermo en la ciudad de Buenos Aires”. Sigue o repique tomado na torre o día 28 véspera de San Pedro e remata o cilindro “La Comisión de fiestas tiene el gusto de ofrecer a ustedes este recuerdo de la infancia  de todos y saludarles muy cariñosamente”. Segue o repique e logo engade: “El Esquilón llamando á Coro”. Hai outro con un só repique  das campás da ermida dos Remedios e outro que empeza decindo: “Repique de campanas en la ermita de los Remedios impresionando  en la misma torre para obsequiar  a  los  mindonienses en la fiesta de Palermo”.

No derradeiro escoitase os Remedios  e di así:  “La verbena de los Remedios  en la torres- Ché, toca  esas campanas  para que las  oigan en Buenos Aires.” Sigue o repique e logo termina o cilindro así: “Tú ese globo  se marcha  solo Pica. ¡Que lindo es! Adiós. Expresiones  a los de Palermo.” O señor González  fixo despois destos  cilindros outro que en alta e clara voz di “B. L. M. que la Comisión de fiestas  á la Virgen de los Remedios  dirige á su colega de Buenos Aires para la fiesta de Palermo”. A comisión das festas da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo en 1904.

No xornal “La Voz de Mondoñedo n.º 77” dise:

PROGRAMA DAS FESTAS QUE SE VAN CELEBRAR EN BOS AIRES O 11 DE SETEMBRO A BENEFICIO DO HOSPITAL DE MONDOÑEDO.

“Al amanecer  requique  general  de campanas  en la Iglesia de la  Concepción. El Orfeón Mindoniense, que coopera  con entusiasmo  al mayor brillo de las fiestas, saldra  de su local social  para el de la Romería, con estandarte y banderas , cantara la Alborada de Veiga y con cien bombas de estruendo se saludara con el grito de ¡Viva Mondoñedo! Al día  de las gratas emoniciones  en que  todos los mindonienses festejan a su Patrona. A las nueve y media en punto, solemne misa cantada a toda orquesta en la ilgies de la Concepción; oficiaran los sacerdotes mindonienses sres. Manuel Somorrostro, Ricardo Pérez  Cabanela y José Díaz Rico que se han  dignado contribuir  de esta manera al mayor esplendor de las fiestas. El notable  orador argentino, prbo. Sr. Guillermo  Etchevertz cura de la misma  parroquia  pronunciara la oración alusiva  al acto. El coro del Orfeón cantara la hermosa plegaria de Monasterio “El Regreso  a la Patría”.

A las doce, retorno  en corporación al lugar de la romería con el Orfeón a la cabeza al compás de la marcha “España” ejecutada  por su excelente Rondalla.

Almuerzo campestre. Para mayor  comodidad de los concurrentes  la Comisión  se ha puesto de acuerdo  con la acreditada fiambreria de los Sres. Tapies, Álvarez y Fortunato para instalar en el mismo local un depósito  de provisiones  que serán expendidas a precios módico: “Esto no implica  para que cada uno  lleve lo que crea conveniente...”

A las dos de la tarde, se iniciaran las diversiones y bailes populares con la tradicional Gaita, tamboril y Bombo.También prestará  su valioso concurso la Banda de Policia de la Capital  que su jefe Sr. Antonio Bellve tuvo la atención de ceder.

El entusiasta hijo de Ribadeo (declarado adoptivo de Mondoñedo) D. José Antonio  González  iniciara la venta de medallas  a beneficio del hospital, acompañado de seis  señoritas argentinas y mindonienses.....

Primer número. – Elevación del gran globo “Confraternidad” con los colores argentinos y españoles y los lemas  “Viva la Argentina” “Viva España”, “Viva Mondoñedo”. En este momento  la rondalla del Orfeón tocará  los dos Pot-Pourrits “Aires  Criollos – Aires Españoles”.
Segundo número. – El orfeón  cantara el hermoso coro de la opera “La Marina”
Tercer número.  – Elevación del gran globo “Caridad” de bonitos colores con el lema  “Hospital de Mondoñedo”. En este acto la rondalla  del Orfeón ejecutará la “Marcha Mindoniense”
Cuarto número.- el coro del Orfeón cantara la preciosa canción a ida e volta d’a Romeria, letra e musica respectivamente de los mindonienses  Sres. Noriega y Rouco.
 Quinto número.- Audición en fonógrafo del repique general de las campanas de la Catedral de Mondoñedo y de la Ermita de los Remedios.... El  Sr. Miranda  dará lectura  del mensaje  enviado por el Sr. Emilio Tapia y Rivas alusivo al acto de este número.
Sexto número.- Remate de las provisiones  recibidas de sus familiares por varios miembros de la Comisión y que estos donará a beneficio del Hospital
Séptimo  número quema de fuegos artificiales  elevación del globo Santos Dumont, obsequiado por  un entusiasta mindoniense. La Rondalla  ejecutara  la preciosa “Serenata Española” de O Metra.

Entrega al Orfeón de una medalla como recuerdo de esta fiesta de caridad; sera colocada  en el  estandarte por una señorita argentina”.

O día dez de Setembro á noite inaugurouse o magnifico Kiosko que Mondoñedo dedica os seus fillos na Arxentina coa denominación “Kiosko Buenos Aires”.

A casa R Mathieu de París  é a encargada de  enviar con anticipación o día 12 de Setembro a valiosa “Vitrina de aparatos  de Cirujía” que os mindonienses  en Bos Aires  donan ao Hospital de San Pablo, organizarase as dez da maña procesión cívica para facer entrega ao citado establecemento de Beneficencia. Cerrara a comitiva  o concello en pleno precedido dos maceros, asistirá a música  que tocará enfrente do Hospital  durante la ceremonia de la entre

                        A Romería.
            As dez da mañá deu comezo a misa  na Igrexa da Concepción, oficiaron Don Manuel Somorrostro, D. Ricardo Pérez  Cabanela e D. José Díaz Rico. O sermón foi a cargo do crego da igrexa D. Guillermo, comezou alabando ós mindonienses. Concluída la misa ao mediodía os mindonienses que asistiron  a ela trasladáronse uns en coches e outros en tranvías eléctricos ao Velódromo municipal. Alí estaba  o Orfeón Mindoniense quen ostentaba un estandarte bordado  e dourado por a Srta.  María Luisa  Maseda. Na pista  comían varias familias baixo tendas  vistosas.

Despois o Sr. Xosé Antonio  González e algunhas señoritas  a venta de medallas  conmemorativas. Por non haber  oportunamente chegado as provisións    esperadas de Mondoñedo non se procedeu o remate delas, nin houbo “audición en fonógrafo”.

A mindoniense María de los Ángeles  Vázquez  preside a xunta dos galegos en Bos Aires co fin de recadar fondos  para erixir unha estatua a Rosalía de Castro no seu pobo natal Padrón.

No xornal “La Voz de Mondoñedo” con data de 29 de outubro dáse a nova  que Orfeón Mindoniense  dirixido por Arturo  Fernández obtivo  no concurso  de Rondallas do “Centro JuventudArt Novveau” nos salóns  do “Perai Italianis “ o gran premio  de honor consistente  nunha medalla de ouro.

No mes de Outubro aparece o folleto “Memorias de Mondoñedo” escrito pola señorita  María de los Ángeles Vázquez  e impreso en Bos Aires con motivo das festas de Setembro último. A terceira parte do recadado será para mercar os aparatos de cirurxía. O folleto conten 14 fotograbados nos que sen a vista xeral de Mondoñedo, ponte do “Pasatempo”, praza da Constitución, Catedral, Ermida e Alameda dos Remedios, Igrexa Parroquial, Hospital, Cárcel, Barrios de San Lázaro e os Muiños, carretera de San Lázaro, muiños da “Berea” e “Ponte Pousada” ademais da fotografía da comisión de festexos  en Bos Aires.

O 20 de Novembro foron bendicidos o estandarte e bandeiras do Orfeón Mindoniense.

“La Voz de Mondoñedo” con data do catorce de Xaneiro de mil novecentos cinco di:
            “La Vitrina. Están al despacho  en la aduana de la Coruña  la vitrina y objetos   que llegaron de París y forman parte del grandioso obsequio que hacen a nuestro hospital los mindonienses en la Argentina... La  falta de documentos  para el adeudo  en dicha Aduana fue la única causa...”. No número 96 dise: “La vitrina. Esta noche  llegarán a esta ciudad las cuatro cajas procedentes  de Paris, que contienen los aparatos de  cirugía y vitrina con los correspondientes cristales para la colocación de aquellos aparatos”. Pesan as caixas  395 kilogramos e o despacho na aduana costeou 442,15 pesetas. Chegou no carro de Antonio Rodríguez e o xoves vinte e seis a unha da tarde foron conducidos ditas caixas ó Hospital  e dentro de moi poucos  días armarase a vitrina e na mesma colocaranse os instrumentos  co fin de facer a oportuna entrega. A vitrina é un moble fermoso e elegante pero chegou avaríado consistindo na rotura dun dos cristais laterais a pesar de que ten seis milímetros de espesor.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña