08:42 Mércores, 08 de Abril de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

18-02-2020

O noso diputado abríu aos galegos os ollos do práctico e resolutivo que é votar no BNG

"Non hai chave pequena": Unha ensinanza das pasadas eleccións.

Valorar (17)

CÉSAR VARELA GARCÍA


Viñan de rematar as eleccións ao Congreso Español, onde o BNG conseguíu tirar un diputado, o NÉSTOR REGO CANDAMIL.

Na vila onde vivo, un home, coñecedor da miña militancia, achegóuse para darme os parabéns.

Na verdade, eu estaba un chisco desiluído.

Un País do que sairon persoas como ROSALÍA, CURROS, PONDAL, CASTELAO, e un longo etc…,onde levamos anos e anos mallando na idea da liberdade do nosso País, ...viñamos  de tirar un só diputado, como ,… como,… Teruel, Cantabria ou Canarias!

Así llo expresei ao meu amigo, que non obstante seguía valorando moito o noso resultado.

Á volta dun tempiño, cando o BNG, negociando co Psoe, acadou un acordo tan ventaxoso para o País, á conta do noso único voto, voltei a ver ao meu amigo, que se dirixeu a min con estas palabras : Mirache César, “non hai chave pequena!”.

E falaba certo o meu amigo; qué mais ten un chavín ca un chavón ! O caso é que che abra a porta !

Se  acadásemos  catro diputados, se cadra, faríamos un acordo semellante.

Non é a cuantidade a que define senón a cualidade!
O noso diputado abríu aos galegos os ollos do práctico e resolutivo que é votar no BNG.

Cómo explicar que a estas alturas, ainda non se teña entendido esta lección?
¿Como, a nosa xente non repara no camiño andado por sociedades como a vasca e a catalá, comunidades onde, por certo, a nosa mocedade ten que ir procurar traballo? Podemos entender, que a xente, coma nós, criada no franquismo, ainda comungue coas fantasías das enciclopedias daquelas escolas, como: Deus, España e Rei; ideas, hoxe abaleantes e postas en cuestión por grandes masas da sociedade estatal.

Pero non se entende como un sector da nosa mocidade ainda môrda no engado,  que a xuventude de Euskadi e Catalunya xa non “envía” de xeito nengún.
Naqueles tempos, lembro unha pregunta que se propuña como comentario nunha  facultade de economía.

¿ Onde hai mais alienación, nunha dictadura ou nunha democracia destas?
É claro que, nunha dictadura existen as duas cousas, pero é mais explícita a represión, e deso temos ampla experiencia!

Nas democracias, ainda habendo represión, que a hai!, entendo que é mais actuante a alienación.

O  barullo armado polos médios de comunicación: rádios, TVS, e telefonía, todos construindo unha realidade virtual, mallando en valores ben alleos á nosa realidade galega, deixa “apampados” ao noso pobo mais indefenso.

Penso que é o único xeito de entender como unha parte da nosa mocidade pode escoller o apoio a partidos españois e  négase a aceitar o pasado, o presente e o futuro do seu País galego.

Por parte do Poder Español, sempre nos van presentar engados e líderes que cumpran as expectativas das enquisas: de direitas ou de esquerdas; con coleta ou sen ela, loiros ou mouros, homes ou mulleres, mozos ou vellos,… pero sempre afundíndonos na abafante mensaxe do españolismo central.

Xa nos tempos de Felipe II saían carretas de comediantes españois camiño de Lisboa, para colonizar culturalmente aos nosso pobo irmán; Non o conseguiron daquela!

Se cadra hoxe, está a facer o mesmo traballo a TV española, que moitos dos nosos viciños ademiran coa boca aberta.   Volvendo ao conto da “chaviña”; seica non foi a coerencia,en seguir o camino correito o que nos abriu a porta?

Outros andiveron a esgarabellar, metendo pola fechadura, arames e outros garabullos, que ao fin non abriron porta nen camiño nengún , e non deron mais que en confusión para o noso pobo.

Que nos importa o ter unha ministra nacida no País!

Non lle faltaron a Galiza, ministros, xefes de goberno  e até dictadores; pero ningún deles chegou a ese posto por defender os intereses nosos, e por iso que, para o País non valeron un peso.

¿Cando aprenderemos?   Chaves falsas, que nada abren; porque non hai un compromiso previo cos intereses do noso País. A noso coerente chavín, a fin de contas, funcionou! Na verdade:  ¡NON HAI CHAVE PEQUENA!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña