15:20 Venres, 10 de Abril de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-02-2020

A fundación foi aprobada en Mondoñedo polo Lic. Don Lope de Salazar e Saavedra Arcediano de Trasancos dignidade e cóengo da Catedral de Mondoñedo, como vicario Xeneral

A Ermida de San Xoán Bautista de Foz

Valorar (8)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


Na  freguesía de Santiago de Foz a vinte e seis días do mes de abril do ano mil seiscentos oitenta e cinco, ante o escribano compareceu o Lic. Domingo  López Pardo  cura de Santiago de Foz  e Juan Ramos  das Casas e Catalina Vizosa a súa dona e María Vázquez  de lobera muller de Juan Ramos, este difunto,  veciños de dita freguesía compareceron ante el dicindo que Juan Ramos e a dita  María  Vázquez  pais do dito Juan Ramos  tiveron e teñen a vontade “gran celo e devoción” de fundar  e facer  a costa dos seus propios bens  unha ermida  da advocación do glorioso  San Xoán Bautista  no lugar que se chama  a Penela. ... onde  viviu   Juan Ramos, xa difunto, e pai do dito. E por iso o fillo e a súa viúva  pediron licencia  e consentimento  a dito crego e veciños  de dita freguesía  quenes  previa  reunión, consentían e  daban licencia  a dito Juan Ramos  das Casas, a súa muller e a súa nai, de facer  unha ermida e capela nesta  dita freguesía  no lugar  que se chama  a penela   onde viven que é cerca do  lugar dos casas pola súa devoción, honra e reverencia de Deus e da Virxe Santísima  nosa Señora  e conmemoración e referencia  do glorioso   Señor San Xoán Bautista  “cuia imagen y más prehechos  de altar, cáliz, casulla, alba y frontal  y más cosas  para la celebración del Santísimo  Sacrificio de la misa necesarias” e dita ermida e para que  todo isto este sempre  coa decencia, veneración e reverencia e adorno e que sexa todo isto  permanente para sempre xamais e que aiga  renda  e posible para  reparar  a dita ermida y más ornamentos que en ela sexan necesarios.

Juan Ramos a súa dona e María Vazquez agregáronlle a dita ermida para os seus reparos e de todos os ornamentos os bens e facenda seguinte:

“La casa y lugar que llamna  de fonte sita en esta aldea  de Marzan con su cortina  qe llevara de sembradura  una anega de pan poco más o menos  con su guerta, casa, bodega y corrales, segun qe todo testa  por una parte  en heredad  y cortiña  de Juan Pérez da Fonte  y por las demás partes alderredor en el camino publico q. ba de dha Aldea a la de Foz con sus plazas y arboles  les toca  y pertenezce de fecho y de drco. Con sus entradas y salidas, usos  y costumbres, drcos y servidumbres, para que todos los dhos  bienes desde aquí adelante esten agregados  e incorporados  a dha capilla y no se puedan vender trocar ni enagenar e manera alguna...”.

María Vázquez, Juan Ramos e a súa muller  dixeron que, situaron, impuxeron e fundaron dúas misas a unha cantada  e a outra rezada  que se han de dicir e se digan cada  ano no día  do Glorioso Sr. San Juan de cada un que é a vinte e sete días do mes de nadal perpetuamente, as cales  se han de dicir  e digan por dito Juan Ramos e mais fundadores, os seus pais  e polas animas do purgatorio dos seus deudos e parentes e mais almas da súa obrigación...
O Lic. Domingo pardo cura da freguesía de Santiago de Foz certificou: como Juan Ramos  das casas, o seu feligrés que pola súa devoción quere  fundar e facer a costa dos seus propios bens  unha ermida  da advocación do Glorioso  Sr. San Juan Baptista no lugar que se chama  “La Penela” onde vive  que é cerca do lugar de casas en dita freguesía e en facerse  e fundarse  dita ermida  non é en prexuízo do dereito Parroquial, antes é en utilidade dos feligreses de dita  freguesía por non haber nela  ermida algunha mais de unha vocación de San Brais  no lugar  de Vilaxuane. Esta firmado  en Foz o vinte e seis de abril de mil seis centos oitenta e cinco.

A fundación foi aprobada en Mondoñedo polo Lic.  Don Lope de Salazar e Saavedra  Arcediano de Trasancos dignidade e cóengo  da Catedral de Mondoñedo, como vicario Xeneral dela e o seu bispado.

“dava y dio licenzía a los dhos Juan Ramos para que sin incurrir  en pena alguna puedan hacer y hagan  y edifiquen  la dha ermita  asta fenecer y acavarla y estando fenecida, cubierta, puesto retablo, imagenes frontal ornato y más aseo  necesario para que en ella se pueda celebrar el Santo Sacrificio de la misa..”

Nun informe que fai o crego Don Balthesar Nicolás Silva e Pardo con data 23 de nadal de 1817 di:

“La otra capilla dedicada a San Juan Evangelista  en el barrio de Marzan de que tampoco ay razón en los libros parroquiales, la fundaron  un tal Ramos, tiene misa cantada, el día de dho Patrono; pero por no estar dotada sino con qtro vienes no se celebra y le da este estip.º  Y otras rezadas qe las mande a la colecta y esto esta a disposición de Dn Josef Díaz de Cancio  que corre con dha capilla”.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña