15:18 Xoves, 06 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-12-2019

Agora é tempo de soñar, é tempo xa de voltar a petar na mesa, é tempo de ter esa voz como única razón para podermos desenvolver unha axenda galega

Crónica dunha volta anunciada

Valorar (15)

HELENA VILAS VIÑAS


Estamos aínda un pouco aturdidas de tanta resaca electoral, pero sobre todo o que poden cambiar as cousas en un tempo relativamente curto. A división do voto, as dificultades para formar goberno e o xurdimento de novas forzas políticas. A preocupante irrupción de Vox,  pero tamén o destacado crecemento  do nacionalismo  en algunhas CCAA, na España bipolar, o primeiro é como a teoría da involución o anti-Darwin, do home ao simio. Non deixa de ser a capa resultante de rascar a superficie da presunta transición, fastidiouse o barnís e sae a costra a relucir. Unha nova xeración de fachas estercados polos seus antepasados... e os PedroSanchistas barnizando para 40 anos máis...  cuxo candidato non sabe como se vai erguer cada día, si o Pedro Sánchez negociador, o Pedro Sánchez vanidoso, o Pedro Sánchez dialogante... eu chámolle política influencer, parécese cada vez máis a aquel celebrities de Bono. "Ahora estrella de Rock, ahora comprometido"...Certo é que ao lado dese nutrido grupo de charangas que o rodea normal que non se dé centrado.   

Outra cousa é Galiza, onde aínda vivimos a lavada do Fraguismo, como se o futuro xa estea asegurado, unha sociedade acomodada no total convencemento de que existen referencias mellores na meseta. Pero aí estamos nós, empurrando pasiño a pasiño do carro do nacionalismo, as novas xeracións saben ben da fortaleza dos partidos "pequenos" (pequenos dende a visión centralista e uniformadora do Estado) á hora de influir e decidir en función das prioridades e das nosas necesidades, sabemos ben quenes son as verdadeiras opcións para avanzar no noso benestar, en autogoberno, etc... no caso contrario seremos engulidos e tachados da lista por parte de quenes aspiran a gobernar. Agora é tempo de soñar, é tempo xa de voltar a petar na mesa, é tempo de ter esa voz como única razón para podermos desenvolver unha axenda galega que atenda realmente as nosas necesidades, que non é incompatible en absoluto en seguir traballando polos dereitos e mellorando a condición de vida das persoas no conxunto do Estado. Un traballo duro e sacrificado nestes tempos convulsos e visto como está o panorama actual, moito máis cando esa voz é unha soa, unha soa pero moi,moi, moi potente. E que mellor voz que a de alguén coas ideas tan claras, cuxa traxectoria é impecable e intachable. Que mellor voz  que a do noso Néstor?


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña