09:02 Venres, 18 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

09-12-2019

Na extensión de unha legua que en circunferencia ten aquela rilleira na cal extra radio da sisa do viño so hai tres tabernas colocadas na liña que conduce a Mondoñedo a Lugo.

Minas, tabernas e pan nas terras de Mondoñedo.

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Minas.           


Axuntamento de Mondoñedo  19 de xullo de 1826, leuse un oficio do Sr. Intendente  Xeneral deste Reino   con data seis do presente mes  preguntando  si nesta provincia   hai Fábricas de Ferro  e neste caso si porán proveer as Reais Minas de Amaden de 850 arrobas de metal e 150 de aceiro

O sete de novembro do 1826  o concello acorda manifestar ó Intendente que a pesar das moitas averiguacións  que este concello  fixo ata agora non poido descubrir  nesta provincia  mina algunha de cobre  nin se beneficie de este metal  nela e que a noticia da Real Xunta  de que no lugar da Valiña  de Ares inmediata había unha mina de cobre é falso e sen dubida procedida de algunha involuntaria equivocación  do que o respecto a que a mina que se atopa nesa situación e de Caparrosa  que  anque realmente e abundante ninguén a usa nin se beneficia, ainda estando aberta pero abandonada.

No pleno do 20 de marzo contestase ó oficio do 7 de novembro de 1826 en reposta o do día tres do mismo mes  engadindo que posterior a isto  chegou a saber  o concello  que as Fabricas de Sargadelos  se surten de  materia prima propia para a construción de potes e outros instrumentos  duhna mina sita   nun monte  que está intermedio entre as parroquias de  San Vicente de Cubelas e San Miguel de Reinante.

Tabernas.

O 13 de agosto de 1827 o Sr. Viveiro deu parte ó concello do altercado ocurrido na taberna de Josefa Cid situado na rúa da Panadería polo que se lle impón a multa de 20 ducados e con advertencia de que si volvese a reincidir no exercicio de tabernera.

Na sesión do 31 de agosto de 1827 do concello de Mondoñedo  advirtese  respecto dalgunhas tabernas  desta cidade e os seus barrios  causan gran prexuizo na venda  o por menor  e  aumentase  o prezo o por maior en favor dos “arrieros”.  Despois de meditar  este asunto tomaba noticia das tabernas que debían existir  con vista delas:


            San Lázaro:  viúva de  Ramón de Rega e Nicolás Ramos.
            Os Muiños: Juan Méndez  e D. Manuel do Camiño.
            Rúa San Roque:  Vicente Goiriz.
            Rúa da Fontevella: Jacinta de la Canella, Benito García, Manuela Méndez e Luisa Rodríguez.
            Rúa alta e  baixa de Batitales:  Josefa de Illade e Juan Rodríguez.
            Santo Domingo.
            Rúa dos Remedios:  El achero  que vive fronte a cárcere.
            Rúa da Cruz: José Requeijo
            Rúa dos Herreros:  Francisco Mauricio.
            Nova e Canadeira : Antonia  Vizoso y Josefa Cid
            Rúa Concepción:  Juan Quinte.

Estas son as tabernas que establece  o concello por agora  para vender o viño  o por menor  crendo ser suficientes para o surtido do pobo, sen prexuízo de que algunha outra rúa da cidade lle parecese oportuno  a apertura doutra ou pola contra a diminución delas.

Acordouse ase mesmo que os arrendatarios colasen o viño de todas as tabernas nas que actualmente se despache presentando a esta corporación  unha relación das  existencias  de cada unha no día vinte e nove con expresión do tempo que necesitasen as que quedaron privadas  de vender  para o despacho das súas existencias  e as que quedan autorizadas  para a venta e coa condición  de baixarlles o prezo do xénero  y non sendo de boa calidade non se baixara o prezo  senón que se arroxara e se tomaran as medidas necesarias.

Estando para levantarse a sesión do 18 de xuño de 1841, presentouse ante a Corporación  Manuel Baliño  veciño desta cidade  denunciando la “Cruceta del Cañado” por onde acostumaba medir o viño o arrieiro Manuel Carballedo aducindo que o pillara infraganti. Acordou o Sr. Presidente e  Srio. Se instruíse expediente.

30 de xullo de  1844, Carlos Paz  veciño da Rilleira de Cesuras  acudiu o cinco do actual o Sr. Intendente  da Provincia   expoñendo  que na extensión  de unha legua  que en circunferencia  ten aquela rilleira na cal extra radio da sisa do viño  so hai tres tabernas colocadas na liña   que conduce a Mondoñedo  a Lugo  e todas nun corto  espazo de medio  cuarto de lingua  en razón da cal  a maior parte do  vecindario  cando  necesita viño  acuden por el ás tabernas limítrofes  que están menos  distantes con prexuízo do arrendatario que nota por isto una falta  de consumo, sendo isto fácil de remediar  coa colocación  dunha taberna  que solicita en termos do Coto da Recadeira  onde a requiren con sobrada razón os veciños da Rilleira de Cesuras que pola súa moita distancia deixan de gastar viño das tres tabernas  aludida. O Sr. Intendente con data do dez pasou instancia informe ás oficinas da provincia  ás que con data de dezasete, este acorda que se escoitase ó concello. Este acorda  que se escoite o pedaneo da Parroquia de Viloalle  así como o arrendatario da sisa dela convocándoos  a este fin a secretaria deste concello onde  se tratara a pretensión do mencionado Carlos.

Na sesión do 6 de maio de 1848 leuse unha instancia   que con data do 4 do actual  fixo o mesmo   D. Domingo Antonio  de Castro veciño da parroquia  de Sta. María de Vilamor  e arrendatario dos dereitos   do consumo do viño  na de Sta. María Magdalena de Coubeira  solicitando  que a corporación se sirva das razóns que expón o ben anular  o remate o do contrarío   tomar o seu cargo a defensa  para que se retire a taberna que no lugar  do Pouso pertencente a parroquia de Santiago de Adelán establecera Antonio Redondas pois que os  siseros de Adelán non poden  conceptuarse prexudicados en atención a que xamais tiveran outra taberna  que a do Cristo  o Mesón e asegurar ó suplicante  na posesión de igual  establecemento fixado  na casa da “Feijoeira” como sitio de costume  a vista, ciencia e consentimento da autoridade municipal do “Alfoz de Castro de Oro”, a cuxo distrito corresponde a parroquia de Santiago de Adelán. O concello consciente de todo elo acorda transmitir un oficio o concello de Alfoz instancia relacionado co  Señor Antonio de Castro para que en virtude de canto nela manifesta e cuxas razóns se aprecian  na parte que corresponde se sirva mandar levar a efecto  o disposto polo señor presidente  en oficio do 16 de abril pasado por estar  en iso conforme  co que se pretende.

O Pan  

Acórdase na sesión do 31 de agosto do 27, que se fixasen edictos  para que en razón do abuso  que se advirte na venda do pan cocido  o por menor  segundo tivo noticia a corporación e con respecto á calidade do mesmo e xa que  polo que se mire o prezo do grao nos mercados  desta cidade  a fin de que solo se venda a libra e pan cocido de boa calidade de trigo  a cinco cuartos: o forraxe a catro cuartos libra e o de centeo a tres cuartos  e medio libra e que  contra o que  contraveña dito mandato se tomen as medidas oportunas.

Sesión do concello do 15 de xullo de 1833 presentou o sr. Presidente  unha instancia con data de onte solicitando  se implore a S. M.  a gracia de mudar a Rúa Pacheco  o nome polo de Rúa da Real Princesa Isabel ou da Xura.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña