22:50 Mércores, 20 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

21-03-2019

A visita do embaixador español Manuel Viturro de la Torre, acompañando o estadounidense Charles S. Shapiro, ao ditador de Venezuela Pedro Carmona Estanga foi un «recado» que cumpriu con gusto o goberno español

España: o país dos recados

Valorar (11)

XURXO MARTIZ CRESPO


Hai uns días aseguraba o ministro de Asuntos Exteriores do Estado español, Josep Borrell, que estaba(n) estudando a solicitude de Estados Unidos de acoller desertores do goberno bolivariano. Borrell declarou que o chamara por teléfono o secretario de Estado estadounidense (equivalente a ministro de Exteriores) Mike Pompeo e o asesor de Seguranza Nacional, John Bolton, para ver a posibilidade de acoller fuxidos do goberno e os seus familiares. 

Esta petición vén da man doutras chamadas de Estados Unidos, ao longo do tempo, dos recentes gobernos españois; dende o de Aznar até o actual de Sánchez. Moitas das posturas e decisión internacionais dos distintos gobernos veñen dunha chamada da Casa Branca.

A visita do embaixador español Manuel Viturro de la Torre, acompañando o estadounidense Charles S. Shapiro, ao ditador de Venezuela Pedro Carmona Estanga foi un «recado» que cumpriu con gusto o goberno español por conta de Estados Unidos.

Tamén o foi a chamada de Aznar a Carmona, o 12 de abril, poñéndose á súa disposición e nunca condenando o golpe de Estado. Máis tarde, Aznar diría que fora Carmona quen o chamara a el… malia que Carmona, ante a pregunta, sempre contestara que o de menos era quen chamara a quen.

Previamente ao golpe, Pedro Carmona visitou Madrid. Alí mantivo xuntanzas con membros da intelixencia estadounidense e mesmamente confeccionou a banda presidencial coa que se autoproclamaría presidente.

Despois chegaría una fervenza de «recados» por parte de Estados Unidos que o Estado español cumpriu de xeito dilixente no que respecta a Venezuela. O primeiro, conceder a cidadanía española a todo canto opositor antichavista mobilice masas. A concesión é extensiva para os seus familiares, chegando o absurdo de que todos os líderes da oposición venezuelana son españois.

Un dos últimos recados foi dar un ultimátum á presidencia de Maduro, recoñecer a Guaidó como presidente e utilizar a embaixada de España en Caracas como despacho presidencial no que recibía a prensa e no que o 12 de outubro Lilian Tintori recibe os convidados xunto o embaixador.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña