23:27 Martes, 10 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-01-2019

Temos, no noso País, polo menos tres lugares con ese chamadeiro: As ruinas da fortaleza de Cedofeita, o pé da vila de Pontevedra; o pazo de Cedofeita, nas terras de Ribadeo e o lugar de SEDOFEITO, no concello de Lousame

Cedofeita : Feita cedo?

Valorar (9)

CÉSAR VARELA GARCÍA



Temos, no noso País, polo menos tres lugares con ese chamadeiro: As ruinas da fortaleza de Cedofeita, o pé da vila de Pontevedra; o pazo de Cedofeita, nas terras de Ribadeo e o lugar de SEDOFEITO, no concello de Lousame.

Temos que engadir o bairro portuense de CEDOFEITA, onde ainda se conserva una preciosa igrexa medieval, amén de varios lugares portugueses que locen este mesmo nome.

Como nos documentos antigos aparece o nome latinizado no xeito de, CITO FACTA, e dado que o adverbio latino CITO expresa a idea de axiña, pronto, no intre ,… levou a moitos toponimistas a explicar o nome como referencia a una construcción feita de presa, sen moito paramento.

Houbo un tempo en que nós sustiñamos que a CITOFACTA pontevedresa sería una fortaleza criada como ponto de “cita”, para concentrar á xente en caso dun perigo externo.

O caso é que, se cadra, o nome xa existía antes de ser construido o Castelo, e iste tomou o nome do lugar xa designado como CEDOFEITA.

A relativa abundancia deste topónimo e de outros CEDOFEITAS , tanto na Galiza como en Portugal fainos levar á conclusión que este nome debía designar algunha construcción de uso corriqueiro no ambiente rural daquel tempo.

Esto, lévanos hoxe, a tomar em consideración a opinión do noso admirado toponimista portugués A. de Almeida Fernandes, cuxa opinión ao tratar das CEDOFEITAS portuguesas,trasladamos aquí:

CEDOFEITA. De “cedo feita”, nada nos autorizando :a recuar a um lat. cito facta : a expressao adjetival do topónimo, porém, e o factor de haver varios casos deste no País levam-me a crer que vigorou um n. comum “cedofeita” (ou forma anterior), cujo sentido só pode ligarse a obra humana , preferentemente edificaçao. O advérbio “cedo”, deberá significar, nao algo de prematuro, mas rápido, por elementar, e esso só o entendo numa arribana ou edificio da categoría, preferentemente pastoril.

Creio que nao é sem relaçao mútua que encontro conjuntos os locais de Cedofeita e Cortes de Cedofeita no concelho de Tarouca, com “corte” uma “cedofeita pastoril” (e”cortes” as “ cedofeitas”): e perante isto, sou levado a encarar a origen e evoluçao *citofacta 1059 > *cidofaita > *cidofeita, “cedofeita”.



Parécenos moi certeira a opinión do Almeida Fernandes de que nos atopamos diante de un nome de procedencia pastoril e por tanto que os castelos , torres , capelas e pazos deses lugares, foron edificados posteriormente e adoptaron o nome preexistente de, CEDOFEITA.

O que ousamos refutar e, que a orixe do nome estea na CITO FACTA que aparece nos documentos; mais ben pensamos no étimo de, COETUS FACTA, onde COETUS significa : unión, xunta, e ainda, bandada de animais.

Estaríamos diante dun étimo que explica a xuntanza de greas de diferentes donos ; como a MESTA castellana.

Unha COETUS FACTA,ou , CEDOFEITA, sería pois, un curro ou redil para xuntar diferentes manadas ou greas, e sería equivalente a un MEIXÓN ou AMEIXOADA, que nós propomos proceder dun, MISCIONE, ou mixtura.

MEIXÓNS, AMEIXOADAS, LABANDEIRAS, FRIEIRAS e agora CEDOFEITAS, serían nomes que nos ilustran da importancia que debeu ter a creación de gando nos nosos montes.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña