11:56 Domingo, 08 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-12-2018

Iste nome procede do latino, LAUDATOR, e daí pensamos que procede o nome do enxebre bairro vigués de LAVADORES

Lavadores: o nome dun bairro vigués que xa foi concello

Valorar (8)

CÉSAR VARELA GARCÍA


Rexistramos este lugar de Vigo, como único nome desa feitoria, na nosa Terra; ainda que hai una media ducia de freguesías do mesmo nome, no viciño Portugal.

Recollemos as teorías que asocian o seu nome a  fontes e lavadeiros , e que incluso o remontan a unha antiga raíz prerromana,”LAV-” en referencia a correntes de agua e mananciais. As nosas ideas van por camiños moi diferentes.

Lemos no Viterbo : LAUDO: o mesmo que “laudimio” ou “laudemio”…. Mas, entre nós, nao foi o mesmo “laudo” que “ laudemio”.Este é o consentimento, aprovaçao e autoridade que o direito senhorio dá para a venda ou alienaçao de coisas, que lhe sao foreiras; o que antigamente, se chamava “laus” ou “laudatio” porque, de algum modo, se dava o louvor a tal alienaçao ou venda.E, para este consentimento, se dava ao senhoriouma certasuma de dinheiro,….ou como no contrato enfitéutico se estipulava; a esta soma de dinheiro se costumou a chamar “laudemio”.

O “laudo”,tendo a mesma origen,chegou a ter diferente significado, pois é a sentença ou decisao do juiz árbitro, que tambem se disse “LOUVADO”,…que os antigos chamavam “laudator”, á sua sentença “laudum” e, á acçao de sentenciar,“laudare”. Tambem se disse “louvar” por aprobar, conceder e, mui libremente, consentir.

Así, aparecen an antigos documentos expresións como : “Et ego,…donat, LAUDO e concedo”, ou “…outorgamos e LOUVAMOS.”

E  ainda lemo : Venda: laudémio, que se pagava da fazenda aforada, que se vendia. No de 1251, D. Pedro Gonçalves, bispo de Viseu e o seu cabido,deram foral aos moradores do seu couto da mesma cidade, e nele permitem  que possam vender as suas propiedades mas a quem lhes pague o seu laudémio. E se algum caseiro quiser vender, que nós ajamos a venda (ou sexa, o laudémio ).

Nós, xa nos tiñamos atopado, en antigos documentos que , cando había dúbidas encol de marcos antigos ou delimitacións de propiedades, o recurso aos personaxes mais vellos do lugar ( os vedraños), que actuaban como testimuñas de verdade, e que recebian o nome de LOUVADOS.

Iste nome procede do latino, LAUDATOR, conforme nos ilustra o Viterbo, e daí pensamos que procede o nome do enxebre bairro vigués de LAVADORES. LAUDATORIS >LAUDADORES >LAUADORES >LOUVADORES ou LAVADORES.

Iste LAUDATORIS, debeu ter duas evolucións paralelas, unha popular e outra culta; conforme temos sinalado nos casos de, CASTELA e CASCHA; SEARA e SENRA , e outros mais…….

A solución popular sería LOUVADORES, pero debeu trunfar a ilustrada, a que figuraba nos escritos, que foi, LAUATORIS, e daí o noso  LAVADORES de hoxendia.

Ren a ver pois, con fontes, lavadouros nen raíces prelatinas , e tudo a ver co antigo oficio de , ou dar testimuña no xuicio, ou dar fé da veracidade dos marcos no terreno.

Porque estando o étimo claro, xa non estamos tan certos no seu significado.

1) A primeira opinión sería, que estamos diante dunhas terras cuxo foro feudal ou “enfitéutico” foi pagado ao señorío que concedeu o seu “laudemio” ou “ placet”.

Serían estas terras poseídas por novos proprietarios que terían accedido á posesión por este procedimento  do “laudatio”, e por tanto recebian o nome de LAUDATORIS> LAUADORES  ou LAVADORES; sería como un sinónimo de labregos donos , ou libres do pago do foro, e por tanto, xa non serian nen servos, nen caseiros. Seica estaríamos logo,  diante  dun caso premonitório da “redención dos foros”, que ainda chegaron cuase aos nosos días.

Serian terrenos liberados do “foro” feudal mediante o pagamento do LAUDO, e por tanto estas terras ou os seus HABITANTES gozarían do nome de LAUDATORES ou LAVADORES.

2) Unha segunda posibilidade seria  a de que o nome dos LAUDATORIS, se referise, simplesmente, aos MARCOS que delimitaban as terras.

Pensemos na palabra TESTIMUÑA, que se refire a unha persoa que declara en xuicio, como o LOUVADO, mas a palabra derivada: TESTEIRO, xa se usa na toponimia como marco ou fronteira.

Do mesmo xeito un, LAUDATOR ou LAVADOR poderia ser o nome da persoa que pagou a LAUDA ou foro;  pero tamén poderia ser o nome dun marco delimitatorio, e así LAVADORES, equivalería ao lugar onde estaban os marcos delimitadores dunha antiga divisória. Cumpriría afundar mais na historia e nos vellos documentos para atopar unha luz que nos ilustrase esta dúbida.  





Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña