19:21 Xoves, 21 de Febreiro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-09-2018

O contido do documento para a primeira revisión do Plano forestal de Galiza, ven sendo mais do mesmo

Primeira revision do plano forestal de Galiza: consenso ou imposición?

Valorar (3)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ



Ate o dia 5 do vindeiro mes de Outubro, está en período de información pública ,e xa que logo , aberto para a presentación de achegas,o documento para a primeira revisión do Plano forestal de Galiza .Documento elaborado ideoloxicamente pola Consellaría do Medio Rural que conta co visto bo da maioría ,non de unanimidade ,dos membros do Consello Forestal de Galiza .Xa que logo , e un documento carente de consenso .

O contido do documento para a primeira revisión do Plano forestal de Galiza ,ven sendo mais do mesmo .Mais do mesmo e se cabe , reforzado inclusive , a política de montes que ven executando o Partido Popular desde que retornou ao poder na Xunta de Galiza .Política de montes que se enmarca fundamentalmente en dous eixos : O de considerar como o forestal(especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos) ,a única produción do monte e a incautación dos montes veciñais en man común para entregarllos  de balde as empresas forestais privadas .

De xeito esquemático ,podemos dicir  que o documento para a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza contempla: o favorecemento da industria da madeira de baixo valor engadido ,o aproveitamento da biomasa forestal con fins exclusivamente enerxéticos ,a supeditación das funcións sociais e medioambientais a función produtiva ,o entender a problemática dos lumes forestais como unha actividade incendiaria individual ,o seguir coa privatización da loita contra os lumes forestais na faceta de extinción , o non apostar por formulas  de xestión conxunta de montes de particulares ,como son as unidades de xestión forestal (uxfor) , potenciando exclusivamente as sociedades de fomento forestal(sofor) ,que é unha xestión ,só empresarial dos montes ,...........

A xeito de resume  podemos afirmar que o contido da primeira revisión do Plano forestal de Galiza ,pon todo o monte galego ao servizo da industria forestal e da madeira .Tal é así que mesmo contempla unha medida específica para tal fin .A medida intitulase “Programa estratéxico para o fomento de madeira de calidade e o abastecemento a industria da madeira e do aproveitamento da biomasa forestal .Esta medida hipoteca a posibilidade de acadar un monte multifuncional e sustentábel .Boa proba deso son as recentes declaracións públicas do Director xeral de ordenación e planificación forestal que ven a dicir que se a industria forestalista e madeireira precisan mais superficie para eucaliptus ,pois haberá que proporcionarllas.

Hipotecará de tal xeito que mesmo se un dia ,por unha rara conxunción dos astros , o Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal ,entendese como acaída o contido da Iniciativa Lexislativa Popular  intitulada “ Pola defensa do bosque autóctono ,para a xestión racional dos montes e a loita contra os lumes forestais”,promovida pola Alianza Rural por un medio rural galego e vivo e por Cousa de Raíces ,podería levala adiante ? .Non.Non podería .Bastaría para votala abaixo un informe  da industria forestal e da madeira no que explicase que a superficie actual  das plantacións de eucaliptos (e se cadra algunha mais ) , e necesaria para abastecer as súas industrias .Automaticamente a Iniciativa Lexislativa Popular quedaría anulada xa que propón ,entre outras cousas , unha moratoria  nas plantacións de eucaliptos ,a eliminación de esta especie forestal  de diversas superficies (terras agrarias ,masas mixtas , figuras de protección medioambiental.......) E dicir ,propón unha ordenación do monte .

O contido do documento para a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza , plasma a política de montes que esixe o loby madeirista e forestalista .Cando falamos de este lobbie ,sempre veñen a mente as dúas grandes empresas do sector .Mais ,non son só elas .A este lobbie hai que engadirlle ,todos os compoñentes do Consello Forestal de Galicia agás os representantes dos grupos ecoloxistas , o SLG e a Orgaccmm .De aí que non sexa certo que o contido da primeira revisión do Plano Forestal de Galiza ,sexa produto do consenso do sector .Hai catro organizacións ,que forma parte do Consello Forestal de Galiza que rexeitaron o documento .Postura a que se debería engadir a daquelas outras organizacións que ,sen formar parte do Consello Forestal de Galiza , si que viven ,traballan ou xestionan o monte e o medio rural .

Polo tanto ese consenso do que moito falan a Consellería do Medio Rural e os compoñentes do lobbie forestalista  non é tal .Como moito e un consenso inter-.pares .E un consenso inter-pares , traducido ao linguaxe común , non e consenso .E imposición .De aí a campaña brutal que o lobbie forestalista e da madeira fixeron nos medios de comunicación social para trasladar a sociedade galega a idea de que o contido da primeira revisión do Plano Forestal de Galiza é un documento consensuado .Dime do que presumes e dirás o que non es .Campaña que os medios de comunicación social coidáronse de que non aparecesen voces discrepantes .

O contido do documento para a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza ,impedirá , ao menos durante vinte anos ,o logro de un monte e de un medio rural multifuncional e sustentábel .As entidades e as organizacións do Pais que entenden que outra politiza de montes e do medio rural e posíbel ,deberiamos dar unha resposta conxunta a ese documento .Resposta tanto formal (presentación de achegas ) ,como mobilizadora .Cando falamos de que outra política de montes e do medio rural e posíbel ,non estamos falando de sonos ou de fantasías .As bases de esa outra política existiu (foi na consellaría do medio rural  dirixida politicamente polo BNG no goberno bipartito ).

A resposta conxunta das organizacións e entidades que non formar parte do lobbie forestalista ao documento para a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza é necesaria .Nas nosas mans está o logralo ou cando menos intentalo .



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña