04:03 Luns, 23 de Xullo de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

21-05-2018

Hoxe no FMI o poder fáctico dos EEUU é determinante, pero China vai liderar o comercio mundial no vindeiro decenio

As queixas de Christine Lagarde

Valorar (8)

FRANCISCO GRAÑA


A directora xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), xunto co Banco Central, mandan unha serie de mensaxes aos gobernos das grandes economías do mundo, aos EEUU e China, cargados de reproches e lamentacións.

Lagarde non entende, e critica a postura de Trump e a súa política económica agresiva e proteccionista que entorpece o comercio mundial, pois manifesta que o comercio mundial vai moi ben, con altas taxas de crecemento dos beneficios empresariais, grazas ás políticas de axuste impulsadas en Occidente polo FMI baixo a súa xestión, que fortaleceron as economías occidentais incluída a estadounidense. Lagarde, non ten en consideración o incremento da miseria, pois é a contrapartida necesaria; pero que Trump tenta trasladar ao resto do mundo, EEUU primeiro, que é o Imperio Unipolar, e que por outra banda Lagarde non o cuestiona, todo o contrario, pero para ela os pobos non contan, e si os capitais que son globais e internacionalistas, por iso, tamén critica adoptando unha postura de árbitro entre as dúas grandes economías do mundo, lanzando mensaxes “duais”. Por un lado critica as políticas económicas de Donald Trump na defensa dos intereses  nacionais dos EEUU, e por outra fai unha critica permanente a China pola súa postura opaca, que non coordina co FMI e, xa que logo, desestabiliza o Mercado Financeiro. China superou aos EEUU en canto a concesión de préstamos, con taxas de xuros máis baixas, e a diferencia do FMI sen facer preguntas innecesarias, nin impoñer políticas de axuste.

Hoxe no FMI o poder fáctico dos EEUU é determinante, pero China vai liderar o comercio mundial no vindeiro decenio, e por iso, Christine Lagarde ameaza con mudar a sé do FMI para  China nos próximos dez anos, haber se así conserva o seu emprego, xa que cobra máis de  350.000.-  euros ao ano, pois para aquela é difícil que continúen os rescates financeiros  do FMI como o que hoxe se pretende para a Arxentina do dereitista Mauricio Macri, que se ben supón unha choiva de dólares para ele e os seus amigos, deixará ao pobo arxentino sumido na miseria dunha profunda crise, como aconteceu xa no pasado e continuarán producíndose estes feitos.

As contradicións entre as grandes economías, as occidentais por unha parte en pleno proceso de decadencia irreparábel, cos EEUU a cabeza, e por outra, a emerxente con China, dotada  dunha estrutura económica ben planificada, que tirou da pobreza, antes foi da miseria, a máis de  800 millóns de habitantes, e que vai superar aos EEUU e este non ten unha solución pacífica, pois os EEUU cos seus poderes fácticos (O Estado profundo), non poden permitir que a Globalización imperialista capitalista, deixe de acumular a riqueza nunha elite constituída por unha ínfima minoría.

Uns sectores políticos que se sitúan nunha esquerda globalista alter-mundista propoñen traballar por unha fronte humanista internacionalista e sosteñen que as contradicións dos procesos globais non son o problema relevante, e o reducen a pouco máis que “As queixas de Christine Lagarde”. Manifestan no nome da democracia e o pluralismo que o principal e grave atranco  que atopa o proceso de mundialización para ter un desenvolvemento democrático, e que incluso pon en perigo a paz mundial, constitúe-o a existencia e emerxencia de poderes nacionais fortes, que antepoñen a Soberanía e Autodeterminación para defenderse fronte ao acoso sistemático do inxerencismo occidental para tentar de convertelos e encadealos aos seus valores, financiando e recorrendo á subversión e á  forza se é necesario, o que impón a militarización da sociedade do pais para manterse independente, e xaora, nunha  potencial bomba de reloxaría.

Sen negar, desde esta esquerda política os conflitos de intereses entre os Estados das grandes economías, o argumento principal que esgrimen, é a afirmación de que todos son imperialistas  e capitalistas, sendo os seus enfrontamentos causados pola disputa da influencia xeopolítica no mundo, aínda que defenden que a democracia e o pluralismo son valores occidentais que deben situarse por enriba da Soberanía das Nacións, no caso de conflito entre Soberanía e Democracia,  que nos feitos sempre se presentan como un conflito entre a Soberanía Popular e a  Democracia das Elites económicas.

En fin, parece que a decadencia e debilidade económica occidental, aínda se compensa amplamente coa gran potencia militar do Imperio Unipolar capitalista estadounidense, a pesar  da súa derrota militar en Siria, que puxo en valor a importancia dos poderes nacionais fortes  dos pequenos países soberanos, para escarnio dos globalistas defensores da democracia e o pluralismo elitistas.




[21-05-2018 23:24] dores comentou:

Pois si, gran valor occidental a defender: a democracia elitista! Sempre interesante!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal