22:23 Luns, 22 de Outubro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-12-2017

Nos primeiros anos en Mondoñedo comezaría a amosar xa as súas dotes como debuxante o mociño Santiago

Santiago Pernas Salazar, fotografo mindoniense

Valorar (13)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA




Nado en Viveiro o 4 de Novembro de 1881 ás cinco da tarde, era fillo de D. José Pernas Díaz e da súa muller D.ª Ramona  Díaz Salazar y Martínez veciños da parroquia de Santa María de Viveiro, rúa do Sol. Recibiu os nomes de Santiago Valentín Domingo Pernas Salazar. Foron  padriños do seu bautizo Santiago Fernández  e Fernández, solteiro e veciño de Santiago de esta vila e María Pernas solteira irmá do bautizado.

 O seu pai era Capitán da Garda Civil, nacera en Santa María de Cabanas, Riobarba,  era fillo de Ignacio Pernas, natural da dita parroquia e de Vicenta Díaz  de San Pantaleón de Cabanas en Ourol. Pola súa banda a nai, Ramona Salazar Martín, nada en Betanzos, era filla de Jesualdo Salazar, natural da parroquia de San Antolín, en Murcia e de Vicenta Martínez de Santa María de Lieiro (Cervo).

Os avós maternos levaban uns anos residindo en Viveiro, dedicábanse ao comercio e vivían na Rúa de Mina (do Medio) , número 24, nunha casa  señorial con arada de medio punto e escudo da familia Ares Vizoso.

Santiago foi o mais novo dos cinco fillos que tiveron José Pernas e Ramona Díaz. María del Amparo Rogelia Vicenta nada o 27 de xaneiro de 1870 sendo os seus padriños na pía bautismal, Don Jesualdo natural de San Antolín e tío da nena e Doña Vicenta natural de Lieiro, Vicenta Emilia Ignocencia nada o 28 de nadal de 1871 os seus padriños foron D. Jesualdo en nome do seu fillo Emilio ausente e Doña Vicenta, José Pablo Florencio nado o 25 de Xaneiro de 1874, os seus padriños foron Don Florencio Pla de Sampedro e súa irmá Doña Rosa e Jesualdo Hilario nado o 6 de Febreiro de 1876, e os seus padriños de pía foron os avós maternos.

Os primeiros anos de súa vida, en Viveiro foron dunha situación económica boa, derivada do cobro de rendas familiares e do retiro do pai. Santiago iniciou os seus estudios na escola pública  da man do mestre Justo Pico de Coaña, natural de Ribadeo.

            Traslado a Mondoñedo   
          

Por mor dos estudios dos irmáns maiores, José e Jesualdo, os cales ingresarían no Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo, a familia Pernas Salazar trasladouse a vivir á cidade episcopal. Alí comezaría a amosar xa as súas dotes como debuxante o mociño Santiago, mentres que o seu irmán maior José avanzaba nos seus estudios  sacerdotais  como alumno externo, ao tempo que obraba certa sona como escritor con colaboracións literarias nos semanarios locais ou mesmo no diario da capital da provincia “El Lucense”. Entra en contacto no seminario con Antonio Noriega Varela, co que comparte o seu amor á literatura e a súa ideoloxía carlista para desgusto e oposición do seu pai o capitán José Pernas.

En Mondoñedo se instalan na rúa do Ponte.

Os anos noventa tiveron cheos de malas novas para a familia Pernas.  A súa irma María del Amparo Rogelia Vicenta, o 19 de setembro de 1890 morre logo dunhas febres tifoideas. Recibiu sepultura o día seguinte, tiña 20 anos e a súa función de enterro acudiron nove señores sacerdotes, dous cantores, dous nenos de coro e “bajon”  e se celebraron o mesmo tempo dúas misas rezadas ademais da solemne cantada. Algún tempo despois, o capitán José Pernas tivo a desgraza de disparárselle un revolver  recibindo feridas graves nunha man. As desgrazas non acaban, pois vemos que o 30 de xuño de mil oitocentos noventa e catro  apareceu afogado no río Ouro termino chamado “As Covas” na parroquia de San  Pedro de Mor José Pernas Salazar. Era alumno de terceiro ano de Teoloxía. Recibiu sepultura o primeiro de xullo, despois de que o xulgado  municipal practicara as súas dilixencias e se lle practicara a autopsia.

Esta nova a podemos ver en dúas notas de prensa: No Rexional con data de 5 de xullo de 1894 que dí: “Dicen Mondoñedo”: “Una nueva y terrible desgracia sufre en estos días  la familia del Capitán retirado de la Guardia Civil José Pernas. No hace muchos años  que fallecio la hija mayor del mismo victima de una fiebre maligna; al poco tiempo se le disparo un revolver al Sr. Pernas hiriendole  gravemente en una mano y el sábado  se ahogo en el Valle de Oro a donde había ido pasar unos días el hijo mayor, alumno  externo de este Seminario D. José Pernas Salazar, que al parecer sufrio un síncope tan pronto entro  en el agua de la que salio cadáver”.

E no “Eco de Galicia” número 101 pon: “Leemos en la “Idea Moderna” del 5 de Julio. Uno de estos últimos días, el jovén alumno del seminario mindoniense D. José Pernas, fuese a tomar un baño al río Oro en la parroquia de San Pedro de Mor (Alfoz). Tan pronto entró  en el agua acometide un síncope y la corriente le arrastró, ahogándose  el infeliz, sin que se le pudiera prestar auxilio alguno pues cuando  le sacaron del agua ya era cadáver. El infortunado  Sr. Pernas  contada la edad de 20 años y dicese que no tardara  en recibir las sagradas órdenes. Pertencía á una familia muy conocida en Mondoñedo, que hace algún tiempo viene sufriendo terribles desgracias”.

Logo da morte de José os irmás Pernas  continúan os seus estudios eclesiásticos, aínda que ningún se chegaría a ordenarse. Jesualdo marcharía a emigración para Cuba.

A Voz de Galicia do 9 de Setembro de 1896 ten a nova seguinte: “D.ª Ramona Salazar de Pernas y su hijo Santiago abandonan la playa de Covas con destino a Mondoñedo”.

O xefe da Brigada da Mariña de Ferrol, declara que Santiago Pernas foi declarado inscrito para o servizo da Mariña o 2 de decembro de 1900. Non pasou o servizo activo por haber sido excedente de cupo.

O sábado 20 de xuño de 1903  no xornal mindoniense “La Voz de Mondoñedo” e reproducido posteriormente polo Eco de Vivero, segundo nos dí Carlos Novo Cal, o historiador mindoniense Don Eduardo Lence-Santar  publica un traballo dedicado a Santiago Pernas, co título de “Un artista mindoniense”, o cal reproducimos:

 “ Debido á la bondadosa atención de mi amigo D. Santiago Pernas Salazar tuve ocasión de ver algunas  de sus preciosas  obras artísticas desconocidas por muchos mindonienses.

No es mi tosca  pluma la llama  a describir los preciosos  cuadros del pintor  aficionado Sr. Pernas. Por lo tanto mi reseña, será solo una sombra de lo que aquellos  representan.

Dos son los que particularmente  llaman la atención: el uno, representa la pintoresca y antigua capilla de San Ramón de Viloalle, viéndose  admirablemente  trazados los fiondosos árboles  que la rodean así como el pórtico y campanario que  a luz clara hablan de la vetustez de la ermida.

El sol, poniéndose  en un horizonte triste, de pálidos  resplandores, hace  del paisaje en cuestión un trabajo sorprendente  de “efectos realistas”.

El otro cuadro es una preciosa marina con varias embarcaciones, entre  las que, dos grandes  vapores  con aire magestuoso, surcan rapidamente las aguas del azulado mar dejando atrás gruesas columnas de humo que á borbotones salen de las chimeneas en el espacio infinito “la rubrica del progreso”. El más insignificante  detalle está perfectamente representado .

Desde la sombra  reflejada en el mar por las embarcaciones, hasta los trinquetes y mástiles, todo es digno de aplauso para el modesto pintor.

Pero no es  solo en paisajes donde el amigo Santiago denota  su ingenio: para el retrato  reune condiciones especiales que hace ostensibles  en dos grandes  lienzos que tienen por asunto  las imágenes del Corazón de Jesús y de María respectivamente.

Concluyo dando  el más cordial parabién al aficionado pintor, deseandole siga adelante por el camino emprendido, con la conseguira llegar á enaltecerse á si propio y tambien a Mondoñedo, su pueblo natal”.

No diario o “Norte de Galicia” de Lugo con data de 16 de xaneiro de 1904 hai unha nova que dí: “Un nuevo cuadro representando al popular José Rodríguez (a) Chilindrón que el joven y aficionado pintor D. Santiago Pernas Salazar acaba de pintar y se exhive  en el comerio de D. Antonio Cabanas calle de Padilla 1, demuestra el exquisito  justo, delicadeza y perfección que le acompaña y que le coloca a la altura  de un buen maestro en su clase. Doy la más cordial enhorabuena al Sr. Pernas”.

No mes de febreiro deste ano debido as fortes choivas que houbo na rúa da Ponte  se derrubaron parte das paredes da horta do Capitán retirado José Pernas.

No escaparate da Librería de Lombardía  puidose ver un óleo de un paisaxe dos arredores de Mondoñedo, setembro do 1904.

En 1905 ingresa na excedencia no corpo da mariña o un de xaneiro e quedando exento o 31 de decembro deste año.

No xornal de “Todo un poco” de fecha 15/1/1905 o señor V. López lle dedica un  artigo titulado “Los fuegos fátuos”.

Na revista “Blanco y Negro “ do oito de xullo de 1905 puidose ver una fermosa fotografía do enterro do bispo Fernández de Castro , ainda que firmada polo sr. Lombardía e obra de Santiago Pernas Salazar, quen mandou a proba a citada revista por mediación do Sr. Lombardía como correspondente da mesma revista.

O 29 de Xaneiro de 1906 morre o seu pai, Don José Pernas Díaz, recibe sepultura do día 31 no cemiterio de Mondoñedo recibindo funeral de segunda clase. A voz de Mondoñedo dí: “Ha fallecido  en esta ciudad el día 29 del próximo pasado mes a la respetable edad de 91 años  el capitán retirado  de la Guardía Civil, Caballero de la Real Orden Militar de San Hermenegildo, D. José Pernas  Díaz. A la función  de entierro  y conducción de su cadáver  a la última morada, verificadas el miércoles último  concurrio numeroso y distinguido público.”

En maio do ano 1906 foille concedida a pensión anual de 750 pesetas a D.ª Ramona Salazar Martínez viuva do Capitán D. José Pernas e nai de Santiago.

Na Voz de Mondoñedo do día 8/12/1906 ponse: “Hemos tenido ocasión de ver una  fotografía de Santiago Pernas, es una vista de la villa de Foz tomada desde la Playa. En ella se nota  los adelantos artísticos  pues va con tanto detalle  que más parece la copia de un cuadro que una fotografía”.

En xuño de 1907 regresa de Meira Santiago Pernas. Por setembro dese ano vai para Foz e a finais saíu cara Madrid, instalándose na vivenda do seu curmán Francisco Pernas Álvarez, que tiña no segundo andar  do n.º 40 da Rúa do Avemaría. Alí entrou de aprendiz  no estudio dun recoñecido  fotógrafo e se familiariza coa realización de numerosos retratos de artistas, cupletistas, toureiros, políticos e persoeiros.

Novamente na Voz de Mondoñedo con data 1/02/1908 anunciase o regreso de Santiago Pernas de Madrid, despois de pasar una temporada nun dos mellores gabinetes fotográficos. Di “viene enterado de todos los  procedimientos modernos relativos a dicho arte”.

No número 9 de setembro de 1909 da revista “Vida Gallega”, Santiago Pernas é o autor da información Gráfica como correspondente artístico da Vida Gallega na visita do redactor Antonio Bello Varela a Mondoñedo.

O seu primeiro estudio fotográfico o instalou na casa materna, na rúa da Ponte. O nome del foi “Modernista Pernas” e mostraba a fonda pegada que deixara nel o Madrid bohemio e vangardista feito que tamén se reflectía mesmo na letra e nas orlas decorativas que elixira para encadrar os cartóns onde se pegaban as fotografías.

Ademais de cultivar a pintura e a fotografía participaba activamente nas tertulias da rebotica de Joaquín Cunqueiro, co que mantiña una fonda  amizade.

Santiago Pernas realizou frecuentes viaxes a Coruña para visitar o gabinete fotográfico de Pedro Ferrer, ben para adquirir material e novos aparatos ou para perfeccionar a súa técnica fotográfica. Contaba entre as súas cámaras que empregou dúas de fuelle: unha Vigtlander de 20x25 con respaldo de 6x9 e una Leika de 10x15  de tamaño universal que se cargaba con  placas de cristal  emulsionadas a distintas sensibilidades. Os telos que se usaban no seu estudio eran obra del.

Novas postais fotográficas. Ano 1910.

Puxéronse a venda no estanco  e papelería de D. Jesús Lombardía. O seu custe era de 1,5 pesetas. Son “charoladas” e foron feitas nunha acreditada  litografía de Alemaña. Son 10  tarxetas. Os asuntos son  O seminario, Hospital de San Pablo, Catedral, Santuario dos Remedios, parroquial de Santiago, Asilo de Anciáns, vista xeral do pobo, praza da constitución, campo dos Remedios  e o kiosko Bos Aires. As fotografías foron obtidas por Santiago Pernas.

No ano 1912 Santiago Pernas colabora con unha peseta para as señores e señoritas da Xunta encargada de arbitrar recursos para os feridos e familias da campaña de Melilla.

O 3 de abril quedou constituída unha nova Sociedade Club Deportivo Mindoniense da cal forman parte entusiastas persoas amantes do ciclismo-foot-ball etc.  A xunta directiva está formada da seguinte forma:

 Presidente. Nicanor González Alonso Vice- Santiago Pernas Salazar. Secretario: Graciano Fraga Vocais: Alfredo Martínez             José Castañeda

O día 22 de novembro de 1913 ás cinco da mañá contrae matrimonio don Santiago Pernas Salazar na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Doña Geñerosa Moiron Paz, de vinte e tres anos veciña da rúa Febreiro e filla de Don Pedro Moiron Carballo e Doña Elvira  Paz Alonso  defunta, naturais o pai de Bretoña e a nai do barrio do Pasatempo do Carmen de Mondoñedo, onde tamén naceu a súa filla Generosa. O pai non lle deu o seu consentimento como consta no expediente matrimonial. Una das testemuñas foi Joaquin Cunqueiro Montenegro. O diario de Galicia do 29 de novembro lle dedica o seguinte : “Bodas: Mondoñedo, la señorita  Generosa Moiron Paz y D. Santiago Pernas”.

No ano 1914 o día 7 de Xullo nace a súa primeira filla Dona Elvira Pernas Moirón, na súa casa da rúa do Ponte foron os seus padriños Don Joaquín Cunqueiro Montenegro e a veciña de Fazouro,  Rosa Sampedro del Valle.

O 24 de xuño nace o seu segundo fillo Jesualdo Pernas Moiron na rúa do Ponte, foron os seus padriños D José Antonio Moiron Paz, presbítero residente en Montevideo e Doña Ramona Salazar aboa e tío do bautizado.

No mes de Outubro o 30 nace o seu terceiro fillo Jaime foron os seus padriños o crego D. José María Yanes Fraga e a referida aboa paterna.

No ano 1920, o 24 de agosto morre o seu fillo Jaime.

Co nacemento do seu cuarto fillo xa estaban residindo  nos Muiños de arriba, pois  o pon na partida de Susana a cal nace o 24 de xaneiro de 1921 as vinte e una horas, foron os seus padriños Joaquín Cunqueiro Montenegro e Doña Vicenta Pernas Salazar irmá de Santiago e residente en Bos Aires a cal foi representada pola aboa materna. Pouco durou a alegría na casa de Santiago pois o día seguinte o seu fillo Jesualdo morre.

Susana morre o 3 de outubro  deste ano os oito meses de eclampsia.

Neste mesmo mes Santiago Pernas participa activamente e desinteresadamente  no homenaxe a Leiras Pulpeiro e queda a súa marca na execución dos adornos do mausoleo do para dito acto.

No “Progreso, diario liberal” do 5 de febreiro do ano 1922.

“Las elecciones municipales- Los candidatos protestan. Hemos recibido un telegrama en el cual los candidatos señores D. Candido Carreiras  Domenech , D. Jorge González Redondo, Don Joaquin Cunqueiro Montenegro, Don Jorge Vijande García y Don Santiago Pernas Salazar nos participan  que protestan, como candidatos  agrarios  de los atropellos y de las coacciones  electorales realizados por el alcalde  Sr. Alvarez Mon y por el Secretario del Ayuntamiento  Sr. Sánchez Graña amenazando a los electores  perjudicando en los expedientes  de quintos y reparto de consumos. El médico titular  y forense Sr. Fanego Salaverri  recorre las casas de los electores sirviendose de su cargo para ejercer presión. Dirigen  los candidatos agrarios su protesta al Sr. Ministro de la Gobernación y al Sr. Ministro de Gracia y Justicia suplicando  a la prensa hágase  eco de la justicia  de la protesta. Tememos dicen los candidatos  alteración de orden sino se garantiza  la libertad electoral.

Comenzo la concentración de la Guardia Civil proponiéndose traer mucha mas- sigue diciendo el despacho- amenazando los caciques  civiervistas con dener a los candidatos. Protestamos  de los alardes de fuerza sin motivo  justificando, teniendo  ser victimas  de alguna estraña  inventado por gente  mapleante por caciques asalariados termina  el despacho que publicamos accediendo  al deseo de los candidatos agrarios.

Entre as licencias de pesca que o distrito forestal Ourense-Lugo expediu neste mes de Marzo de 1922 figura a Santiago Pernas.

O día un de abril de 1922 nace a súa filla Susana a cal foi  bautiza o 26 de abril  sendo os seus padriños José Antonio Moiron Paz tío materno ausente e Josefa Lombardía Cayeiro representaba o padriño Joaquín Cunqueiro Montenegro.

Jorge González Redondo  apoio as pretensións de D. Santiago Pernas no concello en canto a facer una  pequena obra na súa casa, fundándose en que igual permiso se lle había concedido para a súa a D. Antonio Febrero, facendo resaltar a irregular conduta do concello.

O xornal “La Provincia” con fecha do 28 de xullo do ano 23 di: “Después de trece años de ausencia regreso de la Argentina la hermana de nuestro buen amigo y notable fotógrafo D. Santiago Pernas Salazar”. Estase referindo a Vicenta Pernas.

No mes de Decembro do ano 1923 o día 1 nace o seu fillo Jaime e foi bautizado o día seis sendo padriños D. Joaquin Cunqueiro Montenegro e Elvira Pernas Moirón irmá do bautizado.

Neste mesmo ano colabora no Álbum fotográfico que a sociedade “Mondoñedo y Distritos” en Bos Aires pública. O título do mesmo era Do Noso Lar. Álbum Artístico- Literario. Todas as fotografías eran de Santiago Pernas, sendo algunhas delas reproducidas en “Vida Gallega”. Nel se conten una foto do mencionado e una pequena biografía onde se o describe como “mago del pincel y del objetivo”.

A irmá de Santiago, Vicenta Pernas Salazar deixou de existir o 15 de abril do 1924.

Na sección de anuncios da Voz de Mondoñedo  do 17 de xullo do 1924  hai unha nota que pon: “En los talleres mecánicos de carpintería de don Santiago Pernas Salazar, necesítanse operarios  y aprendices”. Neste mesmo ano Santiago Pernas é o encargado de confeccionar mesas Bipersonales, placas murais e bancos para párvulos para a escola de Zoñan.

No xornal “O Ideal Gallego” con data do 18/01/1925 aparece a seguinte nota: “Estos días estuvieron  expuestos  al publico dos hermosos  juegos de comedor  confeccionados  en los talleres mecanicos de nuestro  asiduo suscriptor Señor Pernas Salazar, trabajo  que ha llamado justamente la atención de tecnicos y profanos. Nuestra felicitación al Señor Pernas y a sus inteligentes operarios”.

E o derradeiro fillo nace o dezasete de maio de mil novecentos vinte e cinco sendo bautizado o primeiro de xuño. Foron os seus padriños D. José Antonio e Josefa Moiron Paz tíos maternos do neno.

O 22 de Xaneiro “La Voz de Mondoñedo”, no n.º 1166 trae a seguinte nova: “ Un incendio.

A las dos y media de la madrugada  del sábado último, las campanas de la Catedral  tocando a fuego, sembraron la alarma  en toda la población. La casa número 32 de la calle Méndez Núñez, era pasto de las llamas. Habitábala el industrial dedicado a la compra-venta de cerdos, José Iravedra Lugilde, quien en unión de su esposa e hijos pudieron salvarse arrojandose  por una ventana en ropas menores.

El primero que noto el incendio fue el fotógrafo  Sr. Pernas que a la sazón pasaba  por la calle, quien  al darse cuenta  de lo que ocurria dio la voz de alarma”.

El Correo gallego con data de 27/10/1929 dí: “Labor artística  la viene realizando el acreditado fotógrafo de esta ciudad don Santiago  Pernas Salazar impresionando hermosos  paisajes  de esta comarca por encargo de la importante  entidad gallega  domiciliada  en Madrid Lar Gallega. Tiene esto por fin el hacer una perfecta  exposición de esta clase de trabajo”.

Na chegada a Mondoñedo do bispo Benjamin Arriba y Castro  engalanase a cidade e na confluencia da rúa Progreso  e da praza da Constitución había un arco de triunfo de madeira pintado de branco con escudos nas columnas, tendo no centro da arcada dando fronte a praza a seguinte inscrición: “Mondoñedo a su dignísimo Prelado”. Os escudos foron pintados por Santiago Pernas e correspondían o prelado, de Galicia e de Mondoñedo.

Os anos da Guerra Civil 1936-39 tamén lle afectaron pois este era un home de ideas progresistas e republicano.

Pouco a pouco a súa labor fotográfica foi decaendo sendo substituído polos seus fillos.

Tendo lugar a súa morte un 29 de Agosto do ano 1951 como consecuencia dun cancro de vexiga.

[12-12-2017 20:03] jose baño comentou:

en mondoñedo se instalan na rúa do Ponte?
do ou da?

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal