Rendición con armas e bagaxes: é o que pretende o Estado español, a través de todas as súas institucións, non só do goberno catalán senón de todos o que secundan. Primeiro, rendición; despois, aniquilación. É ben certo que os conflitos poñen á luz a verdadeira posición de cada quen. Neste caso, non é só Catalunya a retratada; é, en maior medida, a España política dominante e dominadora, a que no seu día fabricou e impuxo unha Constitución que proclama omnimodamente a existencia dun só povo, o español; dunha única patria -“indivisible”-, a española; dunha forma política herdada da ditadura franquista, a monarquía; dun Exército garante da unidade da única nación recoñecida. É agora cando fica á luz como o verdadeiro cemento unitivo da dereita e da esquerda era e é o españolismo; é agora cando se unen, “como un solo hombre”, na defensa da súa posesión, porque tal é o conceito que teñen das nacións e dos povos que non son o seu, dos chamados estupidamente “territorios”; é agora cando se dan a man, no común labor represivo, uns e outros. Non cabe falar de “extrema dereita”, non sendo que nela se inclúan Felipe González, Alfonso Guerra e tantos outros prebostes do PSOE. Extremo españolismo ou, mellor dito, españolismo en acción, con toda a súa cegueira, cerrilidade, potencia destrutiva.
Rendición. A España que aínda non acabou de lamber as feridas do seu imperio colonial, a España que se rendeu a potencias imperiais europeas, aos USA, que abandonou as súas proprias colonias... agora esixe a rendición da que considera a súa propriedade. Niso basea a súa identidade. Identidade que se retrata unha e outra vez esmagando aos demais, na pior especie da España cañí. Vexamos algúns exemplos da iconografía despregada, dos símbolos usados, da súa artillaría:
[24-10-2017 09:31] Francisco Rodríguez comentou:
As obsesións non son boas. Sería bo centrarse na cuestión que o artigo trata. Todo debate normativo sobre a nosa lingua é respectábel e necesario. Porén algunhas formas de introducilo, semellan un intento de descualificación persoal dogmática e sectaria que non vén a conto. E moito máis cando, por desgraza, o galego ten algo máis que un problema normativo. Sería bo, de pornos a ser xuíces, facer as sentenzas tendo en conta a práctica social e a traxectoria en todas as ordes ao respecto do idioma por parte do encausado ou encausada. De facelo así, neste caso algúns comentarios sobre o "ñ" non se farían, ou faríanse noutro ton menos sobrado e displicente...
[20-10-2017 22:59] L. F. P. comentou:
Boten a Pilar G. Negro directamente aos leóns, que é o que merece por mor do ñ. O caso é que nunca a escoitei ser adail da tal letra. Ten feito máis polo galego que conspicuos lusistas e véñenlle paus de tirios e de troianaos. Se non abraza esa grafía as súas razóns terá. Cónstame que ela respecta as dos outros. Moitas veces o pretexto dos que non escriben galego é o lusismo. É moi probábel que o seu 'desideratum' sexa volver ás orixes da grafía do galego que sobreviven no portugués: j, nh, lh... (iso coligo de cousas que lle teño escoitado), mais a loita aínda é outra. Por outra parte, ela falaba de españolismo, non de normativas.
[20-10-2017 22:57] L. F. P. comentou:
Boten a Pilar G. Negro directamente aos leóns, que é o que merece por mor do ñ. O caso é que nunca a escoitei ser adail da tal letra. Ten feito máis polo galego que conspicuos lusistas e véñenlle paus de tirios e de troianaos. Se non abraza esa grafía as súas razóns terá. Cónstame que ela respecta as dos outros. Moitas veces o pretexto dos que non escriben galego é o lusismo. É moi probábel que o seu 'desideratum' sexa volver ás orixes da grafía do galego que sobreviven no portugués: j, nh, lh... (iso coligo de cousas que lle teño escoitado), mais a loita aínda é outra.
[20-10-2017 16:34] Mahleriano comentou:
Suponho que a senhora nom se percata de que leva aderindo à letra enhe toda a sua vida. Assim nom vamos a lado nengum.
Os campos marcados con* son obrigatorios.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.