Advertencia: este artigo pode ferir sensibilidades polo extremadamente básico do seu contido sobre un termo tan aterrador como é o feminismo. Pode conter trazas moi radicais non apto para persoas susceptíbeis.
Ultimamente hai un tema que me ten realmente confusa, e digo ultimamente porque o longo da miña vida din por feito que a xente que me rodeaba pensaba igual ou parecido a min, por iso nunca tiven a necesidade de discutilo ou empezar debates como calquera outro ao respecto... pero dun tempo para aquí, coñecín moitas e distintas opinións, por isto das redes sociais,... méteste de cheo en moitas mentes e vés que unha inmensa maioría ten visións moi diferentes, totalmente contrarias ou non ten os conceptos tan definidos como os tes ti, palabras ou termos, que das por feito que todo ser humano as ten claras e en orde no seu cerebro, a día de hoxe; ano 2017, século XXI, aínda queda xente que non sabe describir ou definir algo tan obvio (e tan complexo á vez) como é o feminismo. Hai millóns de exemplos, pero vou a destacar un recente, un vídeo. Un vídeo onde se lle da importancia a unha señora “famosa” que pronunciou esas frases que soes escoitar nas ceas de Nadal propias deses encantadores cuñados: “yo no soy ni machista nin feminista, soy persona”, “los extremos siempre son malos”, “el feminismo a día de hoy, ya no es necesario”. O único que me gustaría preguntarlles a estas persoas é o por que ese rexeitamento a palabra feminismo? Quero pensar que se trata de descoñecemento máis ben... O feminismo non é sinónimo de machismo, porque inventan outros conceptos para non nomear a palabra feminismo, como igualitarismo ou humanismo? Que medo hai en pronunciala? Cría que esa repulsión a esta palabra só se situaba preto da Conferencia Episcopal, enriba xusto da ultradereita, pero fai pouco que me din conta que esta palabra asusta até o máis esquerdoso, eles mesmos se delatan cando estes che intentan dicir como ten que ser o feminismo.
Exemplo: “a liberación feminina non é un asunto de xénero, se non de clases” ¿? Vale, a ver, perdoa; que eu saiba o machismo existiu moitísimo antes da chegada do capitalismo, acentuouse coa aparición deste sistema e grazas a elo nútrese esta desigualdade, pero é obvio que co transcurso dos tempos e das distintas sociedades o patriarcado expresouse de moitas formas moito antes.
Non vai ser a primeira nin a última vez que escoitemos afirmacións, preguntas ou sentencias tan rotundas e taxantes como o exemplo anterior, e quero expresalo nuns simples puntos e moito menos escueto de como o define a RAE:
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.