00:37 Domingo, 25 de Xuño de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

28-12-2016

Así programarase na CRTVG no vindeiro ano

Valorar (57)

ROBERT NEAL BAXTER



Para entrar ben entrado no aninovo, se aproveita para comunicarlle a nosos lectores que, gracias a que non ten habido ningún cambio de goberno na Xunta de Galicia, tampouco vai a haber ningún cambio na liña editorial que aplícase na radio e televisión públicas galegas. Aproveitamos, pois, atraveso duns extratos extraídos de unhas recomendacións globales, para recordar cales son as pautas que guiarán en todo momento a elaboración dos contidos e da programación da CRTVG.

Cómpre recordar, antes de todo, que a misión primordial consiste en atender á nosa audiencia destinataria preferente, nomeadamente os mallores de 50 anos, polo que débese axeita-lo modelo de lingua empregada para que seña sempre o máis próximo e popular posible. Por mor de que os xóvenes non son, na súa malloría, nin radiooíntes nin galegofalantes (nin falta que fai), non resulta necesario adicarlles un espacio particular nas ondas radiofónicas autonómicas. Ademais, esto permite evitar que os xóvenes se enganchen ao galego, o que sirve asemade para fomentar un dos piares centrales que descríbese máis logo.  

Por outra banda, non débese olvidarse nunca que a nosa Comunidade forma parte da nación española, consagrada como tal por a súa Constitución democrática, por o que esforzarase en manter un equilibrio entre aqueles elementos que fomenten  o sentimento de unidade de todos os españoles –entre eles os galegos– i a nosa idiosincrasia propia. Se consigue este propósito atraveso da inclusión equilibrada da lingua castelá común ao largo do día, así como, i de xeito moi especial, música nacional da máis alta calidade.  

Perseguindo-lo mesmo éxito acadado por os programas culturales estrela Luar i Súper Martes emitidos pola Televisión de Galicia, se dedicará a meirande parte da programación matinal de máxima audiencia da Radio Galega a programas de entretemento i música de variedades (preferentemente de ámbito nacional) para que a radio convírtase nunha grande verbena radiofónica, sesión vermú incluída.  

Asemade, resulta imprescindible animar sempre a que a audiencia participe de xeito directo, especialmente mediante xogos telefónicos con nombres castrapizados para garantizar unha cada vez mallor popularidade. Se complementará e se reforzará esta participación con programas regulares en rigoroso directo onde personaxes locales ofrezan as súas opinións altamente informadas sobre temas de actualidade dos máis variados na grande tradición taberneira que se coñece comunmente como ‘arreglar o mundo’.  

Dende logo, non débese faltarse nunca o humor, sendo un dos papeis esenciais dos presentadores interrompir calquera racha excesiva de seriedade con incisos humorísticos para romper o tedio e manter o teor livián desexado. O humor, sempre fino, será, por outra banda, un dos fíos conductores da programación, non só radiofónica senón televisiva. Se dedicará o prime time da parrilla a programas de humor popular, apollándose sempre na proximidade lingüística e no contacto directo ca audiencia. Folga decir que a inclusión de artistas e personalidades nacionales de renome resulta esencial para completa-lo elenco de este tipo de espetáculos televisivos. As cotas de share de audiencia alcanzadas por este tipo de programas avalan crarisimamente a súa calidade, por o que naidie poida a poñer en duda.  

Unha parte tamén da programación matinal da Radio Galega se dedicará a un faladoiro encol da actualidade política i económica no que todólogos colaboradores dean a súa opinión autorizada, sempre cos precisos incisos humorísticos e futbolísticos, i sempre respectando-la pluralidade política equilibrada en base á composición da Xunta de Galicia.  

Xa contra a tarde, para evitar levantar suspicacias i posibles críticas de imparcialidade i de vacuidade de contidos, se integrarán programas illoados adicados á integración social i maila ciencia ou á cultura i maila música, coidándose de deixarlle o sitio que merécelle á música nacional de mallor calidade, apego e proxección (como, por exemplo, o flamenco, a variedade española ou a movida madrileña dos anos ochenta...), i a presentación de libros en castelán e/ou de autores españoles, con ou sen un vencello específico ca nosa Autonomía. Este tipo de programas tamén pódese utilizar como recheo para as franxas horarias nouturnas.  

O formato das noticias emitidas pola TVG merece unha mención especial a parte. Se dará unha preferenza destacada a sucesos locales intranscendentes, acompañados de unha serie de testemuñas de alomenos cinco testigos que presenzaron o feito (ou non) dando a súa opinión ó respecto, nunca máis da metade das cales serán en castelán. Ó mesmo rango de importancia se colocarán noticias de alcance nacional, incluído succesos ocorridos en outras CCAA, moi especialmente Madriz. Esto se pode repetir en bucle entre o xenérico e a propia nova. Se centrará, sempre que fose posible, a sección de novas de ámbito autonómico i rexional á climatoloxía, tamén acompañado de entrevistas ó pé da rúa. A temática varía segundo a temporada: no verán, as temperaturas altas (sobor de todo en Ourense), acompañado de imaxes de xente paseando por a plaia; no outono e na primaveira, a choiva, con imaxes de xente paseando por as calles con paraugas; no inverno, a neve. Se pode completar en calqueira momento con imaxes e entrevistas de pregríns i outros turistas chegando a Santiago, preferentemente de outras Comunidades españolas. Se coidará de deixar espacio suficiente ó largo das novas para o deporte, que xirará case en exclusiva ó redor do fútbol profesional masculino. Esto non exime, xa que logo, que os sábados e os domingos pódense adicar tamén case en exclusiva a programas futbolísticos.  

Finalmente, a gastronomía, entendido sobor todo como festas gastronómicas locais, é un comodín que sirve, a vez, para encher as noticias, como para elaborar programas temáticos i monográficos específicos, encol de todo no verán cando permiten cubrir boa parte da programación global mediante desprazamentos a un senfín de festas locales para entrevistarse con os veciños, participantes i alcaldes.

Para terminar, mención especial merece a correcta utilización da lingua propia da nosa Comunidade.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén
.




[12-01-2017 18:47] Robert Neal Baxter comentou:

Caro Orlando,
Non sei se o teu comentario vai con tanta retranca que o artigo ou non.... Non acertar nengún fóisecheme máis complicado do que imaxinaba.

[11-01-2017 17:14] Orlando comentou:

Estimado autor: aprenda a colocar os pronomes átonos no seu sitio, porque non deu vostede unha. Parece que o escribiu Feijoo

[30-12-2016 20:59] Vasques comentou:

Maravilhoso e com muita retranca. Grande esforço o que tiveste de fazer para te adequar à fala castrapeira da oficialidade Chunteira

[28-12-2016 09:17] Xan comentou:

Te quedas curto...

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Presentación do III Volume das Obras escollidas de Bautista Álvarez en Pontevedra


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal