06:44 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

12-10-2016

Que estabamos mortos decían, que nos rendíramos decían, que desta desaparecíamos, decían que xa non tiñamos posibilidades de vivir, de existir. Decían

Non estabamos mortos, estábamos de campaña

Valorar (25)

HELENA VILAS VIÑAS



Que estabamos mortos decían, que nos rendíramos decían, que desta desaparecíamos, decían que xa non tiñamos posibilidades de vivir, de existir. Decían. Dixéronnos de todo, pero agora xa non, agora calan porque non se atreven a cuestionar a resistencia do nacionalismo, a resistencia do BNG.

Para que mentir, a título persoal non o vía nada claro, estaba realmente desilusionada e sí que hubo momentos nos que pensei que isto acabábase, que non había cabida para os nacionalistas, para o nacionalismo. Mais semella que somos coma unha reserva Sioux, pasar da conciencia reservista á ofensiva decidida, dun país autoxestinado, é decir, cando nos pronosticaban que o nacionalismo ía camiño a extinción é, xustamente cando nese intre a sociedade galega reacciona para evitalo, mais sempre con esa reserva de moderación representativa.

Penso, ou creo que por complexos históricos ou simplesmente por deixarse levar por esteriotipos manipulados de outros territorios. Campañas  que demonizan os dereitos políticos que defende o nacionalismo. Non, non só vou ser crítica co exterior, é certo que nós cometemos moitos erros, por poñervos un exemplo; aquelas campañas extemporáneas que algunha vez protagonizou o BNG. Con isto non quero decir que non teñamos que seguir coa nosa folla de ruta, renegar da nosa identidade, pero como xa mencionei noutra ocasión: renovación, rexeneración, reseteo. E sí,pouco a pouco estámolo a conseguir, unha campaña en positivo, unha campaña ilusionante, cun discurso actual.

Todos vimos que durante a campaña, como un panfleto medieval camuflado de xornal, aficionados a adulterar a realidade, os que manipulan a información e o empregan para torturar o BNG mais aínda así saímos reforzados, resistimos o xuízo dos enquisidores da “Inquisición”. Eu xa fai tempo que para manterme informada sobre a actualidade política do país, sigo a Troleada Galega, polo menos o transfondo da súa comedia é pura realidade, e non a literatura de ficción dese pasquín. En resumo, recoméndovos a Troleada que as trolas da Voz.

A parte da espectacular campaña que se fixo, dende logo houbo un antes e un despois do debate, foi determinante para comprobar que a nosa candidata, malia o seu percorrido político, moita xente non se decatara da súa obstinación, seguridade e serenidade,  nadie ou case nadie coñecía as características desta muller. Por iso foi determinante, e atrévome a dicer que gracias a ela salvamos os mobles.

Soubo conectar, sobre todo coa xente moza, e coa súa forma de sentir pola súa forma de comunicar, sincera e directa. Deulle ao BNG un xiro distinto, presentouno como un partido con solucións, nun lugar de confianza, nun espazo para o nacionalismo “moderno”, nun nacionalismo orixinal. Un Bloque acolledor. E ese é o camiño que temos que seguir.

O BNG ten a encomenda exclusiva de crear esa conciencia de auto-confianza pola vía da demostración práctica sen renunciar ao perfil ideolóxico que o identifica. Non nos conformemos só con poder respirar, mais mentres tanto hai partido, mentres tanto hai militancia, mentres tanto hai nacionalismo e mentres tanto:  hai Bloque.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén
.


[13-10-2016 02:29] Emilio López comentou:

Permite Helena unha troulada, quixeches poñer: "non estabamos mortos estabamos de troula". Estabamos preocupados pero decididos e ilusionados. O teo artigo é un documento histórico do reventar do nacionalismo, compartoo ao cen por cento. As árbores cando reventan de abaixo despois de seren esmagadas teñen moitas raigañas e un desenrolo e xuventude imparábel. Felicitacións a mocidade, xa llelo comentei a Ana no S. Froilán, e díxome :"E un labor colectivo". Era hora de escoitar iso. O futuro é voso mozas e mozos. ¡Adiante! Non perdades o tempo cos mareados...

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña