00:53 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-08-2016

A alternativa para que a nosa identidade sobreviva ás próximas xeracións sen dúbida é o Boque Nacionalista Galego

Vaite, que as túas amizades non son dos Peares, están en madrid: feijoo!!!

Valorar (15)

HELENA VILAS VIÑAS



“Aunque el fanatismo te ciega como (buena totalitaria), fundís el partido con la tierra al igual que los nazis fundían Alemania con su partido... ahh!!  Y por cierto a ver cuando respetais el topónimo Galicia, que es una región del noroeste perteneciente a una nación llamada España y gobernada casi siempre por el Partido Popular, con el que se identifican sus gentes, “Galiza” es una nación que está en las mentes de un grupo de fanáticos cuyo objetivo, evidentemente anacrónica, es ser una República de la Unión Soviética...”  Parece un novo tema dos Poetarras verdade? Ben podía selo, sí, mais é unha cita textual dun interventor do PP nun dos colexios onde estiven estas pasadas eleccións...  Exercer de cuñado as veces éche moi complicado, porque xa hai que xuntar palabras ao chou para que che salga algo tan poético como esto, pois ben, é o que se leva agora. Está moi de moda. A estes tipo de inteluctuais... hai que explicarlle detalladamente, punto por punto todo o que leva traballado o señor presidente da Xunta, para ver si  dunha vez se cansan de decir sandeces deste calibre. Si, ese señor que se adicaba a ir de paseo a sitios onde só había neve a bordo dun barco dun narco que o coñecía o país enteiro agás el, si, ese señor que decía acabar coa “crisi”en 45 días naturais, FeijOO9 que o primeiriño que fixo foi cargarse a todo que lle soaba “muy gallego”, cargarse escolas en poboacións pequenas, quitando camas nos hospitais, cargarse a rede de ferrocaril de cercanías a cambio dun AVE ruinoso, o expolio da enerxía eólica, o roubo das caixas de aforro, ao sometemento da clase obreira, as continuas agresións e ataques a nosa cultura, ao patrimonio, a aniquilación da nosa pesca e do noso agro, e un longuísimo ecétera de exemplos máis que non podería citalos nesta folla por falta de espazo. Non sei si esta xente se dá de conta de que a Nuñez Feijoo non lle importa nin o máis mínimo Galiza, el sempre mirou para Madrid, dalle igual desmantelar o país enteiro e a súa industria por catro cans, se cada vez que mira para o Bierzo xa está vendo a Porta de Alcalá, lamentablemente, isto non é de agora, tanto o PP como o PSOE (e por desgraza parece que as novas forzas “emerxentes” tamén se suman a tradición) sempre miraron cara Madrid, é histórico, facede memoria e decídeme se non é certo, o número significativo de políticos galegos ao longo da historia servindo ao Estado Español... Madrid para eles é a terra prometida, gobernar para Galiza é como traballar de becario para facer méritos na empresa para ascender (o que pensan) que son “ instancias superiores”, e o problema vén que eses méritos son sempre contrarios aos intereses da Galiza. Pois sí amigas, un liquidador que estivo e está desmantelando a nosa terra, no social, no cultural, no económico e no político, no que todo elo conleva. Un pusilánime que se adica a poñer pedras no camiño a xornada completa, como sigamos tendo a este señor de presidente Galiza convertirase nun gran deserto verde en moi pouco tempo.

Pois ben, que decirvos? Que estamos xa case en campaña, e ao escoitar barbaridades como a que o principio relatei, danme máis forzas se cabe para defender o único proxecto que pode salvar Galiza. No BNG fumos pioneiros en moitas cousas, mais agora, con orgullo, podo decir que o somos tamén en por ao frente a unha muller. Os auténticos cambios democráticos comezan por non seguir convocando ás mulleres só como bases de apoio político, participamos en todos os movementos transformadores e debemos ser recoñecidas co noso perfil real, é de xustiza social, sí, chamar feminismo ó feminismo, valorando as súas aportacións históricas e convertilas en parte da riqueza política que o nacionalismo debe incluir. Fago fincapé neste tema, porque con unha muller ao fronte nadie mellor para loitar contra a desigualdade, agora, máis neceseraria que nunca.

Porque xa era hora, xa tocaba, porque é o tempo das mulleres, de novas protagonistas, de gobernar dun xeito diferente, é tempo de cambio, precisámolo. Galiza precísao, esta terra que todo concede e nada pide, pois aí está o Bloque defendendoa como ninguén máis o vai facer.

É difícil reparar todas as traicións e deslealdades que o Partido Popular lle causou a nosa Nación, máis sempre fumos quen de remontar, de aturar tempestades e de erguernos cando parecía que non nos levantaríamos xamais.

Por suposto que o nacionalismo é o único camiño, mais si, só hai unha opción, o único proxecto nacionalista de esquerdas, a alternativa para que a nosa identidade sobreviva ás próximas xeracións sen dúbida é o Boque Nacionalista Galego.

Nós, estamos con ANA.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña