18:10 Mércores, 06 de Xullo de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-06-2016

Somos dos que pensamos que o que hoxe se chaman “las rias gallegas” foron tradicionalmente chamadas de MARES

Mares galegos versus Rías

Valorar (14)

CÉSAR VARELA GARCÍA



É de ademirar a capacidade do porto de Vigo para recibir barcos de calquer calado. Dende a xanela da miña casa estou vendo atracar o maior trasatlántico do mundo.

Ainda lembro a aventura duns galegos que  foron mercar un barco deportivo a un coñecido porto francés especializado nise tipo de embarcación,LA ROCHELLE.

Feito xa o trato decidiron voltar por mar estrenando a sua recente compra, pero non contaron cun pequeño detalle:
Daquel importante porto non se podía sair coa maré baixa !
Houbo que esperar a que enchera o mar para poder desatracar e  retornar ao noso Pais.

Vaiche boa diferencia cos nosos portos de onde se pode sair e entrar a calquer hora !

Teño ouvido falar que en tempos, a armada inglesa tiña posto en consideración a posibilidade de usar o MAR DA AROUSA como porto seguro para as recaladas da sua flota.

Como a un fenómeno xeolóxico , económico e estratéxico tan importante se lle pode dar o menguado nome de RÍAS??

Somos dos que pensamos que o que hoxe se chaman “las rias gallegas” foron tradicionalmente chamadas de MARES.

Os nosos poetas antigos sempre o tiveron claro ;  Martín Codax  dialoga coas ondas  DO MAR DE VIGO, e non da Ría de Vigo, ao preguntar ,ONDE ESTARÁ O MEU AMIGO? e ainda un poeta mais moderno como Luis Rodríguez Seoane ,amonéstanos co seu:
MAR POR QUEN TRISTE SOLUÇO,
MAR DA LANZADA, MEU MAR !

Ou López Abente coa sua elexía O MEU MAR.

Sen esquecer AS ONDAS DO MAR DE CANGAS SOÑOS DE MEDO TECÍAN…… de Celso Emilio Ferreiro.

Noso pobo mariñeiro así o entende cando expresa que fulano, ANDA AO MAR, ou sexa traballa no mar, e nunca di “ fulano anda á Ría”.

Un cartaziño que se ve moito agora nos bares é o de “Peixe da Ría” que está substituindo a expresión antiga de  “Peixe do día “ ou “Peixe do FRESCO”.

Mesmo xeograficamente falando,o mar de Vigo non se pode entender como un ancheamento do río Oitavén,nen o MAR DA AROUSA é un agrandamento do Ulla,senón que é o mar, o alto do mar,  que entra a saco na terra.

Suspeitamos que o chamadeiro de Rías debe proceder de querer homologar o particular fenómeno xeolóxico noso, no esquema español de “las rías del Nalón o del Nervión ” ou nos “fiordos “ noruegueses.

Sempre a mesma teima de negar a orixinalidade das nosas cousas , de sermos NÓS, tanto é que, até políticamente, queren encaixar ao nacionalismo entre os partidos mediáticos do SISTEMA.!

A agua das nosas costas é mar ! , e chega con levala á boca para comprendelo, como así o entende o noso pobo e o expresaron os nosos poetas.

Ise MAR que xenerou , na boca do pobo,a palabra BRÉTEMA, como un  neboeiro           procedente do MAR: NÉBOA MARÍTIMA > BARÉTEMA >BERÉTEMA > BRÉTEMA.

Se cadra,unha ría galega,no sentido das do Cantábrico podería ser o esteiro do Miño. Aí temos un río que anchea ao deitar no mar.

Popularmente escoitamos a palabra Ría (de abaixo e de arriba ), na parroquia de Marcón, nun lugar ben alonxado do mar, e debe ter ise nome por razóns ben diferentes que xa aventuramos no seu dia.

De onde saiu a denominación de, RÍAS BAIXAS?

Para denominar a terra viciña ao mar fanno do xeito mais natural os lugueses do Norte chamándolle á sua beiramar , A MARIÑA,ou sexa, a MARINEA TERRA, que nos lembra  “ a pedra da MULLER MARIÑA”, xeito popular de chamar ás sireas do mar.

Ainda me teño atopado con xentes que falan da nosa Terra como do Noroeste; Ao noroeste de quén?;A nosa Terra é o centro do mundo ! Do noso mundo !

Enchamos a nosa boca coa grandura dos nosos MARES e desterremos da nos língua a miséria escolar das Rías.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



[22-06-2016 15:54] Xosé comentou:

Pois ben, haberá que falar do Mar de Betanzos e do Mar do Burgo. E moito cuidadado coas maruxías en San Simón, xó dicía Mendinho: "Sedia-m'eu na ermida de san Simión e cercaron-mi as ondas, que grandes son."

[20-06-2016 21:59] veiga campo comentou:

Certo é que en Galiza sempre se lle chamaron rías, sempre se dixo Galicia e incluso en moitas familias sempre se falou en castelán. A cuestión é :
sempre desde cando?
onde comeza ese "sempre"?
hai 20 anos, hai 80, hai 200?
haberá que analizalo e recuperar o propio!!

[20-06-2016 21:51] rosalía comentou:

Boísimo artigo.
Vivan a nosa terra e os nosos mares.
Grazas César polas túas interesantísimas reflexións.

[20-06-2016 15:38] Xosé comentou:

A ver se lle imos ter que dar a razón ós curas cando dicían que o onanismo provoca cegueira.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña