00:18 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-06-2016

Parece ser que algúns “gallegos” esquécense da terra ao pasar o Bierzo, debe de ser ese aire seco da meseta que tamén lles fai secar a memoria

Galiza, con voz propia

Valorar (15)

HELENA VILAS VIÑAS



Xa metidos de cheo na campaña electoral, quería destacar un punto que me consume até a saciedade; eses eslogans, lemas, bastante repetitivos, que xa levamos un anos escoitando con esto da novidade da “nova política”, e menos mal que é nova política, espero que a morte me leve antes de chegar a que se faga vella…  Eslogans tipo “hai que botalos” ou “o cambio non hai quen o pare” etc… eses lemas xa teñen moitos donos, e digo isto, porque esta nova política parece que non ten como outro obxetivo de facer que se note o odio que sinten pola rancia dereita, aí se queda, en simple repugnancia, mais ninguna alternativa, nin solucións, nin propostas para xustificalos. Nada.

O BNG tamén ten como obxetivo sacar de diante á dereita máis reaccionaria, ten como obxetivo sacar de diante ó Partido Popular, pero si, acompañado sempre de propostas, propostas reais, sen adicarlle as 24 horas do día a nomealos e recordalos constantemente. Sabemos ben o que hai, por iso adicámonos a actuar, non a desbardallar.

O obxetivo do BNG é Galiza, e esta esquerda españolista PSOE-PODEMOS-IU-ANOVA-MAREA GALEGA dan a impresión (e sen impresión tamén) de que non teñen entre eses obxetivos facer de Galiza un país de prosperidade, non, non a teñen, lóxicamente. Só hai que ollar cara atrás, dende decembro até o de agora, durante este medio ano, non se escoitou falar do noso país nin medio minuto. Parece ser que algúns “gallegos” esquécense da terra ao pasar o Bierzo, debe de ser ese aire seco da meseta que tamén lles fai secar a memoria…

Temos claro que quen é o inimigo, mais esta corrente que se fan pasar por nacionalistas, que presumen de patriotas, pero que aínda non matizan ben de que patria... Cada vez se vai notando máis o pouco ou nada que temos en común, o que nos une, nada que ver nin que facer con eles; este movemento disolto en Marea Mareada dende Madrid non están por a laboura de traballar para Galiza, e as veces podo chegar a comprendelos, posto que non teñen a capacidade de decidir, nin de dirixir, establecer ou determinar nada, son simples marionetas que bailan ao son que lles marca a Marea Morada de Madrid. O Bloque ten moito que sachar neste eido, desenmascarar a todos aqueles que tentan confudir o electorado, amosándose defensor de todo aquelo que outros non queren, nin pretenden, nin poden facelo. Queda por diante una dura campaña, que coma sempre asumimos con grande esforzo e dignidade, mais sobre todo co esencial: gañas de traballar, sempre a prol dos intereses de Galiza. Non é una segunda oportunidade, non, é una chamada de auxilio para que o país recupere a voz perdida, tempo suficiente para que o electorado dese de conta do paripé experimentado polas “voces do cambio”. A posta en escena do BNG nas Cortes españolas sempre foi condicionante e polo tanto decisiva ante estas políticas nocivas e destrutoras.

Xa estamos fartas de tanto vende-fumes, de verdade, son as Mareas as garantías dos intereses da nosa terra? Vai ser Galiza moeda de troco no esquema Podemos-IU como sucedeu co PSOE? Este modelo socio-económico de Podemos é uniforme para todo o Estado, pero, as particularidades da nosa nación, teñen reflexo neste modelo? Pode acaso conseguir Podemos-IU o que non foi capaz de conseguir o PP-PSOE porque o BNG era un muro de contención contra a uniformidade discriminatoria cultural, política, social e económica? Si, son moitas preguntas que quedan sen respostar, e no canto de achar resposta só escoito perxuízos estilo: “o BNG discrimina entre Galiza e o resto” mais hai una resposta a eses males: se así non fose, seriamos nós as descriminadas.

O ideal político desta pseudo-esquerda é o de café para todos, pero, e se a nós non nos gusta o café? Nós estamos fóra desa competición de liderazgos, xogamos nunha liga diferente porque somos a única opción nacionalista de esquerdas que cuestionamos seriamente o réxime actual e as que traballamos para labrar por una ruptura REAL.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



[13-06-2016 10:58] abelardo xose del caño comentou:

Moi boas! Penso Helena que erras na adxetivización da esquerda que nomeas non é "españolista" é "ESPAÑOLA" (y olé!)sen eivas, sen complexos, sen sutilezas, sen esquerda, sen contido, sen sentido.....vamos o PCE de toda a vida en plan hidra!!!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña