10:06 Mércores, 06 de Xullo de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-04-2016

Haberá alguna meniña galega que se chame de : Corpiño, Amil, Peneda, Viso, Faro ou Franqueira ?

A toponimia como tesouro onde escoller nomes galegos para os nosos fillos. O caso de Dodro

Valorar (15)

CÉSAR VARELA GARCÍA



Veño de atoparme con unha xoven viciña que pasea o seu recén nado bebé con todo o orgullo.

Pregúntolle polo nome e dí que se chama algo, que en tendín como,ARITZ; a seguir aclaroume que era un nome vasco,pois o pai do neno era de esa orixe.

Logo falei coa filla dun viciño que se chamaba de,LEIRE,pois a nai era nativa de Euskadi.

A boas horas mudaríamos unha só letra, para que a nosa filla se chamase de, LEIRA !

E así, cantidade de meniñas galegas locen os nomes de Monserrat ,Nuria, Aránzazu ou Begoña, nomes de topónimos catalás e vascos que se colocan como antropónimos via advocacións marianas.

Haberá alguna meniña galega que se chame de AMIL, FRANQUEIRA ,PENEDA, CORPIÑO,CHAMORRO ou VISO ?

Ainda que tamen son topónimos referidos a vírxenes veneradas neses lugares, teñen unha maldición de nascemento, son nomes galegos, son da Terra, definénnos como galegas, VADE RETRO !

Moito millor chamarse de “Monte Aserrado” ( Montserrat) ou “ Monte cheo de espiños” ( Aránzazu) ! O amor, veneración e milagres de esas vírxenes do País non nos leva tan lonxe como para colocar o seu nome a  ninguén da nosa prole.

As nosas santiñas son vencidas polas santas de fora;do mesmo xeito que o noso voto vai engrosar a forza dos partidos  estatais.

Ou como vemos millor que nos gañen R. Madrid ou Barcelona aos nosos Celtiña e Deportivo. Caso único no mundo, o das nosas “ mente-captas”!
Nen as forzas do Ceo chegan, para vencer a forza da colonización  sobre as cabeciñas dos galegos. Vaiche boa !

O CASO DE DODRO

Imos tratar aquí a orixe de un topónimo dun lugar rosaliano; DODRO, nas beiras do Ulla  e tratar as suas consecuencias  á hora de escoller nomes para os nosos fillos.

Pensamos que a sua orixe é un antigo nome suevo, e razoamos así:

A lor do nome de  DODRO.

É cousa de acentos .

1º) Hai nomes que o pobo acentuou ben, e o ambiente académico ou relixioso, mal.

Por exempro: O nome de ALDARA, que hoxe  pronunciamos ALDÁRA, na antigüidade debeuse pronunciar ÁLDARA, pois ás veces nos escritos aparece como ALDRA.

Miña filla ,comentaba de nena ,que sua profesora centroeuropea (checa), sempre a chamaba de, ÁLDARA.

Se o nome de ÁLVARO non se tivese conservado oralmente , e só por escrito, a nosa pronuncia sería estilo castelán como, ALVÁRO.

GUÍSTOLAS e WÍMARA carregan tamén na primeira sílaba, como xermánicos que son.

Outro caso: O  nome culto é ISIDÓRO, pero o pobo conservou o orixinal xermánico, e sempre dixo,ISÍDORO, e daí o popular ISÍDRO de hoxe.

2º) No caso dos DODROS  galegos ( pois hai outro na Arzúa), suspeitamos o seguinte:

Trátase do nome dun antigo posesor suevo chamado de THEÓDORO (olho ao tilde ) > THEÓDRO > DEÓDRO  e daí os nosos DÓDROS de  hoxendia.

Sustemos esta teoría a despeito das escritas medievais que notan o lugar cos nomes de, DALODRO (1.114) e DAODRO (1.118).

Tamén suspeitamos que iste nome de, THEODORO é o responsábel do chamadeiro do Pazo de TOR , en Monforte, e por demais, da cidade zamorana de TORO, ainda que iles falan duns supostos, CAMPUS GOTHORUM.

THEODOR é tamén a base do nome ruso, FEODOR ou FEDOR.

Perto de Dodro está o lugar chamado DEGAREU, onde nós advertimos un antigo AD RECAREDU, lugar habitado por un posesor de nome RECAREDO ( A de RECAREU, que diríamos popularmente  hoxe).

Ainda temos outros nomes que de xeito semellante á evoluzón anterior veñen de :

         TEÓFILO > THÓFILO >TÓBIO

que ficou entre nós,como apelido mal acentuado de TOBÍO. TEÓDOSIO >  TÓSIO > TOXO TEÓDOSARIO > TÓSSARIO >TOXEIRO

E ainda: TEÓDOSARI > TÓSARI > TÓSAR. que ilustra o nome do coñecido actor lugués.

Istes apelidos de TOXO,TOXEIRO e TÓSAR,conservados hoxe como apelidos,nada deben ter a ver co picudo e fermoso arbusto que inza polo País, e mais ben reclámanse como procedentes do antigo suévico TEODOSIO.

E , seica non estarán detrás dos ,hoxe apelidos, TORRENTE , TORRADO e TÓBAR ,os vetustos TEÓDORENTE ,TEÓDORATO e TEÓBALD?.

Enche a imaxinación nomes como:

DODRO,GONDAR,TÓSAR,BALTAR,GÚLFAR,RECAREU,XIMEU,WÍMARA,OSEBE,…..e infinitos mais .

Velaí o riquísimo  cardume de preciosos e antigos nomes ,xa evoluidos na boca de noso pobo ,que embelecen  a toponimia do País.

Il non seria mais normal escoller para nosos fillos neste variado xarabal de topónimos da nosa Terra, que andar á percura de extranos apelativos ,que, ao fin, designan nomes de lugar de lugares foráneos?

Raro País o noso, que despreza a sua riqueza e onde o obvio, é malísimo de entender,  e cuase imposível de practicar !


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña