19:29 Venres, 19 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-05-2010

Existe un conflicto de interese entre o producir e conservar

Agricultura e medio ambiente. A dialéctica de dous conceptos inseparábeis

Valorar (7)

XURXO ÁLVAREZ PÉREZ



Cando a especie humana optou por mudar a súa forma de vivir, de nomada a sedentario, cando deu en domesticar animais e laborar as terras para producir alimentos, comenzou a romperse o equilibrio entre a natureza e a ación do home. Isto co paso do tempo, cos cambios que houbo no sistema de produción, coa chamada "revolución" verde, o abuso dos agrotóxicos e a especulación no sistema alimentar, produciu se cabe un maior desequilibrio, ainda que este problema manifestase de xeito distinto nas diferentes zonas do planeta, nalgúns lugares a "agresión" e brutal (zonas de Centroeuropa, USA, e partes de Rusia) e noutras a agresón e menor (na Galiza por exemplo), así pois non todos/as temos a mesma culpa, xa que tampouco tampouco exercemos a mesma presión sobre o medio-ambiente.

Somos diferentes, aínda que aquí tamén exista, loxicamente, un conflicto de interese entre o producir e conservar, e isto hai que leva-lo con sentido, e hai que dar un debate social, non só sectorial entre labregos/as e conservacionistas, é preciso afondar na problemática e dar solución políticas, sen medo, e sen caer no chauvinismo de ninguna das partes.

Se partimos da base de que a agricultura é un ben social, necesario para a produción de alimentos para a poboación do país, necesaria para non ser dependentes alimentarmente doutros países, teremos que ter una agricultura que resolva esta necesidade, e iso claro que incide no medio ambiente como dixen ao principio deste texto. Pero, onde son máis agresivos co medio?, quen ou quenes teñen que tomar medidas? Acaso os Massais son culpables do deterioro do medio, cando no seu espazo entran en disputas (conflicto de interese) coas normas do parque natural? onde ubicaron (os brancos) este espazo? por certo parques creados na Africa con cartos europeos, mentras que en Holanda, Dinamarca, etc. teñen una producción intensiva cun índice de contaminación por nitratos que borda o vaso, pero os gobernos destes países decidiron producir alimentos non só para eles, senon para medio mundo, e esmolar para parques, onde sí hai outras necesidades de comida, non se pode producir.

O noso país non é Holanda nin Africa, aquí existen uns modelos de produción, que polo de agora (senón dade una volta polo país) manteñen un equilibrio (máis-menos), pero cada vez máis a fauna salvaxe, come mais terreo á agricultura (menos xente traballando, mais a monte) os ataques dos xabarins, lobos, etc. As explotacións agro-gandeiras son cada vez maiores. As administracións  e gobernos, ven a fauna como un negocio (permisos de caza, licenza de armas, etc.) mentras que os danos causados case que nunca son pagados, e no caso de que o foran, nunca cubren as perdas ocasionadas, e que pensa o resto da sociedade?

Un dos principais conflictos que apareceron no país, foi o das Fragas do Eume, alguén dixo que había que protexelas (correcto) pero puxo restricións a aqueles que o levaban protexendo durante décadas (os labregos da zona)

Outro caso e a Reseva Nacional de Caza dos Ancares, onde os seus habitantes coidan o medio, e logo como "premio" rifan un corzo entre os veciños e veciñas para que llo vendan a uns cazadores para que o vaian matar, e claro cando estes van a faena entran a saco por todos os sitios (fincas,...) como o cabalo de Atila, o resto das pezas que se permiten cazar, xa as reparten as distintas administracións, pero os danos dos bichos, quen e cando se pagan?.

Un dos últimos conflictos e a zona de protección de aves na Limia (ZEPA), onde se escolleron unos terreos, por certo os de mellor e maior produccón agro-gandeira de Ourense, para ubicar a ZEPA, aínda que se fixeron filigranas e tixeirazos no deseño para que quedasen fora as graveiras. Aquí existe un grave problema: o conflicto de intereses entre a protección dos paxaros e a produción agro-gandeira é moi grande xa que unha é incompatibel coa outra, dado que se os paxaros están aniñando, non se poden facer labouras, ou sexa inutilizan unha parte da produción. Eu pregúntome, se até o de hoxe houbo paxaros, a que veñen estes problemas?, si hay zonas abandonadas nese entorno, porque non se collen eses espazos? Cómpre aclarar que entre as dúas zonas ZEPA, existe un espazo de non aproveitamento agro-gandeiro, que non é zona ZEPA.

O debate está aberto, como e onde? se establecen zonas de protección para a fauna, sen entorpecer a economía dunha comarca. Se as zonas de proteción son una necesidade e non un negocio, porqué as Illas Atlánticas, que tamén son zona de proteción de paxaros, poden ser visitadas ainda que sexa época de cria? (negocio de algúns). Porén na Limia hai que "compensar" as perdas cando se prohiba labourar a terra ou recoller as colleitas? Isto tampouco é a solución e  dannos unas cadelas para que coidemos isto.

Igual que os Massai, solidaizome cos Massai, son un deles en "branco". Nos somos labregos e labregas e queremos producir e estar nos mercados, non somos gardas forestais, cando o señorito de Madrid, veu a Galiza dixo: "que bonito paisaje teneis", O galego contesta "Si pero con mirar para el, non lle comemos" (Castelao).


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña