05:04 Mércores, 23 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-02-2016

Coñecendo persoeiros históricos de Ribadeo

Balthasar Menendez Navia e Sierra e súa dona Antonia de Hestrada e Río.

Valorar (8)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



            Son veciños de Ribadeo  e viven “ a donde dicen  fuera de la villa y en el campo  y frente al Hospital de San Sebastián de esta villa de Ribadeo con su escudo de armas de la descendencia  de mi el dicho Balthesar Menendez  de la casa de Navía de los Limones  sita en dicha villa de Navia y solar conocido  de mi descendencia por linea recta de varon de mi padre, abuelo y más  ascendientes y de la villa de Villaamil de cuyos solares  me intitulo  y de quien  pertenecen  dichas Armas que estan en dicho escudo y de las de los Fuertes y Sierra de quien también desciendo por hembra”.

            D. Balthasar era familiar do Sto. Oficio da Inquisición de este Reino de Galiza  e orixinario da de Navia de Luarca no principado de Asturias, fillo lexitimo de Sancho Menéndez Navia y Villaamil e Magdalena Rodríguez de Sierra  e Fuertes naturais da vila de Navia.

            Balthasar tiña unha irma  chamada María Vázquez  Navia e Villaamil casada con Pedro Álvarez  de Lago. Dúas fillas tiñan Gerónima e María do Lago. Eran veciños de Navia.

            D. Antonia Hestrada e Río  é filla de Francisco Rodríguez de Río e Antonia de Hestrada Manriquez veciños de Ribadeo. Esta e poseedora dunha carta executoria da Real Audiencia de Reino de Galicia que conten certa cantidade de bens raices, contidos na dita carta executoria  en virtude de mellora  e aniversaría perpetua que dalgúns deles habían feito no seu testamento  Francisco Rodríguez de Río e Antonia de Hestrada  padres da dita e en virtude dunha doazón entre vivos  que  había feito  Francisco Rodríguez de Río crego e irmán. En cuio litixio  se seguiron dous xuízos, ganados ambos. Estes lugares son “el  lugar de Sevane con sus casas guerta de limones y las dos cortiñas yera con lo mas della anejo”.

            No ano mil seiscentos sesenta e oito tiñan sete fillos:

            Dona María Navia e Villaamil a cal estivo casada co Capitán Don Antonio Sarmiento ó tempo de casarse recibiu de dote 1500 ducados. Ten unha filla chamada Juana. Esta recibiu parte do legado da súa avoa Antonia Hestrada Manriquez.

            Don Salvador Menendez Navia e Villaamil  presbítero, nel se gastaron moitos diñeiros nos seus estudios, librería e no beneficio  sen cura de “San Andrés de Comesana”, que cos cartos dos país o tomou a pensión.

            Dona Antonia de Hestrada, monxa profesa  no Convento de Sta. Clara de Ribadeo. O entrar no convento recibiu un dote e renunciou a súa herdanza a favor dos seus irmáns.

            Don Francisco Menendez casado con Doña María del Campo  Mon e Castrillón. Os seus pais  déronlle seiscentos  ducados en “haciendas y muebles” para que comezase unha vida mellor “ y pudiese sustentar  las cargas del matrimonio”.

            Doña Juana Menendez Navia y Villaamil  casada co Licenciado Don Juan Antonio Castrillón e Cienfuegos. Avogado das Reais Contas  e veciño de San Bartolomé   de Valdepares  no Principado de Asturias. Cando se casou  se lle deron de dote 2.500 ducados.

            Doña Isabel María Menendez Navia solteira e vivindo na compaña dos seus pais.

            Don Gaspar Menendez era o fillo menor. O 13 de Maio de 1668  no porto da vila de Navia, Balthasar  Menendez lle fixo entrega  de nove millares de “duela blanca menos ochenta cuatro duelas cargada y despachada en el barco San Antonio y Santiago Maestro Antonio Ledo veciño de Portonovo  para que lo dirigiese por su cuenta y riesgo a los toneleros de Redondela”. A dita duela  a deu a 25 ducados o millar e monta toda 222 ducados e medio.

            O dito Balthasar e Antonia fan testamento pechado ante Domingo  García de Cordido o 30 de xullo de 1668. Estaba formado por oito follas.

            O 21 de Abril de 1683 morre D. Balthesar Menendez Navía e Sierra polo que ese mesmo día a presenza D. Antonio Baamonde escribán de número da vila de Ribadeo, o cal tiña en poder o dito testamento por falecemento do dito Domingo García de Cordido e de varios testigos, que recoñeceron a firma de Balthasar abriuse o dito testamento. Entre outras cousas se dí:

            Os seus corpos  sexan sepultados na Igrexa Conventual de San Francisco  na sepultura que tiñan dotados os seus “maiores” e que esta debaixo do púlpito. Se ofreza a Noso Sr. Jesucristo por cada un deles na igrexa onde os depositaren “dos chopines de graus, dos arrobas de vino y dos carneros  y al convento de Sta. Clara  una ofrenda”.

            Ordenan dar  de esmola ás confrarías da vila de Ribadeo o seguinte: Santísimo Sacramento oito reais, a do Rosario catro reais, o do Sto. Nome de Xesús catro reais, a da Vera Cruz  dous reais, a Concepción dous reais, San Antonio dous reais, a de San Pedro un real, a da Trinidad un real, a Redención de cautivos 35 mrs. e ás ermidas de Ntra. Sra. Do Camino, San Roque e Santiago de Vigo medio real a cada un. A cada un dos lazarados que houbese no Hospital  de San Lázaro, extramuros da vila de Ribadeo a cada un medio real. O hospital de San Sebastián  unha manta e unha sabana.

            A todos os homes e mulleres que estiveran o noso servizo nese tempo a cada un doce reais.

            Mandan que e a súa vontade  que por canto teñen moita devoción a imaxe de Ntra. Señora da Barca  da Vila de Navia queren que se lle dean dos seus bens  a dita imaxe para o seu “alino y conservación de su culto” un censo de cen ducados de principal e cinco de réditos en cada un ano. Este censo sairía dos bens raíces  sitos no lugar de Salcedo do dito concello  que quedaron por morte de Juan  da Cabanela  e súa muller  e que os leva  o seu fillo Lucas Suarez de Salcedo que o presente vive en eles. Este censo se paga o dezasete de xuño e ten a carga de catro misas rezadas en cada uno.

            Foron nomeados por cumpridores do dito testamento a D. Salvador Menendez  Navia y Villaamil e por veedores deste dito testamento  o Señor Gonzalo Fuertes y Sierra cuñado de D. Antonia  y tío de D. Balthasar  Menéndez  y al Lic. Bartolomé Álvarez de la Torre comisionado do Sto. Oficio e cura da Colexiata  e parroquia de Ribadeo.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.




[31-01-2017 17:18] pancho campos dorado comentou:

Grazas a este tipo de artigos de Historia dos Pobos e Persoaxes Galegos baseados en datos verídicos desempolvados dos arquivos se poderá escribir un día a nosa Historia Real de Galiza, e desahuciar tanta plastramada amañada por zascandiles que pulula polas "redes" e librerías
Graciñas Xosé Isidro, sigue así.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña