19:34 Venres, 19 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

13-05-2010

A importancia real da cadea agroalimentaria independentemente do sistema económico adoitado

Crise no agro 2.0. 2ª Parte

Valorar (2)

XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ VILAS



Preguntándolle ao Sr. Eulogio Franqueira  qué acontecería con COREN ante un súpeto cambio de réxime político-económico no Reino de España tras a morte do dictador, el contestou "pois venderémoslle os ovos aos comunistas".  Esta cita (é posible que apócrifa como tantas outras) tenta de situar con ironía a importancia real da cadea agroalimentaria independentemente do sistema económico adoitado.

Nas faculdades de economía e agronomía apenas situaban no centro do análise a rendabilidade do suxeito empresarial, sen ter conta a súa condición de xénero, ciclo vital, historia e  entorno familiar, ambiente comunitario, posibilidade de crédito, apoio institucional, formación, etc. A conciliación dista impostura metodolóxica só se casaba coa ideoloxía da  "planificación do caos", a qué me estou referindo?.  Favorecer unha transición acelerada en que se chegue a unha correlación estatística con outras sociedades "máis avanzadas" en termos de poboación agraria, para este propósito os medios e os fins son os mesmos. Esta foi a postura adoitada por gobernos de países periféricos en maior ou menor medida. En moitos lugares a tarefa foi, certamente, facilitada pola concentración da propiedade da terra (tentando mimetizarse ao modelo británico ou o norteamericano que literalmente xurdiron sen campesiños de calquer índole).

Estas políticas desagrarizantes conlevaron fames crónicas en moitas zonas do planeta ou noutras, como o noso, unha rapidísima quebra demográfica en moitas áreas rurais. E innegable que a disminución fortísima da poboación campesiña en Europa levou aparellada unha implícita perda de influencia política na axenda dos administradores públicos, é mais fácil descontentar aos agricultores como tais que alimentar as "presións inflacionistas" sobre os prezos dos alimentos que  xustifican  o denominado IPC, por que non integrar totalmente a agricultura na industria? de rematamos xa coa cuestión agraria.

Isto é de certo mais complexo, .... cómo explicar o aínda predominante dominio da PAC no orzamento europeo [1], cómo é que nas discusións bilaterais ou multilaterais a nivel global  está o tema agrícola sempre presente, como é que as multinacionais seguen investindo en controlar as "commodities" agrarias [2], ou sexa a capacidade de controlar a economía futura mundial, é que os executivos de Wall Street van pegar a eixada... deixémonos de imposturas!.

Seguindo a Godelier [3] na súa crítica ao formalismo do liberalismo económico non hai que confundir a lóxica formal  intencional dun sistema económico co comportamento racional non intencional das persoas e por extensión dos pobos e comunidades para para cubrir súas necesidades básicas de calquer tipo. Todas as decisións que toman os titulares das explotacións non poden ser interpretados exclusivamente baixo a óptica do gaño empresarial xa que non se considera as infinitas limitacións dos sistemas físicos e biolóxicos en conxunto.  

En termos de prospectiva político-económica é difícil enxergar o que vai acontecer con moitas institucións das que agora temos (goberno galego, Estados, UE, caixas e bancas, igrexa, etc.), o que si é claro é que o control da cadea de producción agropecuaria seguirá sendo fundamental para artelllar calquer idea de soberanía en calquera orde que nos situemos. A débeda global é mais de 10 veces o conxunto de activos reais do PIB mundial nun ano, do papel non imos vivir, non temos o sistema dixestivo axeitado.

Aínda temos unha base territorial propia que aínda que maioritariamente erma ou en barbeito improductivo, segue sendo nosa, a maioría dos habitantes do antigo Reino de Galiza, o único que conseguiron incipientes tentativas de integración con  multinacionais estranxeiras  que comezaron coa "revolución agraria" nos 60 foi por postais de naves abandonadas ou reconvertidas por toda a nosa xeografía rural, a única integración que pervivíu daquela época foi a cooperativa.

No caso do viño, que se considera un sector emerxente (desde a valorización comercial) as dificultades das grandes empresas para acadar grandes propiedades (estilo California ou Chile) son crecentes e múltiples: comprar terras ou alugar montes é en termos relativos é  caro, os retornos tardan, hai que pagar xornais ao contado, hai pouca man de obra cualificada, a variabilidade climática dificulta as previsións de investimento e moitos etc.. Sempre o capital prefire deixar moitas destas incertezas na capacidade de autoexplotación de quen for....

Na tradición do arbitrismo español forestal (os de sempre, Coroa, "Patrimonio Forestal del Estado" franquista, Ingenieros de Montes formados en  Madrid, Celulosas  e toda a cadrilla de acólitos ...) sempre se laiou da falta de "visión" moderna dos propietarios de montes... ante isto propiciaron sempre un certo desorden controlado, privatizemos o que socialmente non funciona, sempre a teima de acabar coa singularidade xermánica dos montes comunais, é a traxedia dos comuns [4], como os  baldíos portugueses que se vendían por un copo de viño [5], etc.

A sociedade rural é mais que agricultura, xa o era antes, e agora máis xa que espacio rural non se liga cos aproveitamentos estrictamente agrarios como antano, urbanismo, obras públicas, conservacionismo... actuan como... efectivamente a desfeita do rural  en clave agraria é o que marca a nosa percepción colectiva, mais nisto non nos diferenciamos a moitas sociedades próximas ou alleas, o forte veu polo desartellamento total nun nivel social onde nin se libran as cabeceiras de comarca.

Dun enfoque sociolóxico-político (atraso e modernización) ou dun enfoque productivista (competividade e  escala) hai que procurar máis a planificación e a eficiencia, os primeiros deitaban no individualismo metodóxico que xa non é útil. Isto que se afirma non é un ideoloxema ao uso, se non a constatación que quenes hoxe ostentan a maioría dos governos do mundo denominado "occidental" e que defenden posturas que casan co liberalismo económico  non deixan de pregar ao ceo por  algo que regule o caos financeiro actual, isto xa o tiña analizado Karl Polanyi [6]. O caos xera mais caos, calquer matemático o podería amosar con facilidade [7].

O exemplo o temos no noso sector lácteo, en que a falla de planificación levou a que moitas explotacións, supostamente viables, non tiveran máis remedio que pechar pola quebra dos prezos e unha estructura de custes irracional desde a eficiencia dos recursos. Máis cooperativas e grupos lácteos propios cunha decidida política de mellora das estructuras parcelarias terían salvado unha parte importante de activos agrarios, aquí temos as posibilidades combinadas de concentración parcelaria, banco de terras e UXFOR, son boas ideas que mais tarde o cedo terán de ser asumidas por calquer goberno.

Planificar significa organizar, e por tanto os recursos que se destinan a simplesmente mellorar os denominados inputs de proceso [8] supón unha mellora sustancial da eficiencia dos recursos públicos, para que queremos tantas escolas baleiras? é posible producir mais e mellor, con múltiples solucións e a ritmos diferentes, e co fin de partillar de todas e cada unha  das etapas e fases da producción e distribución de alimentos coa máxima eficiencia social e ambiental, disto falaremos no próximo e último artigo desta serie de reflexións deconstructivas.


[1]   Aínda sendo o peso da agricultura na UE moi cativo en termos de PIB e poboación, supón mais do 40% do total do orzamento comunitario.

[2]   Valdêz Paços, Bernardo "Compra de terras a grande escala" en Terra e Tempo Dixital

[3]   Godelier, Maurice: Racionalidad e Irracionalidad de la Economía, FCE.

[4]   A traxedia dos comúns é o nome dun escrito de Garret Hardin que apareceu na revista Science no ano 1968 e onde deduce a ineficiencia das propiedades privadas colectivas, isto deu lugar a un grande debate académico-ideolóxico onde desde o puro formalismo matemático pódese demostrar a súa vixencia ou a contraria.

[5]   Cutileiro, José: Ricos e pobres no Alentejo, Sá da Costa, 1977,

[6]   Polanyi, Karl: La gran tranformación, Madrid, La Piqueta, 1989.

[7]   Châtelet, Gilles: Vivir e pensar coma os porcos. Da incitación á envexa e ao aburrimento nas democracias-mercado. Santiago, Edicións Laiovento, 1999.

[8]   Os inputs de proceso son aqueles recursos inmateriais en termos de organización, aprendizaxe, coñecemento que permiten amplificar a productividade e eficiencia dun sistema agrario calquera. Os inputs de proceso tentan minimizar a dependencia de inputs externos á explotación (adubos, agroquímicos, alimentos para o gando, vacinas, etc.).


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña