00:37 Domingo, 25 de Xuño de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-06-2015

ero aparte de xente coñecida e ainda hoxe recordada, había una gran cantidade de persoeiros populares que percorrían as nosas rúas

"Antonciño" e o xornal "Don Fino"

Valorar (6)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Mondoñedo, co título  de  cidade desde 1156, unha das antigas provincias do reino de Galiza, sede episcopal por onde pasaron os grandes bispos Fr. A. Guevara cronista de Carlos V, Fr. Alexandro Sarmiento o gran alcalde do século XVIII do cal se di que quixo traer o mar a Mondoñedo seguindo o curso do Masma, grandes Rexidores como Luís de Luaces fixo a primeira festa da árbore no século XVI, Gomez Ares…. No século XIX cambia o seu poder económico por unha gran proliferación de escritores, músicos .. Pastor Díaz, Noriega Varela, Patricio Delgado, Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Pacheco etc.. Pero aparte de esta xente coñecida e ainda hoxe recordada, había una gran cantidade de persoeiros populares que percorrían as nosas rúas: Taca Taca, Rincha el moro, Chilindrón, El Pájaro de San Lázaro, Lamparillas etc os cales coas súas formas de vivir daban un aire a nosa Cidade. Nós vamos falar de “Antonciño”. O seu nome era Antonio Rodríguez.

A primeira nova que temos del aparece no Xornal “Galicia Moderna” N.º 22  do 15 de Marzo de 1898 o cal nun apartado de galería de homes felices se  lle dedica un poema que se titula “Antoniño” (Mondoñedo).

O xornal a voz de Mondoñedo do 25 de Marzo de 1905 di: “Parece que no fue mala del todo la langosta… que pescó el domingo último el vendedor de periódicos Antonciño, conocido tambien por Fino. A causa del mareo… que le produjo  el crustaceo del Ribeiro … y al subir el Fino al estribo de la delantera de uno de los coches que hacen el viaje a Baamonde se cayo Antón pasándole  las ruedas  del vehiculos  por encima de las piernas. En principio se creio que sería verdad lo que el caído a grandes gritos  decía o sea “aquí ha muerto un fino periodista…”  Afortunadamente no se trata más que de una mazadura”.

En Maio de 1906 tivo outro altercado na rúa bispo Sarmiento  entre o Antonciño e un xovén barbeiro desta localidade  chamado Ramón Marful.

“Primeiro foron verbas despois feitos resultando o Antonciño con unha forte contusión nun ollo”

O Xornal “El Pensamiento  Católico” pide un castigo polos espectaculos tristisimos que aveces provoca o vendedor da prensa liberal “Antonciño”. A Voz de Mondoñedo o defende aducindo que a culpa toda a ten o alcohol  y laudable fora que se reformase, pero e preciso tamén  que algún dos que reparten a prensa que “se llama buena” non provoque  como ocurre en moitas ocasións.

Con data de 12 de Novembro de 1912 o xornal o Cruzado  di:

“Un bizarro capitán del glorioso ejército español al oir la voz de Antonciño pregonando  sus periódicos, vino concurriendo, casí volando y en plena plaza de la Constitución, llena de gente  pues era domingo le reprendió en alta voz, porque no le llevaba a casa todos los días según le había ordenado la “Tierra Gallega”. Fue un acto de valor que nos causo admiración y asombro.

A voz de Mondoñedo do 2 de Nadal de 1912 trae a seguiente nova: “Agresión condenada” Ayer domingo  han presenciado algunas personas un hecho que condenaron  cuantos de él han ido enterandose. Tratase de un epiléptico  que en ocasiones  se hace merecedor  de corrección impuesta por la autoridad competente , pes es un epiléptico es un hombre del que no se puede esperar acto ninguno de acometimiento, ni aún rechazo material  agresión y por eso resulta  más repulsiva la realizada  contra él por el Administrador  de “El Cruzado” Sr. Blanco Muinelo, joven que esta en plenitud de la vida y por lo que no es en verdad Antonciño , vendedor de periódicos liberales y ateos, la persona indicada  para que dicho señor Muinelo  de señales de matonismo.”

“Con vocear os xornais  liberais non ofende a nadie o agredido , a quen o señor Blanco Muinelo  con un bastón  ocasionou unha ferida de non pequenas  proporcións na cabeza. “Sientase por la visto institución excelsa el Sr. Blanco” pero non sabe comprimirse cando ten a Antonciño diante. De un lado Antonciño epileptico, Antonciño dexenerado, Antonciño sin enerxias, nin ainda na lingua “cuando más y mejorr quiere hacer uso de ellas” e de outro o Sr. Blanco xovén fornido e por añadidura provisto de bastón, sin que enfrente houbese outro bastón  aínda manexado por Antonciño, convierte a agresion nun acto “no disculpable por ningun lado que se le mire”

O ferido se atopa  na cama  necesitado de asistencia facultativa e por tanto terán que funcionar as autoridades, las que xa que a cordura  non calma ardores a “el jaimismo” e necesario impoñer correctivos  a quen olvida os deberes a súa posición social.

Xa outros “Jaimistas  a lo Arderius” prentenderon en manada agredir fai uns días a Antonciño

A versión que da o Xornal “El Cruzado” e totalmente diferente e di:

“El hechco careció de importancia y no tuvo afortunadamente  consecuencias desagradables  de mayor cuantia, se desarrollo en la siguiente forma.

El redactor y administrador de este periódico D. Manuel Blanco Muinelo, hallándose conversando  tranquilamente con dos amigos frente a la casa del Telégrafo, cuando por allí pasó el vendedor de periódicos liberales  republicanos y ateos conocido por Antonciño, quien insulto al Sr. Blanco con ademanes indecorosos y frases injuriosas, llamandole entre otras cosas cobarde, criminal y asesino según lo viene haciendo con frecuencia  desde el mes de Junio en que dicho señor traslado su residencia a esta ciudad.

En buenas formas  le advertieron que se retirase el Sr. Blanco y los que le acompañaban;  retirose en efecto, pero volvió en seguida por segunda y tercera vez, arreciando en sus insultos  y provocaciones hasta el extremo de acercar sus dedos hasta la boca del Sr. Blanco. Entonces este agotada ya su paciencia  que fue mucha le dio con un delgado bastón un golpe, que iva dirigido  a un brazo y le cayó en el cuello por haberse encogido el Antonciño”

Este continuou vendendo os seus xornais desde as nove e media da maña en que ocurriu o desgraciado percance ata as doce menos cuarto en que dixo ia meterse na cama por mandato dos médicos . Dio o redactor do Xornal “Nosotros sabemos que no fueron los médicos quienes le mandaron acostarse”.

Na mañá  do martes apareceu novamente Antonciño  vendendo os xornais, pero sen insultar e como si nada houbera ocurrido si nunca houbera insultado.

Convén advertir que varias veces o Sr. Muinelo chamou a atención os axentes  da autoridade  sobre os constantes  insultos  e provocacións do mencionado suxeto  e en dúas ocasións  puxo os feitos en coñecemento do alcalde, que o amonestou e castigou  conseguindo que por algún  tempo se reportase.

O director da “Voz” estaba xa desde o mes de Xuño enterado dos insultos  e provocacións  dirixidos con insistencia  polo Antonciño o Sr. Blanco, porque cando este se atopaba no despacho  do Alcalde, referindo o que lle ocurria entrou alí o Sr. Trigo e despois de enterarse dixo “Eso lo arregla V. muy facilmente si da V. al Antonciño un par de copas de caña, lo hace V. amigo y no volvera a insultarle”.

O 19 de Nadal de 1912 tivo lugar o Xuízo de faltas no xulgado municipal desta cidade  por lesións leves causadas o vendedor de xornais liberais e republicanos, ateos e pornográficos, Antonio Rodríguez (coñecido por Antonciño) polo SR. Manuel Blanco Muinelo, quen no xulgado confesou a súa falta polas continuas faltas por parte de Antonciño.

Os testigos de cargo confirmaron a existencia da falta e tamén as circunstancias  atenuantes, renunciou o Sr. Blanco Muinelo a toda proba de descargo por non molestar o Tribunal.

O fiscal pidiu para o Sr. Blanco dous días de arresto na súa casa; o Sr. Xuíz suplente e o adxunto D. Xoaquín Rei conformaronse coa petición do Fiscal e resolveron con arreglo a mesma e contra o voto particular  do outro adxunto D. Xoaquín Basanta Gaioso que propuso a libre absolución, tendo en consideración as circunstancias  do feito.

Por estas datas Antonciño caeu na rúa do Progreso a consecuencia dun ataque de epilepsia, producindose na cabeza lesións moito más graves que as do bastonazo e ainda que  o viron manando sangue algunhas persoas, naide se interesou por él

No Cruzado se dí: “… creemos que siendo epiléptico el infeliz Antonciño, no le aprovecharan gran cosa las bebidas  que algunos les dan a fin de que sienta mayores alientos para insultar. Mais sobre este punto deben expresar los médicos su autorizados juicio..”  
 
DON FINO.

Con este nome aparece aparece no ano 1921 un xornal o oito de xaneiro, na imprenta de Cesar González Seco. Era quincenal  e o Director e de San Lázaro “Ramón Lorenzo González (O Farraco). Ten firmas tan coñecidas coma a de Ramón Rey, Cándido Carreiras…

Tal nome de Don Fino, seguramente ven a conta do antes mencionado Antonciño coñecido por Fino.

O xornal tivo unha vida corta apenas vinte e poucos números. Númerosas foron as liortas e denuncias que fixo e recibiu. 

Nun dos seus números se insertou un soneto no que se inxuriaba e calumniaba ao Farmaceutico desta poboación Manuel Ferreiro  Varela. Este querellouse ante o xulgado de instrucción contra o director do xornal Ramón Lorenzo González o cal foi procesado. A vista oral deste xuizo tivo lugar en Lugo e no momento da comparecencia  o procesado señalou a un seminarista de Mondoñedo apelidado Picos Vilabella  como autor do soneto. Despois de haberse resultado información contra o mencionado seminarista  e non resultar ningunha. A sala condenou a pena de un ano, oito meses e vinteun días de desterro e 500 pesetas de multa polo delito de inxurias e a de un ano oito meses e vinte e un días de prisión correcional e 500 pesetas de multa polo de calumnia.

A sentencia se confirma no ano 1927 coa pena de un ano, oito meses e vinte un días de multa e as costas.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Presentación do III Volume das Obras escollidas de Bautista Álvarez en Pontevedra


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal