07:17 Venres, 01 de Xullo de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-05-2010

Un recente estudo confirma que entre o 20% e 40% das axudas concedidas para o desenvolvemento son para subornos

O núcleo da corrupción

Valorar (16)

MANUEL VÁZQUEZ CABO



A corrupción é o resultado dun modelo económico-cultural que vicia e perverte, de xeito ilimitado,  as relacións humanas e as relación dos pobos. Constitúe, en certa maneira, parte das características e comportamentos dun nada desprezábel abano da sociedade. Sendo vista por  moitas persoas coma un dos factores  que incide na  desigualdade, xa que a igualdade de oportunidades queda estrullada. Se acatamos as informacións que percibimos ou  nos chegan de certos  medios de comunicación, esta asemella estar relacionada, fundamentalmente, coas institucións e os cargos políticos. Esquecendo ou pasando de largo, un sector, que con toda seguridade, é unha parte fundamental.

Aludo ao  mundo do empresariado, en concreto, aos  dos grandes beneficios. Que ademais de estragar as sociedades e as  súas economías de conxunto, danan gravemente aos pequenos e medianos empresarios. Asi, podemos percibir  con maior claridade esa teima informativa de condenar a uns e salvar a outros. O amo ordena  e manda.  Sería demasiado, que ademais de ser os causantes directos da crise que sufrimos, encima, a sociedade percibise con nitidez o papelón que xogan  no mundo da corrupción. Así que, o mellor é facernos pagar a todos. Así que pretende facernos responsábeis desas práticas ilegais e irrespetuosas co ser humano, é un obxectivo vital para os que escravizan a Galiza. Din, é cousa de todos, toda as persoas fan o mesmo. Descredito, nacional e universal, e o peor, crear a sensación de que  ren se pode facer. Pois, nós non somos responsábeis dese mundo corrupto, e as nosas accións encamíñanse a erradicar esta lacra. Na nosa sociedade  hai homes e mulleres dispostos a  facer da nosa terra un lugar para a  vida digna e respetuosa.

Abofé, comprobar que os das grandes fortunas (banca e grandes empresas) son os menos investigados e denunciados polos aparatos administrativos e xurídicos, causa noxo, e non ven máis que a confirmarnos a influencia e poder que teñen en tódos os estamentos (politicos, xurídicos, administrativos, ...) que bailan ao son da  sua música. Son os privilexiados, non o é o povo.  Como é posíbel que nunha situación económica coma a presente, estes sectores sigan tendo suculentas ganancias e o gobernos de turno nada fagan?  Como se lles pode dar diñeiro, que son de todos nós, ao sistema financeiro e non esixirlles as mínimas compensacións. Como é posíbel que se queira até privatizar as caixas, ou deixalas ao marxe do control político?

Ninguén, no seu san xuízo, dúbida dos subornos realizador polas grandes empresas para orientar e influír nos gobernos. Por exemplo, un recente estudo confirma que entre o 20% e 40% das axudas concedidas para o desenvolvemento son para subornos. Para sacar suculentos beneficios de concesións administrativas que para nada se axustan as regras establecidas. Para saquear os   fundos e riquezas públicas.  Para influír na ciencia e nos medios de comunicación. Para orientar os prestamos bancarios cara os seus particulares intereses. Para buscar miles de argucias coa finalidade de evadir impostos ou eludir as leis.

Sen dúbida unha boa parte da responsabilidade da corrupción esta nas grandes fortunas económicas que todo o limitan ás ganancia sen regras, nen aprezo algún pola sociedade e moito menos polos traballadores. Sometendo as súas gadoupas a gobernos e institucións, socavando as regras de xogo da sociedade. En fin, arruinando a vida económica e cultural de persoas e pobos. Os galegos damos fe pública.


[11-05-2010 12:22] Abelardo del Caño comentou:

Unha das lacras mais esquecida, e con menos protagonismo nos meios de prensa, escrita e audiovisual, é a do funcionamento fora dos focos, das actividades empresarias relacionadas cas contratas, tanto aquelas no que o contratista é o Estado (Concellos, Diputaciós.. etc) como aquelas outras nos que un é outro suxeito xurídico son empresas. Non cabe falar de sobornos cando podemos nos referir a que o normal é cas contrataciós non sigan un procedimento, teóricamente estabeleciddo, para estos casos, senón que se fan nuns casos dun xeito e noutos doutro diferente. O intercambio de cartos baixo a mesa, nas ceas previas as contrataciós, o alumbramento de condiciós de contrataciós nunca existentes antes que nun momento dado convírtense en imprescindibeis, que apartan centos de proxectos, algúns brillantes, fora da carreira polo contrato é, ademais de habitual, inherente o propio sistema. O sistema non privilexia o millor proxecto, non quere o mais barato, non quere o mais ecolóxico, non quere o máis beneficioso para a sociedades, non! en realidade o que quere é ca sociedade civil (todos nos) sexamos beneficiosos para él, esa é a base do sistema.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña