23:42 Venres, 14 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

04-12-2014

O seu nome aparece en numerosas publicacións da segunda metade do século XIX, abordando xéneros como a poesía, o teatro ou a narrativa. Sen embargo, escasos son os datos biográficos que sobre ela atopamos

Emilia Calé Torres Sanjurjo e Culleredo: dous poemas dedicados a Rosalía de Castro e Carolina Casanova

Valorar (12)

CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ



Non é descoñecida a figura de Emilia Calé Torres Sanjurjo. Como ben salienta Aurora Marco en As precursoras, o seu nome aparece en numerosas publicacións da segunda metade do século XIX, abordando xéneros como a poesía, o teatro ou a narrativa. Sen embargo, escasos son os datos biográficos que sobre ela atopamos, errados en moitas ocasións (como facela filla, na biografía que aparece no Consello da Cultura Galega, de Pedro Alejandro Auber, confundíndoa coa novelista romántica coruñesa, pero cubana de adopción, Virginia Felicia Auber).

Nesta colaboración non abordaremos os aspectos literarios da obra de Emilia Calé; limitarémonos simplemente a achegar algúns datos novidosos sobre ela e sobre os seus vencellos con Culleredo, concretamente coa parroquia de Rutis (Vilaboa), na que escribe, entre outros, os dous poemas que incluímos nesta colaboración.

Emilia Calé Torres Sanjurjo naceu na Coruña o 12 de febreiro de 1837. Era filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo Concello interino designado o 1 de outubro de 1868, Francisco Calé Martínez, nacido en Orihuela en 1813 e falecido na Coruña en 1870. Na súa tumba figura unha oitava real que José Tarrío, coidamos que acertadamente, atribúe á súa filla Emilia.

A súa nai faleceu sendo Emilia moi cativa. Nun poema que lle dedica na Coruña en 1861, “Á la memoria de mi querida madre”, recollido no poemario Horas de inspiración, menciona que xa levaba 22 anos morta. Debeu falecer, por tanto, en torno a 1839.

Como ten publicado o xenealoxista José Tarrío, en 1862 (non na década dos 70, como figura erroneamente noutros traballos) casa, na igrexa de Santiago da Coruña, con Lorenzo Gómez Quintero Fernández Morado, natural de San Juan de Puerto Rico e fillo de pai ferrolán. El era, no momento do enlace, “oficial del Consejo Provincial de Orense”.

Consultados algúns expedientes do Arquivo Histórico Nacional, sabemos que Lorenzo empezara a traballar en Puerto Rico, na Comandancia Militar de Mariña e Matrículas da Estación Naval da Provincia de Puerto Rico, o 1 de xaneiro de 1850, como escribente de 3ª. Un ano despois, xa o era de 1ª. En 1854 obtivo unha licenza dun ano, para vir á Península para recobrar a súa saúde, e mais tarde outra en xullo de 1859, con idéntico motivo. En xullo de 1860 finaliza a súa etapa no citado posto de traballo e trasládase á Península, desempeñando o seu labor no Ministerio de Ultramar. En 1882 reclama un aumento da pensión que perecibía por non térenselle computado os dous anos de  licenzas, acadando que se lle recoñecese un ano e medio. En total, traballaría 23 anos.

A parella, que saibamos polo de agora, tivo cinco fillos: Emilia, que sería unha coñecida pianista, Lorenzo, Áurea, Sofía e Consuelo (que faleceu a idade temperá). Lorenzo casará en Málaga en maio de 1904 con María de la Paz Orúe y Rodríguez de Aguilar, residindo a parella en Madrid. (La Correspondencia de España, nº 16836, Madrid, sábado 12-3-1904, portada).

Nos anos 60 do século XIX aparecen os seus primeiros poemas, escritos, como toda a súa obra, en castelán. O primeiro, en 1861, na revista Galicia, Revista Universal de este Reino, aínda que algún está datado en 1860.

Pola profesión do seu marido, a parella debeu residir en varias ciudades (vémolo nos seus poemas, datados en Lugo, Ferrol, Ourense, Madrid, Coruña…), aínda que encontramos outros escritos en Vigo, Pontevedra, Palencia, Pamplona, ou no Porto. Nalgúns textos en prosa colabora co pseudónimo de Esperanza.

O matrimonio estableceuse en Madrid en 1871 converténdose Emilia na anfitrioa de varias xuntanzas da sociedade La Galicia Literaria, fundada polo seu curmán Teodosio Vesteiro Torres. A esta tertulia asistían Francisco Añón, Curros Enríquez, os irmáns Muruais, Luís Taboada... Ela, socia honoraria fundadora, recitaba algún dos seus poemas. Mais non nos estenderemos neste tema, xa das actas desta tertulia pódese dispor na rede dunha versión transcrita.

Regresan uns anos despois. No primeiro lustro da década dos 80 dez dos seus poemas (que saibamos polo de agora) aparecen como escritos en Vilaboa (Culleredo): “Sombras y luz” (1881), “Lejos de su tumba” (1881), “A mi buena amiga J. V.” (1881), “Á media noche” (1882), “Canto á la Primavera” (1882), “Redención” (1882), “Noche y aurora” (1884), “Misterio” (1885), “Á la célebre diva Carolina Casanova de Cepeda” (1885), “Á la memoria de Rosalía de Castro” (1885). Todas están recollidas en Crepusculares, agás o poema dedicado a Carolina Casanova, unha célebre cantante de ópera nacida en Ferrol e que posúa casa de lecer en Vilaboa (Culleredo).

Cal é a razón da súa presenza nesta localidade. O esposo de Emilia, Lorenzo, descendía por línea materna dunha familia coruñesa que xa no século XVIII (sabémolo polo arquivo parroquial de Rutis) está presente nese lugar, onde posuían unha casa, logo ampliada, cunha capela baixo a advocación de San Marcos. No Arquivo Histórico Nacional consérvanse uns planos desta casa, que nós chegamos a coñecer. No lintel dun portalón de acceso á propiedade figuraba a data de 1767. Era a propietaria dona Lorenzo López Morado. E temos tamén noticia dunha voda celebrada en 1858 na capela de “doña Lorenza Morado”. Cremos que era a nai de Lorenzo.

Respecto da obra literaria, Emilia, ademais de colaborar en numerosas revistas que agora non imos enumerar, publicou os seguintes libros: Horas de inspiración (Imprenta Soto Freire, Lugo, 1867; 2ª ed., Madrid, 1875); Cuadros sociales o pequeñas novelas (A Coruña, 1878); Lazos rotos: drama en tres actos y en verso (Imprenta Nicolás Moya, Madrid, 1884), Las escenas de la vida (A Coruña, 1890), Crepusculares (Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1894) e De la cima al abismo (A Coruña, 1894).

Pola súa parte, o seu marido colaborou en La Monarquía (Ferrol), aparecido en 1886, e El Gallego (Lugo), en 1867, sendo o secretario de redacción, e dirixiu El Eco de Galicia (Lugo), a mediados de 1891, El Compilador (Puerto Rico), en 1873 e El Progreso de Galicia (A Coruña), un par de meses en 1881, os que durou o xornal. Ademais de varios artigos, coñecemos dúas obras da súa autoría: Justicia para Galicia y Asturias en la cuestión del ferrocarril del Noroeste y de Orense á Vigo, Madrid, Imprenta a cargo de Heliodoro Pérez, 1874, folleto de 76 páxinas (data a finalización do libro en Madrid o 1 de xullo de 1874) e La Escritura y la imprenta: desde sus primitivos tiempos y consideraciones sobre la importancia de una y otra, Imprenta de Soto Freire, Lugo, 1867.

Foi distinguida, con outras escritoras, como correspondente da Real Academia Galega na súa fundación (1906). Ese mesmo ano, o 21 de novembro, falece en Madrid o seu esposo. Dedicoulle unha breve necrolóxica La Correspondencia de España (nº 17.818, Madrid, 24-11-1906).

Emilia falecerá, tamén en Madrid, o 18 de setembro de 1908, sendo soterrada no cemiterio da Almudena. A necrolóxica que lle dedica El Liberal (nº 10557, Madrid, 21-9-1903, páx. 3), achega datos interesantes:

DOÑA EMILIA CALÉ
A avanzada edad ha fallecido en Madrid, y anteayer recibió sepultura en el cementerio de Nuestra Señora de la Almudena, la señora doña Emilia Calé y Torres, viuda de Gómez-Quintero, distinguida escritora coruñesa, que tuvo su época de nombradía y cuyo recuerdo está asociado al de los precursores é iniciadores del renacimiento literario gallego.

Emilia Calé, desde sus años juveniles, cultivo con fortuna la poesía, y aun sin poseer la inspiración de la gran Rosalía Castro, construyó estrofas armoniosas, correctas y sentidas, que pueden encontrarse en los viejos periódicos regionales y en la colección de sus poesías, titulada “Horas de inspiración”.


En el famoso “Álbum de la Caridad”, donde Pascual López Cortón coleccionó todos los trabajos en prosa y en verso que se presentaron á los primeros Juegos Florales de la Coruña que inició y subvencionó con largueza hace cerca de medio siglo aquel patriota benemérito, se publicaron las primeras composiciones poéticas de Emilia Calé, que era muy joven á la sazón.

Por entonces contrajo matrimonio con D. Lorenzo Gómez-Quintero, escritor americano, que dirigió en Galicia algunas revistas literarias y que hace un año falleció en Madrid. Uno de los hijos de este matrimonio es Emilia López-Quintero, la insigne pianista, tan celebrada entre nosotros.


Fué la Calé una de las fundadoras de la Galicia Ilustrada. Sociedad que crearon en Madrid, por el año 1875, Curros y Enríquez, Añón, Muruais (Jesús y Andrés), Victorino. Novo y el malogrado Vesteiro Torres y á la que asistía en espíritu Alfredo Vicenti, que terminaba á la sazón sus estudios de Medicina en la Universidad de Compostela.


Hace pocos días, el maestro Ortega y Munilla recordaba, en su discurso de los Juegos Florales de Vigo, la trágica muerte de Vesteiro-Torres y la “Corona poética” que sus compatriotas le dedicaron en 1877. La “Corona” -que por cierto es una exquisita joya  literaria-, comenzaba con la poesía de la Calé, dedicada á la muerte del poeta, que era su primo hermano, y al que había dado más de una vez hospitalidad y casi obligado á publicar sus “Versos” y su “Galería de gallegos ilustres”.


La Coruña contó siempre á la Calé entre sus hijas predilectas, y en el año de 1885 el Círculo de Artesanos de aquella ciudad la designó para compartir con la señora Pardo Bazán la presidencia del concurso literario, que allí por entonces se efectuó, y al que asistió D. Alfonso XII.


Descanse en paz la inspirada y modesta poetisa entusiasta gallega y madre de familia ejemplar”.


O poema dedicado á súa amiga Carolina Casanova, que transcribimos, foi escrito en ocasión dunha festa que esta celebrou na súa casa-quinta de Vilaboa, na que interpretou algunhas pezas ao piano Emilia Gómez-Quintero Calé, filla de Emilia, e esta leu ese poema. Foi publicado en El Correo de la Moda, año XXXV, nº 36, Madrid, 1885, páx. 286 e o reproduce facsimilarmente Mercedes Puyol no seu artigo “Carolina Casanova de Cepeda, una soprano ferrolana en el mundo de la ópera”, publicado no nº 26 de FerrolAnálisis (2011)

O dedicado a Rosalía de Castro, onde expresa a súa profunda admiración por ela, está escrito logo do pasamento da ilustre escritora. Como nos indica Lucía García Vega, no artigo “Os espazos necrolóxico e elexíaco de Rosalía de Castro na prensa de Madrid e de Galicia” (Madrygal, nº 14 (2011), páxs. 81-92), foi publicado por primeira vez en El Ciclón, A Coruña, 19 de setembro de 1885, que a autora reproduce en facsímile. Nos encontrámolo un par de meses despois en Galicia Moderna, nº 31, A Habana, 29-11-1885, páx. 3 (que transcribimos). Xosé Neira Vilas menciona que igualmente se publicou en El Eco de Galicia, en concreto o 22 de xaneiro de 1886.

A LA CÉLEBRE DIVA

Mi distinguida y cariñosa amiga

CAROLINA CASANOVA DE CEPEDA


¡Bendito, Carolina, el venturoso instante
en que cual bello astro tu nombre apareció!
¡Bien haya el feliz día en que divino el genio
con sus brillantes alas tu cuna circundó.

Tú eres el grato ensueño de rica poesía,
que en realidad conviertes para guardarlo en ti.
Tu voz dulce y extraña revela en cada nota
que el coro de los ángeles copiarse puede aquí.

Tú cantas, y las aves que trinan en la selva
suspenden sus cantares al escuchar tu voz;
guiadas del reclamo de tu divino acento,
hasta tu planta vuelan en su girar veloz.

Por ti dejan su cuna las aromadas flores
para rendirte culto, do quiera que tú estés;
y son la hermosa ofrenda que á ti llega á porfía
en ondas de fragancia, y alfombras de tus piés.

Por ti nácares guarda, y perlas y corales
el fondo de esos mares que encubre leve tul,
para brindarte el hombre las esplendentes galas
con que ciñen sus sienes las hadas de Stambul.

Por ti la sierra tiene en su profundo seno
diamantes que algún día para tu frente son.
¿Qué más quieres, en suma, si diosa eres del Arte,
y ante su altar se postra absorta la creación?

Si en tu anhelada gloria mayor dicha reclamas,
si aún hallas tanto espacio pequeño para ti,
contempla de la historia las páginas de oro,
tu nombre, Carolina, verás escrito allí.

Que si afanosas bordan aves, flores y perlas
la senda deslumbrante que aquí debes seguir,
en hojas inmortales que el tiempo no deshace,
cercado de laureles tu nombre ha de vivir.

Hoy de mi tosca lira la humilde flor acoge,
haz que reviva siempre al fuego de tu sien;
y en ese nido amante de tus afectos dulces,
unida con mi nombre, consérvala también.

EMILIA CALÉ TORRES DE QUINTERO
Quinta de Villa Rutis, 25 de agosto de 1885.

A ROSALÍA CASTRO


Si en tu morada de calma,
y en este día de luto,
te basta para tu palma,
entre lágrimas del alma,
un recuerdo por tributo.                    

Yo, que no te conocí,
pero que supe admirarte;
yo, que tus libros leí,
es justo que quiera aquí,
mi humilde ofrenda dejarte.                      

En mi amorosa memoria,
no con brillante reseña
pretendo mostrar tu historia,
para cantar tanta gloria
me considero pequeña.                

Quiero con dolor profundo,
tu muerte llorar tan solo,
ya que tu genio profundo
fué antorcha que alumbró al mundo
e irradió de polo á polo.                  

No anida sobre la tierra
quien lleva un sello divino,
que en triste y constante guerra,
tal vez el afán encierra
de terminar su destino.                    

Acaso en luchas crueles,
de esas que la vida
agotan y entre deseos infieles,
no alcanzaste más laureles
que estos que en la tumba brotan.                      

Tal vez, aunque el mundo a coro
te ensalzó cual un portento
y en tus libros vió un tesoro,
no quiso brindarte el oro
que niega siempre al talento.

Por eso cuando se agitan
en dolorosos instantes
ideas que resucitan,
aún las figuras palpitan
de Camoens y Cervantes.                    

Que en el amargo existir
de nuestra vida ilusoria,
tiene el hombre que morir
para empezar a vivir
sobre el polvo de la escoria.                  

Por eso, aunque ya no suena
tu voz dulcísima y pura,
como en época serena,
su eco vibrante, aún resuena
salvando tu sepultura.                      

Blasones, belleza, acaso
el tiempo, á la par que ruede,
sepultar podrá á su paso;
¡Tú serás sol sin ocaso,
mientras una aurora quede!                    

Y aún en el postrer fulgor
cuando la tierra sucumba,
hará el último cantor,
con su lira, en tu loor,
una cruz para la tumba.                          

Vates del gallego suelo:
hoy con la lira enlutada
cantad en señal de duelo;
¡Qué ella acoja desde el cielo
nuestra ofrenda inmaculada!              

Emilia Calé Torres de Quintero.
Villa-Rutis (Coruña) 2º Stbre. 1885



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal