23:23 Venres, 14 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-08-2014

Era unha das mais pequenas, tiña unha extensión de 2020 quilómetros cadrados

A Provincia de Mondoñedo. Extensión e lindes

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


Era unha das mais pequenas, tiña unha extensión de 2020 quilómetros cadrados. Lindada con Betanzos  polo Oeste, sendo curso do río Sor durante 17 o linde natural; polo Sur coa provincia de Lugo sendo a súa divisoria  o actual linde entre os concellos de Abadín e Cospeito, polo Norte co Mar Cantábrico e polo Este o principado de Asturias.

            Mondoñedo era unha das provincias más antigas  de Galiza. En 1500 atópase divido o Reino de Galiza en cinco provincias  sendo Mondoñedo unha delas, as demais eran Santiago-Tuy; A Coruña-Betanzos; Lugo e Ourense.

            Consta en documentos do arquivo mindoniense que os de Mondoñedo eran preferidos os de Ourense.

            O 16 de Febreiro de 1586 faise traslado dunha “sentencia  dada por el oydor Bimbiesca de este Reino por lo qual  prefieren al Procurador de esta ciudad de Mondoñedo al de Orense”.

            Mondoñedo ocupaba o quinto lugar  entre as sete provincias galegas e o representante dela nas xuntas do Reino de Galiza sentábase  despois do de Lugo.

  Xurisdicións e Cotos da Provincia de Mondoñedo.            
O concello de Mondoñedo en 11 de Xullo de 1807 fixo una relación que enviou o Sr. Intendente, nela se atopan as seguintes:

            Xurisdición de Mondoñedo.            
Tiña 4.377 almas e tres xustizas que era: un alcalde maior e dous ordinarios. O primeiro   exercía  xurisdición na cidade e nos pobos anexos. Exercía ademais no civil e única no criminal   con todas as xurisdicións  de provincia onde o bispo nomeaba xuíz.

            Os alcaldes ordinarios  tiñan igual  xurisdición que o maior  peor solo podían exercela na cidade  e o seu concello. O Alcalde Maior  era nomeado  polo Prelado  quen tamén nomeaba os alcaldes ordinarios  tendo que saír a proposta das tres parellas que o primeiro día do ano lle facía o Concello.

            Outras xurisdicións eran a de Alfoz do Castro do Ouro, Bares e Mogor, Barreiros, Bretoña e Reigosa, Cabarcos, Costas de Monte, Portocelo, Riotorto, San Ciprián, Tierrallana del Valle de Oro, Villaforman, Nois  e Vilaronte todas estas  pertencentes o Lic. D. Manuel Iravedra e Puga, avogado da Real Audiencia de Galiza; Ribadeo, pertencente o Duque de Hijar; Viveiro pertencente o Rei; o Val de Lourenza os veciños; Vilanova de Lourenza o mosteiro  beneditino de dita Vila; Vilaronte e San Martín pertencentes o Conde Gimonde.

            Cotos.            
Abadín e Lagoa pertencentes a D. Xosé de Luaces e Presno, de Mondoñedo; Balboa, a D. Pedro de Oia Baroncelle; Villacesar a D. Pedro Benito Bermúdez de Castropol; Burela a D. Antonio Bolaño y D. Xosé Quiroga; San Xusto de Cabarcos o mosteiro de Lourenzá e os veciños; Canedo á marquesa de Villasante; Cedofeita á Marquesa de Camarasa; Cima de Vila a os veciños; Ferreiravella á fábrica da Catedral de Mondoñedo; Ferreira a D. Xosé María Moscoso de Mondoñedo; Xerdiz a Pedro Nolasco de Cora; Graña de Villarente a Dª María Cornide; Grañas do Son o Mosteiro de Meira; Landrove a Doña Manuela Navia Bolaño; Moncelos os veciños; Mouxoeira e Santa Marta de Meilán o Marqués de Bendaña; Buliquiera a D. Vicente Trelles; Villaseca de Arriba a D. Francisco Gegunde; Santalla a Nicolás Sarmiento Teijeiro; Oirán o Cabido Catedral de Mondoñedo; Orrea a dito Cabido; Otero a Pedro Luís Vaamonde; Pena de Cabras e Barreiros a don Pedro de Oya  y D. Antonio Montenegro del Pino; Rececende a D. Nicolás  Sarmiento; Samarugo a D. José Pardo  Osorio; Silán a D. Josefá Bermúdez; Suego a D. José Bolaño  y D. Gabriel Cora; Trabada o mosteiro de Meira; Vilegabe o cabido Catedral de Mondoñedo; Villagabe o Cabido Catedral de Mondoñedo; Fontao a D. Xosé María Moscoso e Fanoi o Cabido o cabido de Mondoñedo.

            En 1833 o 19 de Febreiro contestando a un interrogatorio do Intendente do Reino de Galiza di o seguinte:

                        “Que el ramo de industria en la parte principal de la provincia es la fábrica de lienzos e hilos, cuyas manufacturas se extraían para las Castillas; pero actualmente  se hallan estancadas y asea por la entrada de linarias extranjeras o por la miseria general. Al parecer del ayuntamiento el medio más apropósito sería el suprimir las alcabalas á alibiarlas y juntamente el dro. de puertas con respecto  a esa mercancía  y otros frutos nacionales; grabando las introducciones extranjeras, que por haber sido estas aquí abundantes  hicieron que los naturales se descuidasen de la siembra del lino, siendo su consistencia  acaso maior  que el que sale de Rusia, el cual  debiera prohibirse  absolutamente, porque su introducción  es la ruina del país, solo sirve al Comercio  de bien pocas cosas  y este Reino y el de León sobran para abastecer el mercado.

            No hay en esta provincia gremio alguno  y solo a las inmediaciones de Ribadeo hay una fábrica blanqueria de lienzos dirigida  por uno de los Comerciantes  de la misma villa, donde a medio de ciertas operaciones  químicas se curan  brevemente  en tela, lo que convendría mucho fomentar, lo mismo  que las tenerías  puesto que aunque hay varias distan  lo infinito de la perfección de las extranjeras y en pocas  provincias  podría este ramo llegar a su esplendor  como en esta  por la bondad y abundancia de pieles”.

            O 25 de Outubro de 1833 o concello recibe unha Real Orden para que se proclamase por Reina a Isabel II. Dispuxo que a dita proclamación tivera lugar o 10 de Novembro próximo.

            En sesión o primeiro de novembro presidida por D. Juan Pampillo  de Saavedra, alcalde maior con asistencia dos señores Cora, Marzo, Zapico, Vázquez, López e outros  ordenou tamén o concello que se dirixise o Sr. Capitán Xeneral do Reino pedíndolle permiso para quitar dos fondos dos voluntarios realistas  a suma de 3.000 reais para as festas da proclamación.  Sendo denegado, advertindo D. Francisco Moreda que os festexos debían celebrarse por conta  dos propios fondos do concello.

            O 9 publicase  o seguinte bando:            
“El Ayuntamiento de la M. N. L. y F. ciudad de Mondoñedo de voz y voto en Cortes P. S. M. (Q. D. G.) una de las siete que compone este F. R. de Galicia  - Mondoñedo. La serie larga de infortunios que de algunos años a esta  tuvo vuestros pechos  oprimidos con el dolor más acerbo, veis desaparecerlos  en esta bienheda época de justicia  de  ilustración y de paz. Si: La Benefica providencia  por sus decretos  eleva al Trono de Castilla  a la Augusta Primogenita del jamas  bien llorado Monarca Don Fernando 7 º  (Qe. Ge.) La ley veneranda de sucesión  que desde remotos  tiempos supor espetar el heroico pueblo Español destiana a las manos inocentes de Da. Isabel 2.ª   de Borbón el Poderoso Cetro en la Magestad Real  imbuida en las maximas virtuosas  qe. Su sabia madre Doña María Cristina  sabrá inculcarle esmeradamente  labrará la prosperidad de sus leales Pueblos y desvanecera con su influencia los ominosos obstáculos qe. hasta aquí, han impedido  el completo desarrollo de las Ciencias, siendo pues indespensable, que su Real Proclamación se haga según costumbre y bajo las formulas pescritas  por las leyes fundamentales de la monarquia transportado vuestro Ayuntamiento  de un gozo, qe es facil explicar, ha determinado  en cumplimiento de la Rl. Orden de 18 de Octubre último ejecutarla solemnemente mañana a las 10

            Bien conoceis amados convecinos es indispensable  cooperar con vras Autoridades a la Magnificencia  de tan interesante ceremonia y así esperan, sin necesidad de otro mandato, que suspendido  el luto por tres días  contados  desde la fecha  limpies las calles el de su celebración y adorneis  con Colgaduras vras casas iluminandolas por la noche sin distinción de personas desde las 8 a las 12.

            No se promete menso vro. Ayuntamiento en este día de júbilo y entusiasmo del  acendrado amor que os posee a favor de N. Excelsa Reyna digna sucesora de la Grande Isabel.  Mondoñedo 9 de Noviembre de 1833. El presidente  Juan Pampillo de Saavedra . – De su mandato Ramón María Seijas”.

            O día seguinte tiveron lugar os festexos. Na praza da catedral colocouse unha plataforma e outra na rúa da Cruz (hoxe bispo Sarmiento) contigua o nicho do Cristo dos Remedios.

            Estas estaban adornadas  primorosamente con mirto, flores e colgaduras de seda.

            O acto deu comezo coa saída do consistorio a media maña da comitiva. Rompía a marcha unha comparsa do Gremio de Zapateiros, a cal ía executando a danza das espadas. Despois ía  unha artística carroza  cuberta de raso carmesí. Nela ía unha fermosa nena que simbolizaba a xoven  reina. Logo ían as comunidades de Alcántara e os Picos. O rexedor mais antigo que era D. Ramón da Rocha o cal levaba o pendón de Mondoñedo. O seus lados ían o Alcalde maior e o Rexidor  que en antigüedade seguía a aquel.

            As rúas estaban cheas de xente.  A música da Catedral foi costeada polo gremio do Comercio. Tocaban unha marcha composta para tal día.

            Por todas as rúas e lugares partían voadores.

            Subiu a comitiva pola rúa da Princesa (hoxe Progreso)  e xa na da Cruz o concello subiu a plataforma e alí se proclamou a reina.  A tropa fixo varias descarga. A comitiva recorreu varias rúas, Santo Domingo, Batitales, Angustias y Herreros baixando pola Real Princesa ata a plataforma da praza para verificar a proclamación. O pendón colocouse no balcón do Consistorio, en un dosel de varios cores  púxose un retrato da Reina.

            Celebrouse un refresco  na Sala de Sesións  do Consistorio. Varios concurrentes fixeron discursos e composicións poéticas.

            Pola tarde recorreron as rúas as gaitas do pais, a comparsa do Gremio de zapateiros e a música da Catedral.

            A noite na praza da Catedral houbo verbena.

            Pero poucos días mais tarde chegaba a defunción da provincia de Mondoñedo. Por edicto do 30 de Novembro de 1833 quedou divida Galiza nas catro provincias que coñecemos agora.

            Débeda Histórica            
Pasados 181 anos, os gobernos do estado, os gobernos da Xunta  teñen unha débeda. A todo o mundo o foron compensando  dunhas formas ou doutras pero Mondoñedo parece haberse detido o tempo nese ano. Non houbo revolución industrial, non pasou tren, as vías de comunicación sempre foron malísimas. Pola contra  foron quitando servizos para o que din capital da Provincia, a cal nos anexionaron. Nestes anos que nos deron nada…. Os políticos locais tampouco nada fixeron por reclamar o que debía ser devolto. Lugo nunca tivo mar.  Por iso eu non son lucense, son da Provincia de Mondoñedo.  



[05-07-2015 15:21] Anrtonio Gregorio Montes comentou:

Coido que sería menester recomentar por parte do autor o comentario de Marcos Celeiro

[01-07-2015 00:28] Francisco José Campos Dorado comentou:

Datos de arquivo histórico, preciosos, Cidre.
Xa teremos tempo de discutir si somos provincianos ou realmente o "embigo" do reino máis antigo de Europa

[13-08-2014 03:38] Marcos Celeiro comentou:

Sim, em 1833 os espanhóis abolem o Reino da Galiza e começam a falar de províncias. Inicialmente propõem uma divisão fundamentada nas dióceses, mas finalmente fazem a divisão arbitrária atual para «destruir melhor» a estrutura territorial. Antes desse ano, NUNCA NA GALIZA HOUVE PROVÍNCIAS. A «província de Mondonhedo» só exitiu num anteprojeto espanholista. Parece ser que há galegos que continuam a ter a mente nesses projetos espanholistas, e IGNORAM completamente as suas instituições históricas. Assim é como se pode entender o ABSOLUTO DESPREÇO que atualmente o BNG tem para as paróquias e comarcas, assim como para os territórios de fora dos limites «autonómicos» impostos desde Madri. Certamente, podeis definir-vos como PROVINCIANOS. ;-)

[11-08-2014 12:09] Oilda comentou:

¡¡¡ muy interesante !!!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal