06:19 Mércores, 23 de Setembro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-04-2010

A Consellaría de Medio Rural, andivo torpe e lenta no que fai referencia ás liñas de axudas para os montes veciñais e rápida e áxil no campo lexislativo

Lexislacións agresivas contra o monte veciñal

Valorar (8)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


Manifestación en defensa dos montes comunias en Salcedo


A lei do aproveitamento eólico e pola que se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental e as modificacións de lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, recentemente aprobadas polo goberno do Partido Popular, son dúas lexislacions agresivas contra o monte veciñal que teñen con obxetivo a eliminación do monte veciñal, esa outra forma de pusuír que temos os galegos e as galegas.

Se a actual Consellería do Medio Rural, andivo torpe e lenta no que fai referencia ás liñas de axudas para os montes veciñais (só dúas liñas da axudas nun ano), andivo, pola contra, rápida e áxil no campo lexislativo. Nun só ano, xa promulgou dúas normas lexislativas que afectan aos montes veciñais en Man común: a lei pola que se regula o aproveitamento eólico e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental  e as modificacions de lei de ordenación urbanistica e protección do medio  rural. As dúas son lexilacions agresivas contra o monte veciñal .

Cales son as razóns de esta rapidez e de esta axilidade  da Consellaría de Medio rural con estas dúas normativas agresivas para a titularidade veciñal?. As razóns non son nen máis, nen menos, que o desenvolvemento, paso a paso, da extratexia que ten o goberno galego do Partido Popular, de eliminar a figura do monte veciñal, que entre outras cousas, é un sinal de identidade do noso País.

Non cabe dúbida que este ataque contra o monte veciñal, garda un paralelismo coa agresión ao principal sinal de identidade que temos,  o noso idioma.

O decreto do aproveitamento da enerxía eólica, promulgado pola Consellaria de Innovación e Industria do BNG no goberno bipartito, significou un paso adiante para o medio rural. Mediante este decreto, ordenábase parte do territorio galego, esixíase o estudo de impacto medioambiental para a instalación dos parques eólicos, buscábase un equilibrio entre o social, o económico e o medio ambiental e dotábase de capacidade de decisión aos titulares das terras xa que a Consellaría de Innovación e Industria, para autorizar a instalación de un parque eólico, esixíalle aos promotores, cando menos un 75% de acordos cos titulares das terras. Estas condicións, posibilitaban que uns dos beneficiados  da enerxía eólica fosen o medio rural e súa poboación. Posiblemente este decreto fose susceptible de milloras, mais en liñas xerais era un bo decreto. De aí que a orgaccmm, unha das organizacions mais representativas no eido do monte veciñal, manifestara o seu apoio dende o principio.

Agora, coa aprobación da nova lei do aproveitamento da enerxía eólica, que deroga o anterior decreto, todas estas milloras desaparecen e vólvese á situación do pasado (tamen gobernado polo PP). Situación do pasado que pode resumirse en que as empresas promotoras dos parques eólicos poden instalalos en calquer parte do territorio galego, sen ter en conta, nen as características deste, nin a opinión dos titulares das terras. E poden facelo por dúas vías, ou ben impoñendo os precios que queiran para as terrras, ou roubando as terras a través do instrumento da expropiación forzosa. Estas dúas vías significan a eliminación física do monte veciñal e o roubo de plusvalías do medio rural para poder poñelo en valor .

As modificacións, aprobadas polo goberno do Partido Popular, da lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, polo que fai respecto ao monte veciñal, significa o desprotexelo de todo tipo de protección. Se até de agora, os montes veciñais en man estaban catalogados como solo rústico de protección forestal, agora pasan a ser catalogados como solo rústico de protección ordinaria, é dicir, sen nengunha protección. Cando o lóxico  sería que os montes veciñais  poñan súa a titularidade, polas funcións  que cumplen, pola súa situación no medio rural, deberían estar catalogados nun solo  rústico "especial ", as modificacións da lei, deixanos a expensas dos intereses urbanísticos e especulativos para que estes engorden máis os seus  negocios.

A lei de aproveitamento da enerxía eólica pola que se crean o canon eólico e o fondo compensación ambiental  e as modificacións da lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, son as primeiras normativas agresivas para o monte veciñal do novo goberno do Partido Popular, mais non seran as últimas. O parar estas agresións, non debe ser  cousa somentes das comunidades de montes. Debe ser cousa de todos e de todas. Porque a posta en valor dos montes veciñais en Man común de xeito multifuncional e sustentable, debe ser entendida como extratéxica para o noso País.


[30-04-2010 ] Medios comentou:

Os montes veciñais son extensións de terra moi interesantes para a obtención de rendas complementarias para unha poboación; a rural e un sector; o agro, que as está a necesitar moito. Todo semellan ser trabas para que esas rendas revirtan no benestar dos comuneiros, comezándo pola fiscalidade das rendas obtidas pola explotación dos montes.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña