15:40 Sabado, 28 de Maio de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-07-2013

Resulta imprescindíbel reducir a poboación mundial a un número manexable para a elite, utilizando a falla de comida e auga

“O club Bilderberg e a poboación mundial”

Valorar (1)

FRANCISCO GRAÑA



Arredor de 150 persoas, políticos, banqueiros, membros da realeza, multimillonarios e empresarios, acordaron no Cumio do Club Bilderberg, facerse co control de toda a alimentación mundial, na xuntanza do mes de xuño deste ano, celebrada en Watford, a o norte de Londres, asegurou Daniel Estulin a RT; segundo filtracións recollidas, xa que non se fan declaracións públicas.          

As razóns que se dan, é que o progreso e desenvolvemento da sociedade e directamente proporcional ao incremento da densidade de poboación; somos máis persoas e menos comida para todos. Xa que logo, hai que suprimir pola fame a canta máis xente mellor, para que unha humanidade reducida poida seguir vivindo ben nun planeta que ten unha capacidade de carga limitada.          

Pero esta razón que se esgrime é unha falacia; o verdadeiro motivo desta alucinante proposta neomalthusiana dos que forman a “xenuína posición dos mercados”, débese á toma de conciencia da  progresiva perda do seu poder Global, mais que á preocupacións ecolóxicas. Sé no ano 1950 o mundo Occidental, con EEUU ao fronte, supoñían o 34 por cento da poboación total, agora apenas chega ao 20 por cento, e a  proporción segue descendendo.          

Esta nova correlación dificulta, aínda máis, o control da Elite Global, e pon en perigo a súa dominación. Resulta imprescindíbel reducir a poboación mundial a un número manexable para a elite, utilizando a falla de comida e auga.          

Hoxe a poboación mundial é de 7000 millóns aproximadamente, e para o ano 2025 será duns 8500 millóns. As causas deste incremento están vinculadas principalmente a un melloramento nas condicións sanitarias e alimenticias básicas. O crecemento da poboación aumenta en paralelo ao consumo humano en xeral, pero só nunha primeira fase. Unha vez cubertas as necesidades esenciais comeza a decrecer. Outro 20 por cento vive en condicións de pobreza estrema, e moitos morren de fame; son asasinados habendo hoxe abundancia de alimentos no mundo, e a pesares ou grazas a isto é o segmento onde a poboación medra dun xeito exponencial.          

O ex asesor de Seguridade Nacional dos EEUU, Zbigniew Brzezinski, fundador da poderosa Comisión Trilateral, asiduo asistente as xuntanzas do Grupo Bilderberg, que foi descrito por Barack Obama como “un dos nosos pensadores máis destacados“, ten declarado que a subida do activismo populista mundial está resultando prexudicial para a dominación externa que prevalecía na época do colonialismo. "A resistencia persistente dos pobos historicamente reticentes ao control externo é cada vez máis difícil de suprimir”. Estas declaracións foron feitas no Foro Europeo para as novas ideas (EFNI), unha organización que avoga pola transformación da Unión Europea nun Macro Estado antidemocrático, federal, burocrático de “control externo”.

O espertar político global dos pobos e nacións, combínase coas inevitábeis contradicións internas do propio Sistema Capitalista, que o mantén en permanente inestabilidade, e pon en perigo, ademais do seu poder, as aspiracións da elite para a imposición dun Novo Orde Mundial que transcenda o propio Capitalismo , cunha sociedade máis segura e controlada. Zbignew Brzezinski a denominou “tecnotrónica”, na que se avoga polo condicionamento psicolóxico da poboación por parte dunha elite ao través da manipulación tecnotrónica, que explota as ultimas técnicas de comunicación para o control emocional e racional. Unha sociedade con abundante forza de traballo escrava robotizada, pos industrial de crecemento cero, moito máis segura para a oligarquía mundial que o actual  capitalismo de mercado, coas súas crises de sobre acumulación que antes resolvíanse coas guerras mundiais, pero agora suporían o fin da humanidade , mais tamén da elite, velaquí o problema de fondo.          

A transición a este Novo Orde Mundial, require a eliminación de toda identidade e autodeterminación nacionais, e porén, dos Estados Nación, sendo incompatíbel coas Soberanías das nacións e dos pobos. Debilitar e liquidar o mundo multipolar, apuntando principalmente a China e Rusia. No deseño dos globalizadores iluminados do Novo Orde, non hai espazo para a Paz, senón guerra permanente e caos programado ao través do seu Aparello Terrorista de alcance Internacional (OTAN e masas de mercenarios) utilizando no seu beneficio, todas as contradicións sociais existentes nos ámbitos internos dos Estados,Nacións,Culturas,Relixións,Tribos...          

Xa que logo, como avoga o Club Bilderberg, o control total da alimentación mundial pola semente e as manipulacións xenéticas, poden provocar a fame e as enfermidades nas poboacións de todos os países, especialmente do terceiro mundo. Cunha reedición do neomalthusianismo  xustificase a morte inducida de 4 mil ou 5 mil millóns de seres humanos, co que a poboación mundial ficaría reducida a 3 ou 4 mil millóns; unha cifra máis manexábel baixo o control da elite. As multinacionais da alimentación do mundo occidental, mediante a manipulación das sementes nos transxénicos poden desempeñar este papel exterminador con eficiencia. As guerras mundiais xa non serán necesarias coma solución das crises endémicas, e as Relixións o Dereito e a Moral, só terán valor se serven ao Poder da Elite.          
Diante das ameazas que este futuro de barbarie representa para os pobos e as nacións, o deseño social dos iluminados do Novo Orde Mundial, que hoxe se agrupan no Club Bilderberg; os pobos e as nacións, en base ao fortalecemento da súa Soberanía e os seus Estados, deben promover sistemas políticos socioeconómicos apropiados para criar as condicións de Soberanía Alimentaria, de traballo, sanidade, educación... que posibiliten o benestar xeral, individual e colectivo.          

Sen entrar agora no fenómeno das oscilacións da poboación localizada nun país (polas migracións derivadas do colonialismo e das guerras, que atinxen nomeadamente á poboación galega negativamente, delíndonos polo mundo coma Pobo) o acceso xeral á educación, á sanidade, e ao traballo,e xa que logo, á planificación reprodutiva das mulleres e ao benestar social, permiten no só vivir dignamente, senón a estabilización do crecemento demográfico e mesmamente a diminución da poboación, como na practica se ten demostrado nos poucos países que o intentaron levar a cabo. Naturalmente, que a xente poida decidir en paz o seu futuro en todo o mundo é contrario aos intereses desta “selecta oligarquía global do Club Bilderberg”.


[02-07-2013 11:55] Alarico comentou:

Desvelar os interesses da oligarquia planetária é ajudar a construir umha sociedade livre de amos. Este artigo serve de pequeno facho para tirar o véu às auto-denominadas democracias.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña