14:21 Xoves, 11 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

12-06-2013

Esta vez o imperio, os colonialistas tratan con teimosía de afogar o campo nacionalista; a organización mais representativa do nacionalismo

Políticas que contribúen a negarnos como nación

Valorar (6)

MANUEL VÁZQUEZ CABO



Non ten pasado moito tempo, desde que os poderoso das alianzas oligopolistas deste estado, logo de ter provocado esta crise espantosa e miserábel, decidiron esnaquizar ás organizacións política non sometidas a eles, en especial as nacionalistas. Os esforzos por desnacionalizarnos é persistente na nosa historia. Traballan desde fai anos na mesma liña. Os que levamos tempo asumindo os postulados nacionalistas como intrínsecos as liberdade, ben sábemos que non é nada estraño. Sempre se intentou. Un dos métodos utilizados dunha maneira persistente é a división das forzas propias do país forma típica de debilitar momentaneamente as forza libertadoras.

Esta vez o imperio, os colonialistas tratan con teimosía de afogar o campo nacionalista; a organización mais representativa do nacionalismo. Mancáronnos na actuación electoral e tamén, por desgraza, na confrontación social. E que dicir no campo das manifestacións públicas, onde de catro forzas actuantes no parlamento galego, só unha se expresas con contidos nacionalistas. As demais practican un inclinación cara postulados españois ben observábeis, tanto no que manifestan como no que non manifestan. A visibilidade do noso diferente como pobo, até no simbólico é unha quimera para estas. Así, que a forza españolista hoxe predominante no campo electoral, o PP, síntese mais forte e con menos diques de contencións. É isto é algo que se nota na investida cruel e liquidadora que están a levar a cabo na Galiza. É coma se tiveran o campo sen cancelas, para saquearnos. A economía, o traballo, a cultura, a lingua, a sanidade, a educación, son sometidos a un constante ataque sen precedentes na nosa historia recente. O nacionalismo faille fronte a estas políticas, como non podía ser doutro xeito, con todas as súas forza. Non hai loita ou reivindicación no país, onde non participe. Impulsando moitas coa finalidade de obrigar ao poder político a que mude as súas políticas. Acadando éxitos, certo, pero moitas veces non o suficientemente rotundo para paralizar ou mudar esta situación. Con certeza, temos que manifestar que certas políticas realizadas polo goberno do PP, non serian posíbeis, se o nacionalismo non estivera dividido.

O dano dunha organización como a nosa, non esta, ou non debería estar nos retrocesos electorais, senón nos intentos de destrución da mesma. Esta vez, o imperio estáo intentando con entusiastas colaboradores, profundamente desleais co nacionalismo. Lograron mermar os resortes de defensa do país. Iso foi. Sen estes colaboradores, tan manobra non seria posíbel. Fracasarían. Si, houbo e hai quen conscientemente colaborou e está a colaborar cos inimigos políticos da Patria Galega. Hai, queirase ou non, uns propósitos, unhas vontades, realizadas por persoas e colectivos. Tamén hai un propósito, visíbel en moitos feitos, de apropiarse dunha maneira descarada das accións combativas do nacionalismo para desnaturalizalas. Actuase en certos casos como “contrabandistas”. É un facto que nos peta na conciencia, cada dia vivido. Quen así actúa, aínda facendo inconscientemente, non merece ningunha admiración ou consideración política, e si son nacionalistas, serano en contra dos intereses do país e aplicando unha política de clara desafección cos postulados nacionalistas. Serano tendo máis o pensamento na españolidade que no nacionalismo. Como debemos clasificar aos que se deixa utilizar polos foráneos para combater ao nacionalismo?. Deberían saber de sobras, que a medicina que lle están subministrando aos galegos, o que fai é matalos lentamente, ao combater ou deixar de alentar a súa, de por si xa, mermada conciencia nacionalistas. É un verdadeiro equivoco, que entra en contradición cos mínimos nacionalista. E no contexto de hoxe, en que está en confrontación o modelo do estado, as loitas nacionais contra o centralismos e autoritarismo, agrandan a gravidade dese proceder. Como se lles pode chamar nacionalista aos quen axudan a afortalar forzas non galegas e preparan así, polo tanto, o país para que sexa saqueado dun forma mais virulenta? Aos que colaboran no intento de destruír o nacionalismo e no fortalecemento das ideoloxías que nos negan como nación. Aos que se alían, nunha organización con outra organización que sempre tivo postura e actuacións retrogradas para con o pobo galego e o seu dereito a decidir. A eses que criticaron duramente ao nacionalismo por oporse a farsa autonomista e non participar naquela manifestación españolista a favor do estatuto. Eses que ardentemente asumiron e apoiaron unha “transición” fraudulenta que foi a xéneses do que sucede hoxe. “Transición” por certo, que se fai co nacionalismo ilegalizado e perseguido. Os mesmos que combateron con rabia a autoorganización do pobo galego e que trataron de impedir que o galego fose un canle normal de expresión nas loitas estudantís dos anos 70. Os mesmos que, non mundo, se aliaron filosoficamente con ideoloxías que combateron aos movemento nacionalistas. Si, refírome a esa parte dos chamados “eurocomunistas/esquerdas” que negaban a lexitima loita de Arxelia, de Nicaragua, de Angola... Si a eses que tomaron o negativo da desaparecida Unión Soviética e non o positivo; como foi o ter recoñecido na súa constitución o dereito das nacións que formaban parte da mesma a súa independencia. Que máis tarde exercerían dunha maneira exemplar.

Os seus herdeiros ideolóxicos, volven as mesmas. Mais esta vez, fano duna maneira mais raposa ao dicir que defendemos o mesmos, que somos o mesmo. Verbas de duplo sentido, armadiñas, enganos, sen diferenciar a realidade da farsa. Abusan da farsa e do embuste, dunha maneira medida e premeditada. Fano cunha arte de factício. Asi son capaces de manifestarse contra a colonización de Palestina e pasar por alto a de Galiza. Como van ser estas políticas as que libren a nosa nación? Se non foxe pola confusión e engano que crean, polo ataque que isto supón ao nacionalismo e as forzas libertadoras, seria para tomalo como unha brincadeira. Como poder ser o mesmo un nacionalistas que un españolistas, un libertador que un colonizador. Como?

En que nos podemos asemellar os que negan a capacidade dos pobo galego e os que loitamos pola mesma? En que nos podemos asemellar os que decidimos desde Galiza e os que nos impoñen ideoloxías e políticas deseñadas fora de Galiza.? En que nos podemos semellar os que se negan a ser galegos no senso político, ao negar a a aplicación practica da auto-organización? En que nos podemos semellar, en fin, os que sustentamos o derrube deste sistema de capitalismo elitista na soberanía nacional do pobos, no control das súas propias economía, e non nese elitismo universalista negador, a maioría das veces das liberdades dos pobos. Elitismo do que se poden beneficiar por certo o traballador metropolitanos, grazas a explotación que se fai das colonias. Pero do que xamais son beneficiado os operario das colonias. E que Irak, Libia, Afganistán, Iran, Siria; son atacados e algúns destruídos polo imperio por formar parte do universo elitista? Non será por queren evitar perder a súa soberanía.? Non será que o verdadeiro problema, o que hoxe é, ao meu ver, é a esencia dun movimento combativo e revolucionario, esta no control e soberanía dos países, para evitar que as riquezas dos mesmos sirvan para enriquecer esas nacións-imperios que logo escravizan ao traballadores e aos pobos. Non será, que hoxe mais que nunca, a batalla soberanista dos pobos do mundo e máis libertadora que no pasado, e por iso o imperio utiliza todas as suar armas ao alcance para esnaquizalas. Pódense negar estas claras evidencias?

Quizás hoxe teñamos que ser mais claros que nunca, para desvelar as argucias e cinismos que nos rodean. Quizá a gravidade dos acontecemento non me permita dicir outra cousa. Pero cos datos de hoxe e os feitos realizados por algún destes grupos, que se proclaman nacionalista, por certo, proclama que co paso do tempo é silenciada xa por moitos. O fuxir, ocultar, matar o nacionalismo, negando as súas revolucionarias ideas ou españolizandonos o pensamento. Isto é o verdadeiramente grave e destrutor de certos comportamento. É quero deixar claro, que esta contradición ou confrontación non debe ser entre organizacións nacionalistas, senón entre as nacionalistas e as españolistas. Supoño que é lexitimo combater o asedio dos estranxeiros, defender a nación e combater contras os seus destrutores.

A diferenza política é tan profunda e manifesta, que semella nestes momentos insalvábel. Ollo, as ciladas do engano, na que algúns xa teñen amosado a súas artes. Ollo aos que se queren facer pasar polo que non son. A súa identidade é manifesta. Para iso contan con aliados na españolidade mediatica, política e económica. Mediatica, que como manifestou Malcolm X ten un fin “ Se non estamos previdos ante os medios de comunicación, amaremos o opresor e odiaremos ao oprimido”

Non esquezamos que o nacionalismo, a vez que se sustenta en ideas, tamén debe ser claro coas mesmas. Só a actuación coherente do nacionalismo axudará a saír desta política tan hipócrita e negadora do noso. Axudará, na verdade, a volver unificar o nacionalismo na batalla pola soberanía. Hoxe a ambiguidade pode ser o noso maior problema.

Se aínda nos queda a sensibilidade e a dignidade nacionalista, para nada nos podemos situar no campo dos desiludidos. E moito menos de vernos impedidos ou incapacitado para saír fortalecidos desta situación. Xa que é algo que superaremos, cando cada un de nós, fagamos que as nosas palabras de nacionalistas cheguen a sociedade. Hoxe, calar, nas circunstancia que se nos presenten para falar das nosas alternativas, é perder oportunidades de achegar aos galegos e galegas o noso proxecto. Falar aos galegos e galegas, é unha necesidade obrigada e individual de cada un de nós. Permanecer mudos é darlle folgos aos españolistas. Así que falemos para dicirlles a todos os que nos negan, que non van conseguir apagar a nosa loita pola liberdade.



[16-06-2013 12:45] AntonioGil comentou:

A única solução do reino bubónico é a sua dissolução.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña