12:25 Luns, 15 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-09-2012

O poder político negro, representado polo African National Congress (ANC), que durante todos estes anos non foi máis ca un monicreque do poder financeiro branco surafricano e occidental

Sudáfrica: transición á española

Valorar (16)

XURXO MARTIZ CRESPO


Mineiros sudafricanos, custodiados por policías, na folga da mina de platino de Marikama


Nin o pasado Mundial de fútbol, nin a súa pertenza aos países emerxentes, nin a «igualdade» no exercicio dos dereitos políticos trouxo benestar material, liberdade e independencia aos surafricanos negros.                  

Iso sábeo ben a historia. Cando a Guerra Civil estadounidense, os «liberados» negros do sur tiñan máis valor como mercadoría e como man de obra na Confederación que como homes «libres» na Unión (norte). Moitos destes «liberados» decidiron volver ao sur e tiveron que esperar até ben entrados os anos 60 para que o réxime de segregación racial estadounidense concedese os mesmos dereitos políticos e sociais a negros e brancos.                              
Pero o recoñecemento de dereitos políticos, elixir e ser elixido, é só un dos moitos dereitos entre tantos que pode exercer e sustentar un cidadán nunha sociedade igualitaria e libre.                                        
No momento da transición política, o remate do apartheid, os brancos surafricanos cederon o poder político á maioría negra, recoñecéndolles o dereito a elixir e ser elixidos, pero o poder financeiro en Sudáfrica, que non ten ningunha calidade democrática, quedou desde logo fóra da repartición e permanece na súa totalidade na man da minoría branca.                                        
Por iso non é de estrañar o descontento entre a poboación maioritaria negra ante un poder político negro, representado polo African National Congress (ANC), que durante todos estes anos non foi máis ca un monicreque do poder financeiro branco surafricano e occidental.

Mineiros sudafricanos, custodiados por policías, na folga da mina de platino de Marikama

Por iso non é de estrañar que foran asasinados pola policía máis de 35 mineiros negros, pertencentes ao sindicato Asociación de Mineiros e Traballadores da Construción (AMCU nas súas siglas en inglés), opositor ao sindicato gobernamental do ANC, Sindicato Nacional de Mineiros de Sudáfrica (NUM en inglés) e que aos sobreviventes lles fora aplicada unha lei dos tempos do apartheid que os inculpaba por asasinato.

Pícara nunha da cotiás revoltas en Sudáfrica

A guerra de independencia en Latinoamérica non deixou de ser unha guerra civil entre unha clase social e racial dividida en dúas partes: brancos peninsulares (co poder político) e brancos crioulos (co poder económico). Os segundo gañaron e quedaron con ambos os dous. Durante case 200 anos a poboación latinoamericana sufriu ese outro xugo da plutocracia branca que representaba poderes ao servizo do exterior.                                      
Por moitas homenaxes que mereza Nelson Mandela, a verdadeira liberdade dos surafricanos está por desaloxar o poder branco e estranxeiro do poder financeiro e os seus representantes, o ANC, do poder político. Entrementres, todo será propaganda  e unha transición á española: seguirán mandando os mesmos de antes, representando os intereses dos de sempre a custa dos incautos que cren que o seu voto representa algo.


[26-09-2012 00:38] simon comentou:

A non ser que a morte dos mineiros é unha traxedia, o paradoxo reflicte que nos tempos do Apartheid houbéranos asasinado policías brancos.
Hoxe os que lles meteron bala foron os seus irmáns de sangue e cor de pel.

[21-09-2012 14:20] Xosé Manuel González Vilas comentou:

Complexa cuestión a dos paises colonizados que queren rachar as súas cadeas de centos de anos, como nos acontece a nos desde hai máis tempo. Penso que estas críticas que facemos aos movimentos de liberación africanos, ou doutro lugar, deben ser encadradas con suficiente e mínimo rigor. Aos inimigos hai que ir resolvendo de un en un ( e como dicía un mexicano "segundo o sapo a pedrada"), a revolución ideal que racha todas as contradicións posibles dun lostrego violento e súpeto non pasa dun ideal...todos os movimentos de liberación afrontan fondas e dificeis contradicións no tempo, aconteceu con Paraguai e Etiopía no século XIX, Serbia, Irlanda, Alxeria, Vietnam, Angola, Palestina...etc. Facer demandas de comportamento impecable aos que levan anos sufrindo e loitando desde condicións tremendamente abafantes, como foi o exercicio do colonialismo branco-racista dos british e boers na Suláfrica, teñen de ser contrastadas cunha análise máis ampla e funda. Temos o exemplo da independencia de Zimbabue que transicionou do aínda máis racista réxime da Rhodesia de Ian Smith, o posicionamento do Presidente Robert Mugabe diante da presencia de colonos de procedencia occidental é altamente demonizado polos de sempre...ao final a clase política...a corrupción xeralizada..etc. Hai que entender os procesos de loita e evolución como tais..a que forzas respostan e que obxectivos prioritarios acadan en cada momento, e ás convulsións que necesariamente terán que afrontar...nos temos moito que traballar, sufrir e aprender..e sobre todo a valorar as nosas limitacións e aprender dos erros que xa cometimos e cometeremos.. non tentemos de xeito tan doado desvalorizar sen máis as loitas recoñecidas historícamente noutras nacións..

[19-09-2012 10:43] cachorro comentou:

Non é que o poder financeiro quedara fóra da repartición. É que esa foi a condición para a entrega do poder político formal. Ou polo menos é o que conta Naomi Klein no capítulo correspondente da 'Doctrina do shock', vaite ti saber..

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña