23:16 Domingo, 29 de Xaneiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-07-2012

Un grupo de cabreados e cabreadas polos recortes que vén de anunciar o goberno do Partido Popular, capitaneados pola CIG, encadeábanse ás portas da Axencia Tributaria

Multiplícanse as protestas contra o PP en Valdeorras

Valorar (7)

VÍTOR SIERRA NIEVES



O encadeado ás portas do edificio de Facenda de onte -18 de xullo-, abriu unha maratón de protestas no Barco que rematará na manifestación de hoxe polas principais rúas da vila.      

A media mañá de onte, un grupo de cabreados e cabreadas polos recortes que vén de anunciar o goberno do Partido Popular, capitaneados pola CIG, encadeábanse ás portas da Axencia Tributaria. Este edificio, que fixo de símbolo das delegacións que o Estado ten no Barco, permaneceu pechado durante dúas horas.      

Axentes da Garda Civil e da Policía Local, procederon á retirada das cadeas cunha cizalla charlando tranquilamente cos concentrados dos recortes que tamén lle afectan a eles.      

Adriano Brito, responsable da CIG en Valdeorras, dixo que os recortes que vai aplicar o Executivo de Rajoy “supoñen un grave retroceso nas condicións sociais, laborais e de calidade de vida de todos e todas”.      

As protestas non cesaron aí, xa que ao longo do día, os e as barquenses foron afinando as gorxas e collendo as potas vellas, xa que estaban convocados para facer ruído diante da sede do Partido Popular ás 20 horas. A praza Lauro Olmo serviu para acoller unha concentración xurdida das redes sociais e convocada para todo o País. No Barco, decenas de persoas berraron en contra dos recortes, e a variada amalgama de pancartas de cores e folios improvisados que se podían ver daban para imaxinar as variadas índoles e ideoloxías que alí se concentraban, e todas cun obxectivo común segundo informaron ao que firma: a revolución.      

Hoxe, á mesma hora, sairá do Hospital Comarcal de Valdeorras unha manifestación que percorrerá as principais rúas do Barco para pedir a dimisión do goberno do estado. A convocatoria, feita pola CIG, xa foi secundada por outros sindicatos e máis polo BNG.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña