15:21 Martes, 21 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

08-04-2010

O galego ten un valor económico engadido na defensa dos postos de traballo fronte a deslocalización e a centralización dos servizos de atención á clientela

Atención aos clientes: deslocalización, centralismo e desgaleguización

Valorar (7)

CLODOMIRO MONTEIRO MARTÍNEZ


Folga realizada  pola CIG contra a deslocalización do sector de Telemarketing


Dende a década dos noventa as empresas de electricidade, telecomunicacións, servizos bancarios e de seguros, suministros de augas, etc, veñen reducindo as súas oficinas comerciais en Galiza terciarizando o emprego. Isto é froito da implantación dun sistema de organización do traballo toiotista propio do neoliberalismo económico, facilitado pola implantación das novas tecnoloxías ao servizo exclusivo das clases dominantes.

A deslocalización do traballo cara a países con condicións de traballo aínda mais precarias e con escasa protección social é noticia debido aos conflitos laborais. Malia as precarias condicións de traballo no Estado español o número de plataformas deslocalizadas duplicouse escandalosamente dende o ano 2006, pasando de 20 a 39 no 2008, e de 5.127 postos de traballo a 20.179.

Pero pouco se ten falado sobre a centralización e desgaleguizacións deste tipo de servizos. Madrid representa un 44% do emprego do sector de telemárketing, segundo datos dun estudo realizado no ano 2008 pola Axencia de Desenvolvemento do Concello de Madrid. Segundo datos da patronal de telemárketing en total son 33 as plataformas das empresas de telemárketing en Madrid que dan servizos a terceiros (un 31,4% das totais) as que habería que engadir 54 plataformas propias das grandes empresas (un 56,8%). Centros de chamadas que dan servizo á clientela de todo o Estado, incluída Galiza.

No noso país o número de persoas que traballan neste sector chegou ás 8.000, cunha gran variación dos cadros de persoal debido as altas taxas de rotación e temporalidade, falamos nomeadamente de mulleres e persoas mozas. A maior parte en plataformas implantadas en Galiza traballan para ás grandes empresas de telecomunicacións, precisamente aquelas que abandeiran o proceso de deslocalización.

A subcontratación dos servizos de atención á clientela implica, salvo raras excepcións, unha perda de dereitos dos galego falantes. Nin sequera a presenza dos centros de chamadas en Galiza garante o dereito ao uso do galego. En máis dun caso chegouse ao extremo de prohibir o uso do galego as teleoperadoras nas relacións internas e coa clientela.

O galego ten un valor económico engadido na defensa dos postos de traballo fronte a deslocalización e a centralización dos servizos de atención á clientela, algo que non está demais lembrar ante o interesado e absurdo debate aberto polos inimigos históricos do noso idioma.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña