11:59 Luns, 23 de Outubro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

06-06-2012

A ermida foi fundada polo Capitán Don Pedro Fernández de Baamonde

Os Vaamonde e a ermida do Coto de Outeiro

Valorar (18)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


           
O Capitán Pedro Fernández Vaamonde y Saavedra e a súa dona Dona María de Losada, o vinte e oito de Outubro de mil seiscentos vinte e sete, mercaron o Convento de San Salvador de Vilanova de Lourenza, por oitocentos  ducados de prata o Coto de Outeiro, nas cercanías de Mondoñedo, coa xurisdición civil e criminal.                

Os lindes deste Coto eran os seguintes: “Conforme texta todo alrededor con la jurisdicción del Obispado de la ciudad de mond. Y como empieza en las bidueiras que stan arriba junto al camino Real que biene y ba para castilla= y de allí biene dro. Por la baliña abaxo a la fuente del Torno= y de allí ba todo por la agua abaxo asta llegar al molino biexo que fue de Goméz do Río y fue de dona Catalina Osorio = y de allí todo por el Rego abaxo asta llegar a la agra yeredad que quedo de Alvaro de Chao molinero= y por allí buelbe por Elcamino que ba para los molinos  de la ciudad y parte el dho camino a la dha Jurisson dela del señor obispo de Mondoñedo= Y por allí vuelve por el fondal de la Pumarega de Diego Reigosa, escribano y por allí sube por donde viene la agua del perigote= que pasa por junto a la casa nueba que aora hizo allí El dho Capitan Pedro Fernández y de allí sube todo por la baliña riba conforme biene la agua y por los sotos a riba costa bolber derecho a las bidueiras que atras quedan dhaz donde esta urmarco junto della que parte la dha jurisdicicón con la del dho Sor”.                  
D. Pedro Fernández Vaamonde e Cabarcos era fillo de Pedro Fernández e D.ª Barbara  Osorio. Estivo durante trinta e dous anos seguidos en Flandes, Napoles, Milán e Portugal. Ocupou o cargo de rexedor do Concello de Mondoñedo.      
           
O Ilmo. Sr. Bispo D. Antonio de Valdés, no 10 de xuño de 1634, recibiu da Xustiza e Rexemento de Mondoñedo a posesión do dominio Temporal, xunto a ermida de San Roque, nunha vistosa plataforma, xurando previamente  sobre os Santos Evanxeios, gardar os foros, privilexios, uso e costumes do pobo.                  

Tomoulle xuramento o Capitán Pedro Fernández Vaamonde, como rexedor máis antigo.                  

Con motivo da volta da comitiva tivo unha forte disputa co Coengo D. Mauricio Caniego, por pretender este vir acompañando ó Prelado a dereita, ata o pobo, cuio lugar reclamaba como Rexedor D. Pedro Fernández, pois representaba á cidade.                

O bispo por evitar a discusión dixo, que por unha vez sin prexuzo da cidade e os seus dereitos fose o Capitán Pedro Fernández á esquerda e á dereita o Coengo. O Capitán pediu testemuña de todo elo.                  

No ano 1638, acudíu como Deputado por Mondoñedo a Xuntanza do Reino de Galiza que se celebrou na Cruña.                  

En Maio de mil seiscentos cuarenta recibe a seguinte carta: “El Marqués de Valparaiso: Por el tenor de la presente hordene y mandó a Pedro Fernández Vaamonde Capitán y Cavo de la ciudad de Mondo. qe. para la ocasión presente que se espera del enemigo Frances tenga prevenidos y alistados ciento y cinquenta hombres de su compañía escogidos entre todos, y no han de ser exentos de ello Regidores, letrados, Procuradores, escribanos y familiares de la Santa Inquisición y Alfereces y sargentes que tiene sus compñaeros fuera del distrito de dicha ciudad para que con el primero aviso que tuviese mio marche con sus armas y vandera y con la polvora y municiones necesararias pa. lo qual  y que los aia como conviene bisitar a los pesitos y notificara a la Justicia y regmto. los tengan prontos y que la entreguen para dicha ocasión y les compela a ello y al Alcalde maor de dicha ciudad que le de los bestimentos, bagajes y carruajes necesarias y lo mismo agan las Justicias, por los transitos donde pasare y que si alguno de los soldados de su compañía se escusare por algunos privilegios ootra que qualquiera exenpción que tenag los prendera y remitira aqui presos para que todo lo ai iva dicho le doy comisión en forma. Dada en la Coruña a doce de mayo de mil seiscientos cuarenta. El Marqués de Valparaiso. Por mandato del Marqués mi Señor Diego del Río”.                  

Por tal motivo pasou o Capitán Pedro Fernández á Cruña, mantendo a súa costa “a ciento y cinquenta homes de su compañía que por ser persona de esperiencia tubo todo el tpol de la campaña a su cargo y disposición la guarnición del Castillo llamado del Pastelon montado de toda la artilleria con las trincheras en sus lugares en que ha mostrado su Baler y conducta y en la Guerra de Portugal”.                  
Por estes servizos, Felipe IV, “le declaro pr. persona Ilustre y concedio una merced de Abito”.                  

Casa en segundas nupcias con Dona María Pardo de Andrade. O dezaseis de maio de mil seiscentos cincuenta y seis funda un maiorazgo ante Antonio Fernández Cedofeita, a favor do seu fillo D. Isidro Alonso Vaamonde Pardo e Sarmiento.                
Este maiorazgo entre outros bens comprendía os seguintes:                  

As casas e palacios das prazas de Vilanova de Lourenzá, cos seus lugares, etc.; o coto e xurisdicción civil e criminal do Outeiro “y las casas y palacios donde al presente vivo –el Capitán- con el dho coto con las quatro torrres a las quatro esquinas con sus corredores patios, entradas y salidas que la una de dhas torres es el solar de los Sarmiento que esta con su piedra delmar y letrero antigua (1) y le pertenece al citadado Capitan D. Pedro Fernández Vaamonde por doña María Sarmiento  su trastarabuela señora que lo fue de dho solar siendo mujer de Matias López de Vaamonde su trastarabuelo”.                  

O nove de setembro de 1664, outorga o Capitán Pedro Fernández, testamento. Nel manda que o seu cadáver fose sepultado no Convento da Concepción entre outras cousas.                  

Tivo por fillos a Isidro Alonso, María Parga Pimentel, Florencia Vaamonde Castro y Úrsula Vaamonde de Castro.                                                      

Os Descendentes dos Vaamonde no Maiorazgo.              

O frente do maiorazgo quedou Isidro Alonso Vaamonde Pardo e Sarmiento, o cal casou con Dona Tomasa Margarita de Miranda Osorio.                    

Sucedeu D. José Jacinto Vaamonde Pardo e Figeroa, Alcalde de Ronda e Rexedor perpetuo de Mondoñedo.                  

Este foi designado pola Xustiza e o Rexemento desta cidade (Mondoñedo) en representación da provincia mindoniense, para que asistise á Xunta do Reino de Galiza que se ía celebrar en Santiago.                  

Foi nomeado Comandante e xefe de 200 homes para gardar e defender a vila de Viveiro “que estaba destinado y a su propía costa y expensas”.                  

Casou con D.ª Luísa Jacinta Legaspi e tivo por primoxénito a D. Joaquin Vaamonde Teijeiro e Figueroa.                  

Este foi Cabaleiro Mestrante da Real de Ronda, Rexedor Perpetuo e Alcalde de Ronda de Mondoñedo, Coronel do Rexemento Provincial e Comandante Militar de Mondoñedo e a súa provincia; dono das Casas e Solares del “Otero” e patrón do Convento da Concepción de Mondoñedo. Casou con D.ª Josefa Antonia Viveiro e Aenlle. Morre o 22 de Xullo de 1843 os sesenta e seis anos. Tivo por fillos a Pedro, Ramón, Manuel e Carmen.                  

Sucedeuno no vínculo D. Manuel o cal casou con Dona Matilde Quijada. Morrendo o 22 de Xaneiro de 1869 na casa do Otero. Deixando por herdeiros a Dona María del Consuelo, D. Pedro Xosé, D. Ignacio e D. Vicente.                  

A ERMIDA DE NOSA SEÑORA DO SOCORRO DO COUTO DE OUTEIRO.
                 

Foi fundada polo Capitán Don Pedro Fernández de Baamonde.                  

No testamento do 26 de Outubro de 1639, Dona María Pardo de Andrade, veciña de Viveiro e viúva do Oidor da Real Audiencia de Galiza, D. Agustin Quejada, dispuxo a fundación e construción dun Convento no Campo dos Remedios, pero debido á forte oposición do Cabido catedralicio construíse no Coto de Outeiro pegado a ermida de Nosa Señora do Socorro.                  

A fundadora deixou disposto que no Convento entrasen quince monxas profesas as cales se elixirían nos parentes da mesma e nos do seu defunto marido, as cales lles sinalou de renda 500 ducados  anuais”.                  

O bispo D. Xan de Xuaniz de Echalaz, no 15 de xuño de 1646 deu permiso para fundar o dito mosteiro.                  

A ermida fundada polo Capitán D. Pedro cambio de lugar, por auto do bispo Francisco de Torres no que dí: “Se mude la dicha Ermita y altar al dho Convento de la Encarnación”.                  

En nove de Setembro de 1664, o Capitán Pedro Fernández Vaamonde outorga testamento. Nel funda dúas misas cantadas anualmente, con vixilia e responso  sobre a sepultura do testador, ás cales se celebrarían  no Convento da Concepción: una por Pascua de Flores ante a Virxe do Socorro e a outra o día de San Cidre.                  

Nel dispuxo que as misas que fundara a súa primeira dona Dona Antonia de Losada, na ermida de N. Sra. do Socorro, S. Isidro e Beata María de la Cabeza del Coto de Otero se celebrasen no Convento da Concepción.                  

Deixou 20 ducados para mercar cera para a cofraría  que alí estaba fundada na ermida e fora trasladada ó Convento e ordena que a arroba de aceite que deixara en testamento a súa esposa para alumar as imaxes  do Socorro e San Cidre na ermida referida, en unión doutra media arroba  se entregase todos os anos a Abadesa do Convento para alumar nel “delante el altar da Virgen del Socorro e glorioso San Isidro y Beata María de la Cabeza”.                  

O Capitán D. Isidro Alonso Vaamonde, en testamento pechado do 11 de xullo de 1693, dí:  “Iten encargo a mi heredero cuide de la Cofradía del glorioso San Isidro que simpre ha estado a mi cargo según eta fundada en la Iglesia Conventual  de las Religiosas  de dho Coto y Capilla de dho Santo y aya todo cuidado de que la dha Cofradía vaya en aumento”.                  

No ano 1707 as relixiosas do Convento do Outeiro foron trasladadas á cidade o Palacio Episcopal por atoparse o Convento en estado ruinoso e non reunir as condicións necesarias. O 16 de Setembro de 1712 celebran convenio D. Isidro Alonso Vaamonde y la Comunidad, acordando entre outras cousas que as Concepcionistas construísen o actual Convento aproveitando os materiais da casa Conventual e da Igrexa, excepto desde o arco toral  ata o testeiro e que alí quedase o altar de San Isidro.                  

Debido o estado ruinoso e mentres non se fixeron as reformas necesarias na ermida, recolléronse as imaxes e leváronse para a capela de Nosa Señora do Carmen e onde permaneceron mentres non era “fabricada y adornada con todo lo preciso para el culto divino se colocaron con el dho colectoral”.                  

Corría o mes de xuño de 1709 e facía un terrible temporal que ameazaba destruír as colleitas. Os labregos das rilleiras e os veciños e cregos de Mondoñedo acordan celebrar unha rogativa a San Isidro e a Santa María da Cabeza para conseguir que mellorase o tempo.                    

Na acta do cabido do 14 de xuño dícese: “Abiendo los labradores de las Rilleiras pedido con graves instancias y así mismo los vecinos de la ciudad y el cura de ella al Presidente del Cabido licencia y permiso para traer en prozesión que la abían de componer algunos sacerdotes, prebendados y estandartes, al glorioso San Isidro Labrador y a su esposa Sta. María de la Cabeza, del Convento de Otero a esta Sta. Iglesia a`pra que entercediese con su divina Magestad fuese servido aplacar lo rigorisimo del tiempo para la conservación de los frutos y remedio de todo, se les concedió dha licencia en vista de tan grave necesidad y urgenzia  como se experimentaba.                  

Y juntamente se dio lizencia y se mando á la Capilla fuese y viniese asistiendo  a dicha procesión con los instrumentos de ella y rebestidos de sobre peliz y que dha procesión fuese por la tar después de las horas como se hizo el día once del presente mes día del glorioso San Bernabe”.                  

En 1760 a Cofraría de San Isidro extínguese. Por iso D. José Jacinto non parou ata vela restablecida. Por tal motivo fanse novas Constitucións, as cales foron aprobadas polos “señores discretos e Provisores”, no 4 de agosto de 1761 e polo bispo D. Xosé Francisco Losada e Quiroga en 22 de Febreiro de 1763.                   Na primeira dise:                  
“Primeiramente en el día de la Festividad del Glorioso Sn. Isidro, Quince de maio de cada año se ha de zelebrar misa cantada con Minístros de diácono y subdiácono como procesión a lo último con el santo y unas imájenes de comodidad con sus visperas la tarde del antecedente...                  

Que los mayordomos tengan obligación de conbocar tres músicos  para las visperas y la función del día principal del Santo, pagándoles por todo este trabajo a cada uno quatro Rs. y al predicador veinte y cuatro por predicar en dha función principal”.                  

D. Pedro Vaamonde, Maestrante de Ronda, Rexidor perpetuo, Alcalde de Ronda, Coronel do Rexemento Provincial e Comandante Militar de Mondoñedo e a súa provincia, en testamento do 30 de xaneiro de 1869, mandou adquirir papel o tres por cento consolidado para pagar as vésperas e a misa que desde tempo inmemorial se viña celebrando o 14 e 15 de maio, así coma a misa de réquiem con vixilia o 16 na ermida do Coto de Outeiro.                  

En 1880, D. Pedro Xoaquín Vaamonde y Gasteluzar de Vilafranca de Guipúzcoa, da a censo enfifetico a Dámaso Salaverri a antiga casa solar dos Vaamonde do Coto de Outeiro e outros bens polo canón de 750 pesetas anuais.                  

Nesta escritura D. Pedro impuxo a obrigación de ter sempre a Ermida de San Isidro en estado decente sin que se puideran exhumar as cinzas que en ela existían.                  

Tiñan nese ano a casa e horta as pensións seguintes:                  

Trinta e nove reais o Convento da Concepción, un real e cuarto e oito céntimos o cabido, setenta reais para unha arroba de aceite para alumar a San Isidro na Ermida e trescentos vinte reais para as vésperas e misa solemne de San Isidro e a función fúnebre do seguinte día.                  

No século XX posuía a casa e bens do Outeiro D. Severino Aguiar e os seus descendentes.                  

Ata o ano 1908 as imaxes de San Isidro (levaba sempre cereixas do pais nas orellas, como vella costume) e Nosa Señora da Cabeza ían na procesión de Corpus.                  

Na romaría de San Isidro había a vella tradición de levar os cabalos, vacas e bois na procesión do Santo, para que este os protexera.                  

Hoxe en día todo desapareceu, dende a vella ermida, pasando polos santos, retablos.



(1) Inscripción da pedra existente no Convento: “Esta es la casa solar de los Sarmientos fundada eneste outeiro para la guardia del reino de los moros perseguido por mar y tierra ofendido y el Conde Osorio a Dios pide la guarda ya alos nobres parientes y mas a sus allegados que en las batallas le asisten les dade poxo... y de Pelayo Merced”.


[06-06-2012 23:45] Fernando L. comentou:

Gracias por el artículo con los datos genealógicos. Me ha descubierto algunos antepasados que no se encuentran en Blasones y Linajes de Galicia.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal