03:29 Luns, 23 de Maio de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-01-2012

Haberá tanta "maldade" nos nomes do Pais?

Castromao,... Río Mao,... Penamá,... Lapamán...

Valorar (22)

CÉSAR VARELA GARCÍA


Castromao (Celanova)


Sempre nos chamou a atención este calificativo de -MAO que aparece en lugares tan fabulosos como o CATROMAO de Celanova ou nos varios rios  MAOS que regan o Pais por terras ourensás ou luguesas. Tamén en feminino aparece a suposta "maldosidade" para nomear íngremes lugares como a PENAMÁ ou deliciosas praias como a de LAPAMÁN na parte de Bueu.

Pasada a primeira tentación de supor no noso MAO unha evolución do MAGNUM latino, que as réguas da Gramática Histórica en absoluto consenten, ficamos matinando que esa "maldade "no é quen dar conta do nome, poñamos por caso, dun rio.

Como pode ser un rio ruín na Galiza? Haberá, na Terra dos mil rios, algún tan pezoñento que mereza o nome de MAO?

Até que chegaron as modernas contaminacións, os nosos rios sempre foron cantareiros e salutíferos amen de regadores e troiteiros e moitas outra cualidades que fan deles uns "boísimos" cursos de auga... A que ven iso de RIO MAO!.

Un investigador distes temas debe ter muito en conta as fontes medievais distes nomes!.

Nos antigos documentos atopamos escrito, unhas veces RIVUS MALUS e outras RIVUM HUMANUM...

Iles descoñecen o significado orixinal e latinizan como poden, ou sexa: MALO  e HUMANO...

Dan a entender que eles tamén están confusos e non saben...!

Como no Algarve portugués temos a cidade de PORTIMAO, pensei que, se cadra, os nosos veciños xa tiñan resolvido a cuestión, e aproveitando as vantaxes da Rede lancei miñas pesquisas ao veciño país e perguntei ao cronista da cidade lusa polo caso. Velaí a pregunta e a resposta.

Sou um galego interessado em saber qual é o significado do topónimo de    PORTIMAO. Que quer dizer o sufixo -MAO? pois na Galiza temos CASTROMAO, RIOMAO etc... Poderíame esclarecer algo sobre o tema?

Caro Cesar Varela.

As origens do topónimo Portimão não são claras.

Uma lenda popular conta a história de um náufrago que terá sido salvo por ter entrado na foz do rio, chamando ao local "Porto à Mão", ou seja, porto próximo.
Esquecendo a lenda, temos que Portimão terá sido a primitiva Portus Hannibalis, a cidade fundada pelo general cartaginês Aníbal Barca.

Com a colonização romana, o nome terá sido alterado para Portus Magnus, que significa "Grande Porto".

O nome actual não terá tido origem em nenhum destes nomes, mas sim no topónimo árabe, que era Burtimun, que significa torre do monte.

No século XII o Cruzado Anónimo que relatou a conquista de Silves identifica a localidade como Purcimunt, que terá sido o nome latinizado de Burtimun.
Purcimunt terá dado origem a Purtimunt e, no Século XV a Portimon, actual Portimão.

Cumprimentos
Rui


Na misiva do Rui atopamos todos os tópicos que aparecen tamén no noso País cando se abordan estes temas.

1.- A inxenuidade da lenda popular: un náufrago da nome ao Porto porque estaba "a mao".

Lémbranos a explicación que escoitamos do nome de CABANELAS no Ribeiro; o pobo escinde a palabra en dúas partes: CAVA-NELAS e entende que como é un lugar de viñas, trátase de un convite ao traballo de, CAVAR-NELAS!

2.- A interpretación "ultracultural" de ser un porto visitado por HANNIBAL. Esta versión encaixa coas galegas que fan fundar TEUCRO a Pontevedra ou a HÉRCULES lidar coa torre coruñesa.

3.- O "PORTUS MAGNUS" que se quere "grande", pero que, como no caso do noso MAO, non encaixa coa evolución etimolóxica.

4.- A etimoloxía árabe dun suposto BURTIMUM, que na nosa opinión recolle o uso dos falantes desta lingua de transformar o -P- en -B-. En Ceuta escoitamos aos meniños chamar aos seus pais por BABÁ en lugar de PAPÁ, (dai o Ali Babá da cova do conto).

Un PORTIMUM latino pasa na fala musulmá a ser BURTIMUM.

Chegados aquí, temos que atopar unha interpretación que desde a súa orixe latina explique a variedade dos MAOS que inzan na nosa xeografía.

Simplesmente se escindimos a palabra para o seu estudo, doutro xeito, novas perspectivas aparecen na interpretación.

En lugar de pensar nun CASTRO-MAO, é dicer pensar que o incógnito MAO, e un adxectivo que cualifica a CASTRO, pensemos mellor nun MONS CASTRUMANO, ou sexa un MONTE CASTROMAO, non un monte bravo, senón traballado e adicado ao uso de castro.

Así CASTROMAO seria, todo el, un adxectivo de MONTE.

Diste xeito todos os casos encaixarían como adxectivos de outros nomes que debemos intuír.

Unha PRAIA LAPAMANA seria unha praia rodeada de penedos (LAPAMAN).

Un VALE RIVUMANO, designaría un vale centralizado polo curso dun rio (RIOMAO).

Un perfil costeiro PORTUMANO está a indicar un entrante marítimo utilizado como porto (PORTIMAO).

Por tanto debemos partir as palabras así:

CASTRUM-ANO
LAPAM-ANA
RIVUM-ANO
LAMAM-ANA (LAMAMÁ)
PENAM-ANA (PENAMÁ)

Ao fin eses nomes son adxectivos substantivados, utilizados pola fala do pobo como nomes de lugares.

Rematamos así co mito de preguntármonos polo famoso MAO, se procede de MAGNUS (cousa imposíbel), de MALUS e lideiras idealistas semellantes.

E que pensar dos nomes de lugar "bondadosos" como FONTEBOA, BOUZABOA, VILABOA...?

Ficará para outro dia!


[20-01-2012 13:07] cmm comentou:

Esplendido artigo.

[20-01-2012 12:27] Salgado comentou:

Sempre foi un pracer ler os teus comentarios na ANT, aledome volver atopalos no Terra e tempo por muito tempo.

[20-01-2012 08:25] Ary dos Santos comentou:

Un pracer lerte e descubrirmos que son os lugares que habitamos tan en perigo de extinción coma nós mesmos.
Máis que darche os parabéns por estes artigos, temos que che dar as grazas por esta contribución á recuperación do territorio e polo percorrido que podemos facer sobre el, sobre os seus cambios e a súa evolución a través da etimoloxía.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña