07:33 Venres, 30 de Setembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

17-01-2012

Non é só o caso galego. Dáse tamén noutras nacións dominadas, nas que persoas oriundas do país repudian a realidade da que proceden

Fraga sen maquillaxe

Valorar (62)

BIEITO LOBEIRA DOMÍNGUEZ



"Con Manuel Fraga muere un patriota,  un servidor de España. Y la vida de Manuel Fraga ha sido, ante todo, una vida al servicio de España." José María Aznar, xornal "ABC", 16 de xaneiro de 2012.

Non é só o caso galego. Dáse tamén noutras nacións dominadas, nas que persoas oriundas do país repudian a realidade da que proceden, negan e renegan do seu pobo, e exercen na metrópole o desprezábel rol de rexeitamento e desdeño coa súa Terra, coa súa propia orixe, cos seus. Napoleón era corso. Franco galego. Antonio Maura catalán. Macpherson escocés. Rosa Díez vasca. E Fraga de Vilalba.

Iso foi o que practicou Manuel Fraga Iribarne durante toda a súa vida. Mais tamén na morte Fraga serve de alimento ideolóxico. Con adobo de metamorfose. O verme fíxose entrañábel bolboreta. O ministro dunha ditadura militar e posterior presidente da Xunta -na que aplicou imaxinativas receitas de destrución do país que o viu nacer-, reconvértese agora nun "galego universal",  chave na transición, home de estado, pai da Constitución, exemplo de vocación de servizo público, home enérxico e vital, mais tamén de grande humanidade... E ademais, galeguista. Sobre este último apartado sería bo reflexionar. E o mellor xeito de o facer, sen manipular a historia nin a súa biografía, consistirá na reprodución literal das súa opinións.

Un demócrata de profundas convicións

"Es evidente que el glorioso alzamiento popular del 18 de julio de 1936 fué uno de los más simpáticos movimientos político-sociales desde que el mundo tiene memoria. Los observadores imparciales y el historiador objetivo han de reconocer que la mayor y la mejor parte del país fué la que se alzó, el 18 de julio, contra un gobierno ilegal y corrompido, que preparaba la más siniestra de las revoluciones rojas desde el poder."

Máis recentemente, na Convención Electoral do PP, en marzo de 2006, cualificaba así o golpe de estado do 23-F: "Con un gobierno dimitido, unas personas, sin duda llenas de buena voluntad, intentaron dar un golpe de estado."

Un galeguista convencido

"Hay que ver quien puede (...) plantarle cara -hay que decirlo- a los grandes enemigos de España, que son el marxismo y el separatismo."
Campaña electoral de AP na TVE. Eleccións xerais de 1977.

"Tengo que decir que ellos son los inventores del castellano, y el gallego se ha apoyado en el castellano de forma natural. Somos bilingües de un modo armónico." 2001, sendo Presidente da Xunta de Galiza. Entrevista en TVE.

"El Estatuto del Bloque es muy bueno como papel higiénico." En relación á proposta de Estatuto de Nación. Decembro 2005.
    
"Cuando se empieza hablando de nacionalismo, se acaba como en el País Vasco o creando organizaciones como el Ejército Guerrillero Gallego. Ana Crespo, ex concejala de Ermua tenía razón cuando afirmó que si gobernaba el PSOE vendría ETA entera a Galicia." Campaña electoral galega, 2005.

"Se puede ser galleguista sin ser nacionalista, que es una traición a España y a la Constitución." Soutomaior, 30 de agosto de 2008.

"El Bloque es, sin duda, un partido extremista que utiliza fórmulas de movilización de los partidos comunistas." Febreiro de 2003, en relación coas mobilizacións da Plataforma Nunca Máis.

"A los nacionalistas habría que colgarlos de algún sitio." Entrevista. 2008.

Comprometido coa igualdade

"Me siento avergonzado de la hipocresía de los grupos de izquierda y los colectivos feministas que me reclamen que me apiade de la pobre niña cuando han estado luchando por el aborto sin condiciones, por el amor libre o por las parejas de hecho aunque sean del mismo sexo. Vamos a dejarnos de menudencias!!". Opinións tras a condea do alcalde de Toques (PP) por abusos sexuais a unha menor. 2004, sendo Presidente da Xunta.

Todos somos de carne, pero hay que ver como tienen organizada la carne algunas chicas." Mítin do PP, campaña 2001.
   
"Si no fueras mujer te daba dos..." Febreiro 2003.

"Si a una mujer le preguntan con cuántos hombres se acuesta no suele dar una respuesta absolutamente certera." Entrevista, 2005.

Defensor da tolerancia

"Va a haber matrimonios del mismo sexo, que yo no tengo nada en contra de ellos: si nacen así pues qué se le va a hacer, pero que no digan encima que se ponen orgullosos de funcionar al revés." Cea coas Nuevas Generaciones do PP, 2005.

"Usted comprenderá que el que no prefiera a una señora guapa como usted, pues algo raro le tiene que pasar." Nunhas declaracións -2004- en alusión á xornalista de Antena 3 que o entrevistaba. Nesa mesma conversa:

"La homosexualidad es una anomalía. Las personas que nacen así porque los cromosomas se equivocan tienen derecho a un cierto reconocimiento."

Catástrofe do "Prestige"

"Nunca Máis confesó que no es benéfica, está para protestar y eso se llama batasunizar." Febreiro 2003.

"Tengo la esperanza de que el Apóstol nos ayudará. Él también tuvo un momento de desaliento que recuperó en momentos difíciles a los pies de la Virgen del Pilar." Xaneiro 2003.

Pois Fraga era iso. Era así. "Un servidor de España", como o cualificou Aznar. Icona da España imperial, unitaria, reaccionaria, clerical, machista e militarista. Que o vistan agora como queiran, que lle poñan disfrace de demócrata e galeguista. Con grandes pompas fúnebres e pesar no sepelio. E tres días de loito oficial. O seu maior trunfo consistiu en non ser xulgado por un tribunal de dereitos humanos por ter participado activamente nunha ditadura militar, que deixou na cuneta, no exilio ou na represión a milleiros dos seus compatriotas. E o noso maior acougo é que non pretendan soterralo á beira de Castelao e Rosalía, no Panteón de Galegos  Ilustres, como a algúns se lles pasou pola cabeza.

Ten del unha bonita lembranza Galiza Nova, van alá uns quince anos. "Que pasen los antidisturbios!!", bramou, para disolver violentamente unha protesta da organización xuvenil do BNG en defensa de emprego para a mocidade. Grande delito. O ramallazo franquista perseguiuno até o fin.


1 2 3 seguinte

[22-01-2012 20:53] Uxío Riouxa comentou:

Deixémonos de hipocresías e chamemos as cosusas e as persoas polo seu nome e Manuel Fraga foi un ministro de Franco, un estreito colaborador da ditadura, que perseguiu os nacionalismos periféricos con todas as forzas e que tivemos que soportar como presidente , a un personaxe dun talante antidemócrata, machista e colérico cando alguén o contrariaba: nun país "normal" nunca tería sido o seu presidente.

[22-01-2012 01:18] Loho comentou:

¡Coño!. Que sorpresa, o Terra e Tempo sustituiu a fouce e o martelo por unha flor...Coido que é un Pensamento, (será unha premonición?), por que o lóxico sería ver un Narciso

[18-01-2012 19:18] Eu comentou:

Que non entenderías que oportavoz nacional do BNG dixese en público o que ti pensas e dis en privado? Relación diplomáticas que calquera institución debe ter? Era Fraga entón unha institución? Sabía da deriva do BNG, pero ti tes unha empanada ...

[18-01-2012 15:57] Eu comentou:

Xurxo, na páxina web aparece o comunicado oficial do BNG ao que eu aludo e critico por morno. O vídeo é unha rolda de imprensa que non ten nada que ver. Non se lle pode denominar "personaxe controvertido" a un fascista e un asasino. ("A los nacionalistas habría que colgarlos de algún sitio." )

1 2 3 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña