03:27 Mércores, 06 de Xullo de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

06-01-2012

Colaborou no "Tío Marcos da Portela" de Ourense e ocupou o cargo de Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo

Manuel Leiras Pulpeiro, 100 anos da súa morte

Valorar (26)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Mondoñedo, antiga provincia do Reino de Galiza, perdeu no século XIX o seu potencial económico e convértese en berce de numerosos músicos, poetas, historiadores... por iso non é raro que ano tras ano teñamos algunha data significaba que celebrar, no 2006 o centenario da morte de Pascual Veiga, no 2011 os cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro, no 2010 os corenta anos do pasamento de Lence-Santar, sen mencionar que  polo medio se deixaron de celebrar outras datas que tiveron especial relevancia para a vida desta pequena cidade.

Pero hoxe nos, imos a falar do poeta e médico dos pobres. Naceu Leiras Pulpeiro o 25 de Outubro de 1854, na cidade de Mondoñedo, era fillo de Don Vicente Leiras, médico cirurxián, natural de Lindín e de Dona Matilde Pulpeiro de Ribadeo. En 1867 e 1868, aprobou no Seminario de Mondoñedo, con nota de "Meritísimos" segundo e terceiro ano de Latín. Licenciouse en Medicina e Cirurxía o 22 de Nadal de 1877, presentando o titulo e credenciais o ano seguinte no concello de Mondoñedo. Casou con Doña María Andia Villar da que tivo varios fillos.

Colaborou no "Tío Marcos da Portela" de Ourense, e nas principais publicacións da época. Pero Leiras era pouco dado a colaborar pois desconfiaba das súas propias forzas. Ocupou o cargo de Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo. Anticlerical, o que lle acarreou numerosos problemas coa Igrexa mindoniense.

Foi un devoto admirador da mariña lucense e por iso en Decembro de 1903  adicalle o seguinte canto:

                                              "Pousadoiro
                                               A Mariña
                                               Terra que o sol, sempre amante
                                               Hornea todol-os días
                                               Agros, que dádel-o millo
                                               De  canas de catro espigas;
                                               Xunqueiras, onde as gaivotas
                                               Se apousan e se agariman
                                               Cando c'o seu voo calmoso
                                               Non van ó mar, tral-a vida;
                                               Quén non vos veu ben de preto;
                                               Nin pasou unha invernía
                                               N-os vosos burgos, estrados
                                               De perfumada pinica,
                                               Ouvindo os rolos, non sabe
                                               O qu'é a Mariña
                                                           .....

Polos anos 1910 ou 11 nun certame celebrado en Vigo, obtivo un galardón pola súa composición titulada "Un galo no coto". Como médico en 1910 en colaboración co seu colega de profesión Don Pastor Taladirz publicou un estudio titulado "Apuntes para la Geografía del distrito municipal de Mondoñedo". O único libro que veo a luz como poeta foi "Cantares Galegos" que se podía definir como una notabilísima colección de Cantares Galegos, que son prez e gala da literatura galega e moitos dos cales fixéronse populares entre os veciños de Mondoñedo. As súas composicións están todas elas escritas na fala da comarca de Mondoñedo. Morreu o nove de Novembro de 1912 en Mondoñedo.

Segundo nos conta D. Duardo Lence-Santar, Leiras deixou varias poesías e traballos en prosa, galegos inéditos, rompendo pouco antes de morrer multitude dunhas e doutras, pois segundo lle comentou o mesmo Leiras, "non eran dignos da literatura galega" a que el adoraba con toda a súa alma. Estas poesías e traballos en prosa foran vistas por Antón Vilar Ponte que as definiu "como excelentes e moi dignas da literatura galega". O seu enterro foi una verdadeira masa de xentes, din as crónicas da prensa da época, xentes da todas clases, de todos os lugares da bisbarra se achegaron a despedir ó humilde médico D. Manuel Leiras Pulpeiro.

En nove de novembro de 1913, Cándido Carreiras, escribe no Xornal "Mondoñedo" o seguinte artigo:

"Hoy cumple un año que este luchador infatigable de la causa repúblicana dejó de existir, y si bien  dejó entre sus correligionarios un vacío dificil de llenar, ocupa en el cementerio civil un lugar  que ha santificado con sus venerandos restos. Los despojos allí sepultados, han atraído, la presencia de numerosísimas  personas, abriendo de par en par las puertas del cementerio neutro, enterrando prejuicios y despojando de fanatismos a una gran parte de nuestro pueblo. Es  la primera vez que el reducido cementerio de desidentes del catolicismo, es abierto al público el mismo día que los "romanos" dedican sus preces á los de su grey...

Allí ante la tumba fría, sin bendiciones eclesiasticas, ni responsos de a peseta la docena, he visto a númerosas personas arrodillarse y besar las losas que cubren la sepultura del inspirado poeta regional y convencido librepensador. Sencillas y bondadosas  mujeres musitaban sentidas frasesen memoria del médico de los pobres, seguidas de exclamaciones de sentimiento y dolor.

Mi esposa, acompañada de la hermana política del ilustre vate, y yo, hemos pasado por un día de prueba al ir a depositar sobre su tumba flores y coronas  que los sinceros amigos y correligionarios le dedicamos.

Entre el cariño y el sentimiento entablose reñida  lucha, venciendo, como vence siempre el cariño, cuando éste es sincero, arraigado y hondo como el nuestro. El sentimiento nos aprisionaba como un torniquete el corazón impidiendo acercarnos al lecho frío del autor de "Cantares Gallegos"; pero el cariño imperecedero  que le tenemos nos llevo all ugar santo, donde descansa, cubriéndole de flores."


Emotiva carta lle adica o seu compañeiro de fatigas políticas e gran amigo. E tal a pegada que nos mindonienses deixou, que aínda moita xente maior acordase de Leiras e da súa humildade que contan o seguinte: "Leiras Pulpeiro cando ía visitar un enfermo e vía moita necesidade non só non lle cobraba nada senón que lles deixaba unas moediñas debaixo da almofada ao enfermo".

Pasados cen anos os mindonienses e galegos seguimos profesando admiración e respecto e agora sen ningún impedimento (o vello muro foi tirado), podemos poñer tres rosas vermellas sobre a tumba do Gran Leiras Pulpeiro.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña