14:16 Xoves, 11 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

15-11-2011

A variábel nacionalista é a que me fai votar en Galiza ao Bloque se quero cambio

Eu voto nacionalismo e esquerda!

Valorar (25)

ANABEL GULÍAS TORREIRO



Este 20 de novembro pido o voto racional e conscientemente. Pido o voto pola imprescindíbel e necesaria transformación social. Pido o voto por considerar que estamos vivindo un momento único na historia no que se pode abrir a xanela do cambio. E pido o voto, pola experiencia vivida coma organización na que o tempo sempre nos deu a razón, onde está a Europa que prometeron?. Pido o voto para o BNG, pido o voto para o nacionalismo, pido o voto galego e de esquerdas.

Para min é necesario explicar o porque é útil militar nunha organización política como o Bloque. A primeira das razón é porque acredito en que é unha vía de transformación social. Concordo con moitos é que non é a única pero si unha vía integradora pola concepción completa e complexa do país que temos. Porque é preciso lembrar o necesario de pedir o cambio no urbano pero tamén no rural, e nos levamos indignados moito tempo pola situación do noso país no rural, reclamando voto para transformar, pero o máis importante, é que cando tivemos que demostralo fixémolo.

E agora ando dicindo o noso presidente da xunta, o da mangueira o que non sabe distinguir as vacas dos bois. Ese señor de "zapatito castellano" dos Peares, que parece que naceu en Madrid centro, que pregunta: si tanto criticamos ao PSOE porque pactamos con el?

Alberto Núñez Feixóo, pactamos por varias cuestións. Primeiro porque nós afortunadamente non temos que render contas a ningún amo de Madrid e iso permítenos pactar e apoiar sempre que o obxectivo final sexa o beneficio para a Galiza. Sinto moitísimo que lle moleste que fose o BNG quen conseguise un aumento dun 8% dos orzamentos estatais con destino Galiza. Sinto profundamente que lle moleste e que intente homologarnos co PSOE polo bipartito da Xunta, bipartito que supuxo nas consellarías do bloque impulso transformación e REDISTRIBUCIÓN. Si señor presidente pactamos co PSOE para mellorar Galiza. Sinto tamén que haxa gobernos de coalición que as súas deputacións non puidesen intervir e sinto que grazas a eses gobernos haxa modelo de vilas novas que a vostede non lle gustan.

Pero o que máis sinto señor Feixóo é a súa falta de memoria ... quen pacta en Euskadi co PSOE? No noso caso pactamos polo interese xeral de Galiza no seu caso pacta simplemente por intentar apartar o nacionalismo democrático das institucións.

Eu si milito no BLOQUE, orgullosa e convencida de que é posíbel mudar o sistema, milito aí e non noutra organización porque somos NACIONALISTAS E DE ESQUERDAS. E entendo que a variábel nacionalista é a que me fai votar en Galiza ao Bloque se quero cambio.

Unha organización que basea a súa alternativa en tres puntos básicos: política económica redistributiva, garantía dos dereitos e liberdades civís e soberanía. E recollo textualmente do programa do bloque a miña síntese particular:

O maquinista da xeral

1.- ECONOMÍA REDISTRIBUTIVA[*]

Cambio no sistema impositivo, progresividade
, por exemplo no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, a través da introdución dun novo tramo na tarifa xeral, para bases liquidábeis superiores a 100.000 euros anuais, porque poden realizar un esforzo suplementario para financiar o gasto público. Pedimos a supresión do réxime especial favorábel para os "impatriados" no Imposto sobre a Renda dos non Residentes, que permite a aplicación dun tipo mínimo marxinal a altas retribucións de deportistas estranxeiros.

Con respecto ás SICAVS
: Modificarase a lexislación das Institucións de Investimento Colectivo, coa finalidade de evitar os abusos das sociedades de investimento de capital variable (SICAV), de patrimonios familiares, que cumprindo os actuais requisitos crean unha institución de investimento colectivo, cando en realidade son auténticas institucións de investimento individuais.

Creación da Banca Pública, a través da transformación do Instituto de Crédito Oficial como unha banca pública con vocación comercial, especializada na concesión directa de créditos a PEMEs, emprendedores e autónomos a través dunha rede comercial propia.

Apoio á economía produtiva: Creación de liñas de crédito directo do ICO ao sector primario no seu conxunto (agrario e pesqueiro), con atención preferente aos subsectores máis afectados pola crise e unha financiamento que asegure a viabilidade das explotacións e/ou outros centros de produción, cooperativas e industria transformadora.

2.- GARANTÍA DOS DEREITOS CIVICOS

Reforma da lei electoral asentada nos seguintes principios fixación como circunscrición electoral a Comunidade Autónoma, eliminando a circunscrición provincial e adopción dunha fórmula de proporcionalidade directa para a atribución de representantes.

Revisión dos Acordos Estado-Santa Sé, a fin de eliminar privilexios da Igrexa Católica. Redución, consonte a neutralidade confesional do Estado, do financiamento público das confesións relixiosas, ficando exclusivamente a cargo dos fieis das congregación.

3.- SOBERANÍA:

O recoñecemento do dereito de autodeterminación de Galiza, consonte a súa condición de nación, que leve aparellado o exercicio libre e soberano de poder para atinxir os seus obxectivos de desenvolvemento económico sustentábel, benestar social e florecemento cultural nun modelo de articulación axeitado dos seus dereitos e intereses, con criterios democráticos de liberdade, paridade e reciprocidade.

Estas son algunhas das cuestións que nos introducimos no noso programa, somos alternativa, somos galegos, somos de esquerda, somos CAMBIO!

[*]Fonte: Programa do BNG, Eleccións Xerais 2011.

[16-11-2011 16:01] Marcos comentou:

Para bng:

A extrema esquerda non cre nas nacións e os do PPSOE son nacionalistas espanhois mais non son de esquerdas :O

[16-11-2011 13:39] xan comentou:

o está moi ben pero os que lemos este xornal dixital xa estamos convencidos, debríase facer un esforzo por publicalo en xornais que leran xente indecisa á que se poidera convencer.

[15-11-2011 12:52] bng comentou:

Eu voto BNG e punto .Que é iso de: "Nacionalismo e esquerdas???" Acaso vai a unha sen a outra?? Desde cando?

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña