18:19 Luns, 01 de Xuño de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-03-2010

Hai un proceso de beatificación aberto pero que non avanza, desconfían porque monseñor falaba cos comunistas

Un mártir molesto: San Romero de América

Valorar (16)

RUBÉN ARAMBURU MOLET


Salvadoreño con foto do Arcebispo Romero ao fondo


O arcebispo Romero saíu con bágoas da entrevista co papa Wojtyla. Non entendía nada. Pouco sospeitaba que a CIA tiña perfectamente informado a Xoán Paulo II da súa conduta. Acababa de amosarlle ao papa fotos de torturas, asasinatos e unha carpeta chea de informes sobre a represión: -Déixese de papeis, xa dixen que non me traian papeis, non teño tempo para lelos! Vostede o que ten que facer son as paces co goberno do Salvador!-foi a reacción do papa.

Uns meses despois, o 24 de marzo de 1980, o arcebispo Romero caía asasinado polos Escuadróns da Morte creados polo fundador de ARENA, (o partido no goberno do Salvador durante máis de 20 anos) o maior Roberto d´Aubuisson.

Cúmprense  30 anos do martirio, e da brutal represión que acabou coa vida duns 100.000 salvadoreños a mans dos distintos gobernos militares, aos que o Pentágono subvencionaba con 500 millóns de dólares anuais, para combater a guerrilla marxista.  Algunha razón debían levar pois houbo que esperar a que un presidente da república e   ex-guerrilleiro da Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional, Mauricio Funes, proclamara o 24 de marzo como día Nacional de Monseñor Romero. Por vez primeira o goberno Salvadoreño recoñeceu a súa participación na morte de Romero, e dos xesuítas da UCA, e de milleiros de campesiños, estudantes, profesores, sindicalistas...o mellor dun pobo. Ata o momento nin unha palabra, a pesares do clamor popular que canonizou a Romero sen permiso de Roma: San Romero de América. O maior d' Aubuisson foi condenado nos EE.UU polo crime, pero non cumpriu ningunha pena, morreu aos 48 anos dun cancro e o goberno de ARENA ergueulle monumentos e nomeouno fillo de...do Salvador.

 

Agora que a Igrexa católica anda emporcallada cos pederastas non lle viña mal virar cara aquel a quen  deron as costas. Hai un proceso de beatificación aberto pero que non avanza, desconfían porque monseñor falaba cos comunistas. Seguramente Xoán Paulo II, que protexeu e bendiciu ao gran pederasta Marcial Maciel, fundador dos Lexionarios de Cristo,  acadará a canonización coma un foguete. A igrexa española prepara outra batería de mártires da Guerra Civil para os próximos meses. Hai mártires e mártires.

Trinta anos despois o capitán Álvaro Saravia, lugartenente de d' Aubuisson, condenado nos EE.UU e agachado nalgún país latinoamericano rompe o silencio: "o tirador saíu do equipo de Mario Molina, fillo do presidente da república Arturo Armando Molina. Eu puxen o coche,  un wolkswagen Passat de cor vermella e o meu chofer, Amadeo Garay. Falo agora porque os meus fillos me miran coma se fora Hitler..."

Non sabemos se Saravia estaba tamén detrás dos francotiradores que o domingo de Ramos dispararon sobre a multitude que asistía ao funeral de Romero, desde as terrazas do Palacio Nacional, deixando ducias de mortos.

Milleiros de persoas en todo o mundo fixeron nesta xornada memoria de San Romero de América como o denominou o tamén bispo combativo, Pere Casaldáliga, desde a selva brasileira do Araguaia. No vaticano, na audiencia dos mércores, Bieito XVI non fixo ningunha alusión a este mártir incómodo que deixou dito:

"Unha Igrexa que non sufra persecución, senón que goza dos privilexios e o apoio da burguesía, non é a Igrexa de Cristo (...) Cando damos pan a quen ten fame, din que somos santos. Se preguntamos por qué non teñen pan chámannos comunistas e ateos. Pero hai un ateísmo máis próximo  e perigoso: o ateísmo do capitalismo(...) De que serven fermosas autovías e aeroportos, fermosos edificios de grandes vivendas, se están amasados co sangue dos pobres que endexamais gozaran deles?" (homilías, fragmentos)"


[29-03-2010 ] Ary dos Santos comentou:

Sempre gostei moito deste poema de Roque Dalton sobre O Salvador:
Poema de Amor

Los que ampliaron el canal de Panamá
SON LOS GUANACOS.
Los que repararon la flota del Pacífico
en las bases de California,
SON LOS GUANACOS.
Los mismos que se pudrieron
en las cárceles de Guatemala, México, Honduras y Nicaragua...

POR LADRONES, POR CONTRABANDISTAS,
POR ESTAFADORES, POR HAMBRIENTOS.
Los siempre sospechosos de todo...
me permito remitirle al interfecto
por esquinero sospechoso
y con el agravante de ser salvadoreño...
de ribete santaneco, para variar del barrio La Cruz.
Las que llenaron los bares y burdeles
de todos los puertos,
haciendas y capitales de la zona.
Los sembradores de maíz en plena selva extranjera.
Los que lloraron borrachos por el himno nacional
bajo el ciclón del Pacífico
o las nieves del norte.
Los primeros en sacar el cuchillo,
los reyes de la página roja.

LOS QUE NUNCA SABE NADIE DE DONDE SON,
LOS MEJORES ARTESANOS DEL MUNDO,
LOS QUE MURIERON DE PALUDISMO
EN EL INFIERNO DE LAS BANANERAS.

LOS ARRIMADOS, LOS MENDIGOS, LOS MARIGUANEROS.
GUANACOS HIJOS DE PUTA,
ETERNOS INDOCUMENTADOS.
LOS HACELOTODO, LOS VENDELOTODO, LOS COMELOTODO.
LOS TRISTES MÁS TRISTES DEL MUNDO,
MIS COMPATRIOTAS,
MIS HERMANOS.

[28-03-2010 ] Susana comentou:

Non estaría nada mal ter un santo digno de sélo, e seica éste compre requisitos de máis para sélo sen necesidade de recoñecemnto eclesiástico.¡ Que mellor recoñecmento que o do pobo que sufríu o padecemento que el padecéu!!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña